27/04/09
26/04/09
GRAN TORINO DE EASTWOOD

Despois de ir ver O intercambio, non tiña moitas ganas de mirar Gran Torino. Vencín os receos e fun unha tarde de domingo ao cinema, por certo, case baleiro e iso que o reclamo era Eastwood (isto das salas morre).
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
21:59
4
comentarios
25/04/09
POÉTICA AVANT LA LETTRE
Poética
de títulos de nobreza ou patentes de patria indeleble;
recobro aquela tensión antiga
das argumentacións retóricas,
ensalmadas en xade e ónice barato;
escollo uns verbos esquecidos
e algún substantivo empedrado de funghi porcini
-a sintaxe, por suposto, non importa-
e limítome a reproducir un vello alcume
sen sorpresas,
coas letras imprescindibles
de calquera abecedario,
íntimo ou non.
En ocasións, respeto aos maiores
coa dicción aprendida nalgunha escola
de signos máis ou menos comprensibles.
Imposto algo, o necesario,
para que non digan que emito
con suspiro funeral
a épica das nosas voces.
Aínda así, detesto esas parvadas
do solpor en devesas e brañas
ou a corriente luxosa de esdrúxulas e galo morto
ao servizo dun cadáver heroico
ou dunha tristura, si tristura, de séculos
a penas expiada.
Eu xa non agardo moito de todo esto:
se cadra versificar con pouco ruído
as poucas palabras que xurden deste corpo,
ata que coloquen contra o meu padal
algunha moeda de prata,
con que pagar a limpa travesía sen vinganzas.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
20:56
0
comentarios
24/04/09
MALOS TEMPOS PARA A LINGUA GALEGA

Non son eu un militante da causa do galego co nivel e intensidade doutros moitos autores do blogomillo. Digamos que de forma implícita a blogoleira é unha inmensa apoloxía do galego. Gústame pensar que contribúo a esa maré diaria de palabras escritas no idioma de Galicia pero escribo en galego á ferreirán: porque me peta. Dígoo porque poderán comprobar que poucas veces aparece o propio idioma como materia de reflexión: entendo que o meu emprego fala de forma elocuente.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
11:25
6
comentarios
23/04/09
PORRO NO PORTO

Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
18:59
3
comentarios
22/04/09
RÉMORA E INCORDIO

Descripción e algunhas pequenas impresións a 21 de abril de 2009 dunha suposta Universidade de Occidente:
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
16:36
1 comentarios
20/04/09
PALLÍN
Moi ben o pasei onte. Prevía overbooking de tensión emocional: amigos de Cambados e irmán que tras longo tempo volvía por aquelas terras de recordos miles. O que non agardaba era a P. E foi un intenso pracer velo alí sentado ao sol do mediodía, abrazalo forte e compartir con el unha animadísima (coma sempre) parolada con albariño mediante. O lugar, a entrañable traíña da Chicha (a nai do Cordal que nos subiu a autoestima), e o tempo, ese devalar paseniño da lámina brilante da ría por Fefiñáns.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
14:37
1 comentarios
REFUNDAR A ESCOLA DE TEATRO MUNICIPAL DE VIGO

A Escola de Teatro Municipal de Vigo parece levantar estes días as protestas dos seus pacientes usuarios. Non coñezo a súa traxectoria anterior á experiencia adquirida por nós nos dous anos anteriores. Un amigo que visita esta bitácora poderá ampliar noticia. Foi el precisamente quen ma recomendeu, antes, claro está, de que unha disposición arbitraria (non poden continuar os alumnos que leven xa dous anos de docencia) impedira que a súa filla, entregadísima a aquelas ensinanzas, non puidera seguir a desfrutar dos praceres da interpretación. Agora, creo, xa non sostén semellante consideración.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
12:10
1 comentarios
16/04/09
R.R. C.C.
Como sabemos que as bases son as bases e están para se cumprir, aí a vai, a xeito de homenaxe, unha sumaria descrición dos personaxes todos, os mudos e os que falan, desta peza para cinco actores. Pero é bo que deles se fale, dos secundarios e mesmo dos figurantes, porque na desgracia que se conta é necesaria a participación de todos.
- FURACÁN, bautizado cristiá e irlandesamente PETER BUCKLEY, ou iso se supón. Hai quen defende que o seu nome é PETER BIZARRO e mesmo quen defende a tese de LOU BUCKLEY. En todo caso, FURACÁN, boxeador británico. E poñamos tamén que “Peter” polo facilísimo xogo de palabras entre o nome e as pedras. Abstractor de longo percorrido. Non é un fracasado.
- “GREY-HANDER” BLOODYFIELD, victorioso loitador de pel escura. Practicamente mudo, fala polos puños.
- MÍSTER DEUS, adestrador do FURACÁN. Faladoriño. Esencial.
- A MULLER DOS NÚMEROS, AS CURVAS, OS TACÓNS E OS AROMAS. Silenciosa. Non fala, nin falta que fai, pero aí está. Arrecende a bergamota e xasmíns, mesmo recén duchada. Tamen esencial.
- O GORDECHO DEPORTISTA DE SOFÁ, de profesión comentarista radiofónico, fillo de puta por vocación.
- WALLACE, O ÁRBITRO da paliza. De máis ben poucas pero certeiras palabras.
- ROSA, ESPOSA. Mandariqueira, aínda que fracase. Non fala, pero falan dela. Arrecende a herba fresca, amoras e leite quente, e todo iso sen que precise dunha ducha.
- O DOUTOR TONI GIN: A meirande ameaza para FURACÁN. Está na cantina, coma sempre.
- Espectadores, apostadores, xuíces de derrota, paxaros, gatos, cans, pegas, automóbiles.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
18:56
9
comentarios
INTESTINARIOS

Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
16:26
1 comentarios
15/04/09
COMENTARISTAS
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
11:13
2
comentarios
14/04/09
FEIJOO NO ATRIL

Leo reseñas amplas do discurso de Feijoo tras escoitalo durante algo máis de vinte minutos pola radio. Dispoñía ao parecer o candidato de tempo ilimitado para expoñer a súa proposta de goberno e non sei ao cabo canto durou a representación oratoria. Entre o pouco pero suficiente que escotei e os resumos apresurados dos xornalistas, podo dar algunha das miñas impresións:
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
17:14
4
comentarios
PHYSICALLY IMPOSSIBLE 700 ENTRIES

Setecentas entradas cumpridas co post anterior. Pensaba falar do discurso de Núñez Feijoo, pero entre o cumprepost e o Mira Vigo de Fernando Franco (ao que lle teño que dicir quen ven asinando estes caxigalines) de hoxe, esta vai ser anotación metablóguica e autopromocional.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
17:04
5
comentarios
13/04/09
FESTINA LENTE, PERO SEGURO

Neste blog fixen recensión encomiástica de Festina Lente, unha novela de corte histórico que reúne os ingredientes principais de toda narración seductora: uns personaxes ben construídos, cun Ambrosio memorable, unha trama de intriga e suspense, uns espazos recoñecibles pintados con detalle, uns excursos de erudición temprada, uns pasaxes de demora lírica e, sobre todo, unha linguaxe poética de cuidada factura.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
18:56
1 comentarios
02/04/09
PEDRA/LAXE/LIXO
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
18:09
6
comentarios
01/04/09
HEAVEN I'M IN HEAVEN

Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
12:48
0
comentarios





