Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 dicembre 2009

FELICES FESTAS

Aos e ás visitantes deste arume dos piñeiros un abrazo ou unha aperta entre fraternal e sexual (a gusto do/a consumidor/a) para estas noites boísimas. Que o pasedes ben e moitas gracias por virme visitar de cando en vez. Serán recompensados/as.

6 commenti:

SurOeste ha detto...

Mondieu! espero que non se me recompense meténdome de cabeza na piscina cos taconazos chantados e co pé cambiado...

boas festas a ti tamén!

folerpa ha detto...

Eu quédome coa aperta sexual, senón lle importa. Bo Nadal!

detective crepuscular ha detto...

Pois eu non. De fraternais, todas as que queira, pero das outras, moito cuidadiño, Don Arumes, que aínda quedamos homes íntegros e impermeábeis á linguaxe rumoamorosa dos piñeiros. Un home como está mandado. Como está mandado tamén, que teñan unhas boas festas, do SurOeste ao NorEste e do SurEste ao NorOeste, e que as folerpas típicas do Nadal e o cava en hexacopas enchan os seus fogares de alegría e felicidade. Ah, e se queren esmendrellarse a rir toda a noite, non duviden en comprar a cinta antolóxica de Baltar, HUMORISMO E MALICIA A CACHÓN, que seica anda a vender por feiras e mercados Don Antón O´Melancólico.

Balonga ha detto...

Ondas de ledicia expansiva para todas as boas xentes que non poden ser doutro xeito.

Xosé M. González ha detto...

Bo Nadal para todos.

legnaresa ha detto...

seica se agocha tralo parasol asexando pero seus tacóns rosas delatano dear Arume. Pese ao sole que comparte tenme dixo Rocco que ten vostede unha parte escura achantada na nebulosa londinense do seu pensamento. Esta pode ser a razón dos tacóns. Eu dareille unha aperta con moito gusto sempre que sexa recíproca e con beixo na meixela a modo da viuva do Mario de Delibes. Levarei ligueiro vermello para que me recoñeza na fría noite do 31.