30/07/09
CONSELLO DE CONTAS: UN CONSELLO INCÓMODO
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
12:35
1 comentarios
29/07/09
CEN DÍAS: FEIJOO CONTRA A NADA

Cen días non son nada para triunfos ou derivas. As enquisas, todo o manipulables que un poda considerar e por iso mesmo perigosas na contraria autocompracencia daqueles que padezan a tentación de non sentirense concernidos, elevan a Feijoo aos altares do país, lugares aos que pola súa traxectoria de meritorio en terra de tortos non debería (e faría ben) aspirar.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
13:43
3
comentarios
25/07/09
TOSCANA NA LONTANANZA
Chega hoxe xa arrecendo da Toscana. Colle na val d'Orcia, próxima a Siena, cerca de Pienza, Montalcino, Montepulciano. Agardan noites de san lorenzo con le stelle cadenti, botellas di Brunello, piscinas brancas de Bagno Vignoni, il palio dell'Assunta, cenine postpalio, un pranzo en Monteriggioni, un panino di porchetta, unha ollada aos Uffizi, unha excursión ao Trastevere, un chapuzón en Grosseto, a subida lenta ao campanile de Montepulciano, unhas pappardelle al cinghiale pe de Cortona.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
21:10
5
comentarios
24/07/09
REBELIÓN
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
16:48
1 comentarios
21/07/09
OS TRIBUTOS

A diversión nunhas festas, pasada certa idade para disfrutar dos carruseis, non adquirida a imprudencia temeraria necesaria para subir a saltamontes e breakdances e a ausencia de serios contricantes, pernas mediante, nos coches de choque, cífrase na contemplación atenta das orquestras e, en segundo termo, dos grupos, grupiños ou cantantes de moda que acostuman a marcar mesmo as festas. Quen non lembra o ano que chegaron as Azúcar Moreno ou Marta Sánchez ou Víctor Manuel en retirada? Quen non lamenta aquela friaxe con Cómplices e apenas cincuenta persoas nun lameiro no que agromaba unha xeada en pleno xullo? Ou aqueloutra de Regina dos Santos, cando bisbarra enteira, incluidas parroquias de provincias alleas, se aproximou por ver se era certa?
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
19:49
4
comentarios
20/07/09
DE ESCÁNDALO EN ESCÁNDALO ATA A RUÍNA FINAL
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
21:27
1 comentarios
TVG, A FÁBRICA DOUTRINAL

Non vexo case nunca a TVG. Seguro que me perdo algo, pero estou aínda máis seguro de que gaño case todo. Hoxe puiden comprobalo de forma fortuita debido a esas visitas familiares que condicionan a elección televisiva. Foi no telexornal da tarde: daban a nova da rapaza violada por varios menores en Huelva, cun rótulo por detrás que poñía A lei do menor a debate. Primeiro cubriron a narración do feito, co engadido do recordo do similar delicto cometido hai apenas catro días: non teño que sinalar que o asunto é o suficientemente noxento como para que non fixera falta suliñar nada (o que en honor á verdade hai que agradecer). Despois, tras un pequeno corte e un cambio de locutor, trataron de expoñer, como quen non quer a cousa, o asunto do límite da idade penal, con datos sobre outros países, coa axuda mesmo dunha ilustración, na que se aprezaba con toda claridade que España se situaba nunha zona intermedia de Europa, cun límite similar a meirande parte de países. A continuación, volta ao estudio, coa lenda sobre A lei ao fondo a debate e de novo a remisión da noticia a dúas declaracións: unha do ministro Gabilondo, breve e en apariencia moderada, e despois (a orde a marcan as últimas eleccións) Alfonso Alonso, portavoz do PP, que entre outras cousas recalca no mal que está feita a lei do menor en España. Así conclúe a noticia.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
20:33
2
comentarios
13/07/09
MÁIS LITIXIO, MENOS LITERATURA
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
14:10
3
comentarios
10/07/09
CRÓNICA (XA NON TAN) URXENTE DUN ACTO CÍVICO
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
18:55
5
comentarios
08/07/09
GELÍN EL DE LOS PONTONES
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
20:47
7
comentarios
06/07/09
DERROTA POR KO
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
19:05
18
comentarios
03/07/09
AZAÑA SEGUNDO JULIÁ

Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
20:33
3
comentarios
01/07/09
HOMES INTELECTUAIS

O intelectual latinoamericano AR, lúcido analista da obra literaria e política de autores como García Márquez (tildou con acerto, ao meu xuízo, a lingua poética de Cien años de soledad como kitsch) ou Cortázar (non admitiu, e concordo con el totalmente, que un autor da súa formación cultural fose tan ignorante en materia política), escribiu no seu diario o día 29 de febreiro de 1980:
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
17:07
5
comentarios






