Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 dicembre 2009

PROTOEPITAFIO DO BLOGUERÍO

O 24 de setembro foise Landoas; o 27 de novembro escribiu nota póstuma As túas balas. Leo con tristeza (xa sen irritación) os derradeiros comentarios en As uvas; asisto a acres polémicas que enturbian a fertilidade do debate en blogs que admiro; desisto dos que, demasiado afeitos ao incienso, proscriben ou negan ao discrepante: repaso algúns excelsos, sen apenas comentarios, solitarios oases de reflexión; esquivo os que proclaman como gurús a verdade da heterodoxia, coa concorrencia de sextasílabos inventados; despabilo con Desafogos arrebatados, demasiado infrecuentes; borro das lecturas os monótonos fungares sobre o mesmo queixume de pino; quedo con poucos pero doctos blogs xuntos, cada vez tristeiramente menos. 
Acepto suxestións, pero, polo de agora, isto vaise ao carallo.    

8 commenti:

Ana Bande ha detto...

veña ohhhhhhh....tómelle outra e esqueza apocalipses, os blós non morren! ¡seguremossssssssss! só é cuestión de diversificar un pouco o blogroll

r.r. ha detto...

Home, é que non me diga: o do feis é aínda moito máis inmediato, lixeiro, rápido. Pois iso.

Balonga ha detto...

Por aquilo das suxestións, quizabes as radios e xornais pequenos e medianos publicarían de boa gana entradas dos blogues, polo que medraria o número de lectores e ouvintes. Quizabes é unha andaina que se teria da facer.

detective crepuscular ha detto...

Don Arume, a ver se agora se nos vai "depresionar" vostede, flor y nata de la andante caballería internáutica. Diso nen falar. Nen se lle ocorra atender a chamada escura dos cavorcos. Os poucos arroutados que imos quedando, sabemos ben destas cousas, temos o coiro endurecido polas mil Gerras de Troll-a que levamos nas costas, e aí seguimos, menos que mais, mais mortos que vivos, mais vivos que mortos, mortosvivos, que mais dá. Desafiando todos os tempos e contratempos, experimentando a vertixe da inutilidade, pelexando contra o que queda de nós mesmos. E que? Camiñantes da nada, sabemos que non queda outro camiño que o que nos leva a seguir DISERTIZANDO (disertando no deserto), debatendo ou de-baténdonos con nós mesmos ou cos cuatro compañeiros de naufraxio. Fóra ese desánimo e a seguir recitando mil veces mil un millón que as cousas van mellor que nunca e que o que non o queira ver é porque está cego. ES UNA ORDEN DEL "DETETIVE"!!!

apicultor ha detto...

Copispasteo o texto que deixei no de Juan Luis porque creo que vén a conto:


A blogosfera galega anda, despois de momentos de esplendor, en horas baixas, cun descenso en progresión xeométrica de lectores e de comentarios. Véxase, ao efecto, o recente post de Arume dos Piñeiros. Esta crise semella xa estrutural, e eu tamén son pesimista ao respecto.

O facebook e demais redes sociais están a matar os blogs, parece bastante claro. É o que teñen estes tempos líquidos que vivimos.

Algúns blogs subsistirán, de certo. Os mellores ou os máis tenaces. Non sei se o seu, amigo Juan Luis, é dos máis tenaces, pero si dos mellores.

Unha aperta nesta tarde fría de invernía.

Anonimo ha detto...

Estimado Arume nin se lle pase polos miolos. ¿Pero non ve que eu aprendin a fedellar no teclado cos seus blogues?. Agora que xa teño o curso de perfecionamento de galego e 2º curso de Italiano vai e chisporrotealle a cabeza de tanto usala ou que?. Eu que os sigo dende a distancia, eu que apenas si atrévome a escoitalos de cando en vez. Non me obrigue a facer un blo destes a min, que eu sempre vou a contra e saimos perdendo todos no contido e nos dereitos de autor. Sepa vostede que moitos "cobardes de la pradera" somos quen de ler pero non de escribir.Tamen decían que no 2000 os ordenadores ían ao garete e na de na. Vostede o que quere e deixar de agasallarnos cos seus escritos pero xa lle digo de antemán que para lacazana xa estou eu.

Delapierre ha detto...

Seica non podes,
seica non sabes,
Seica que perdiche
as habilidades


Veña Arume!

MS ha detto...

Pois é unha mágoa porque a iniciativa "privada" dos blogs, de páxinas como Chuza, e medios como Vieiros son medios moi importantes para os galeguistas poderen expresarse sobre cultura ou política nestes tempos de acoso e derrubo do galego por parte do PP.