Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 febbraio 2010

PREMIOS DE AQUÍ


Cáeme ben Luis Tosar e creo que é un actorazo tremendo, excepcional. Recoñezo o seu extraordinario traballo na película Celda 211 e o premio ben o merece. Pero dito isto, tamén direi que Ricardo Darín compoñía un personaxe máis complexo e finísimo, moi contido e sobrio. Para min, algo máis difícil có de Tosar, sen dúbida un bombón demasiado evidente, como el mesmo admite con elegancia.  
Pero onde a discusión é imposible é no apartado de mellor película. Non vin nin Ágora nin El baile de la victoria, pero entre Celda 211, con ser boa e entretida película, e El secreto de sus ojos hai un abismo sideral. Supoño que ao seren uns premios españois e ben españois darlle o premio a un filme arxentino soaba a algo semellante á traición ou á navallada á industria española española do cinema. En fin, son os académicos (españois, i guess) os que deciden e supoño que terán os seus criterios. Eu creo que o da procedencia dos suxeitos que fan a película contou máis cós outros. Unha mágoa.  

Nota: que se lle dea un Goya de actriz revelación a Soledad Villamil é o exemplo máis aberrante do que digo. Revelación, para quen?

5 commenti:

carrascus ha detto...

...e non escoitou vostede o discurso de Luís Tossar cando recolleu o premio?

Balonga ha detto...

Non vin Celda 211 aínda que fareino, mais el secreto de sus ojos é incribelmente boa.
Luis Tosar falou galego coido que diante do ensimesmado Varela e Feijoo. Polo de agora non se coñece que morrera ninguén en España.

detective crepuscular ha detto...

Pois eu últimamente vou tan pouco ao cine, que non vin nengunha das "cuatro magníficas" que optaban aos premios. Confórmome con ver o cine através da leitura das crónicas do Boyero. Isto non pode ser, estoume "descineficando", "des(cine)facendo", prometo tornar de contado ás pantallas e encherme de imaxes cinematográficas. Da que mellor teño ouvido falar é da do segredo dos teus ollos. E o dos premios está ben para fortalecer a industria do cine e esas cousas, pero tampouco hai que darlle demasiada importancia. Os premios son o que son e están para o que están.

MS ha detto...

Non encontran vostedes extraño que esta pijo-progresía eghpañola non saíse en defensa dos afectados pola crise, como fixeron hai anos co "No a la guerra"? Mellor ocasión, imposible, coas cámaras de TVE diante de Zapatero...

Ou é que estaban moi contentos coas cifras do cine español e non tiñan ganas de augarlle a festa ao que lle dá as subvencións?

arturobelano ha detto...

Totamente de acuerdo con Arume dos Pinheiros. La película de Campanella es una obra de arte, y la interpretación de Darín, de Villamil y de.... no recuerdo el nombre, el amigo de Darín son magníficas.
E você, detective Crepuscular, nâo leixe de ver "El secreto de sus ojos". É cinema embebido de literatura