29/06/10
28/06/10
LITERATURA GALEGA EN KIEL

Ando cunha medio charleta para pronunciar ás beiras do báltico. Procurarei falar do espazo urbán na literatura galega de agora mesmo, sen irme demasiado lonxe de onte. Vou cos libros de CC, ILS, MC e IZ baixo o brazo para soster algo máis ca unha satisfacción lectora. Vou ver se cadro ou desbarato unha idea que me ronda. Terá que ver máis co balbordo das perforadoras por Policarpo Sanz que co silencio (acompañado do asubío mántrico das pás das turbinas eólicas) nos penedos do monte Caxado. Máis co tempo que fuxe para esta tarde que co persevera en lugs, lubres e lumieiras con espadas forxadas nunha idade de ferro permanente.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
13:19
4
comentarios
26/06/10
O SAL DO TEMPO
Para IPP, unha muller extraordinaria
Este é o tempo de agarimar a memoria
dos amores antigos
que non foron posíbeis.
As rapazas da brisa,
perfil de porcelana polas rúas, un rumor
de ollos sorprendentes, un papel
de códigos arcanos.
Ela chámase Sombra
e ninguén a coñece. Non vive nesta praza
abrasada de pombas,
non é luz deste barrio, anda perdida
no texto indescifrábel da cidade.
Ela era
azougue clandestino, un corpo que pasou
atravesando as órbitas da lúa,
da lúa negra.
XMAC, Tempo de sal.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
17:25
0
comentarios
25/06/10
NARRADORAS

Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
16:33
6
comentarios
23/06/10
TRES ANOS DE BURKAS: DE ALCOBENDAS AO SENADO

En marzo de 2007 escribín esto. Nos comentarios houbo contraste civilizado de opinións, incluida a transcripción dun artigo de Marcos Valcárcel en que manifestaba a súa posición ao respecto. Tres anos máis tarde, aquel tema ocupa xa o lugar da lexislación parlamentaria, tras pasar por varios debates municipais sobre normativas e regulamentos civís. Non vexo motivo para mudar a miña opinión: se cadra, aínda máis reafirmo o meu comentario.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
17:02
10
comentarios
21/06/10
SAN XOAN SEN FESTA
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
18:57
0
comentarios
18/06/10
SARAMAGO NA MIÑA MEMORIA
Tedes que perdoar este corta e pega de autoplaxio. Un puzzle de facebook en blog. Pero xa o escribira, levado polas lembranzas automáticas. E non quixen reelaborar a memoria. Así queda, cos comentarios dos amigos feisbuqueiros.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
18:49
1 comentarios
PRIMEIRO ACTO DA MATO AGE

O acto (con perdón) de hoxe foi correcto. Correcta a despedida de Gago, co medio sorriso que delataba unhas ganas ubérrimas de deixalo todo e cunha frase de peche pouco institucional (puido dicir "en boas mans" pero dixo "nas mellores mans"). Correcta a inaugural de Mato, pronunciada con velocidade atrapallante e dicción escasa (por mor da postura inclinada cara o micrófono), algo longa para o meu gusto e requecida co refugallo da pasada campaña electoral. Correcta a solemne xura de bandeira constitucional, con certo morbillo por vermos como se producen certos acatamentos e proclamacións de lealdades monárquicas. Correcta, con nota máis elevada cós anteriores, a institucional de Feijoo, cun destacado arranque con cita alfonsí sobre a creación das universidades: ben pautado, con ritmo tranquilo e claro. Non faltaron no discurso nin Cunqueiro (non haberá máis citas cás famosas mil primaveiras (sic)!!) nin o espíritu pelegrino de Galicia, nin unha pequena alusión á fe da catedral compostelana que non me chistou moito sobre todo oposta á razón universitaria. Peccata minuta, case como o piscolabis, minuto (miudo) tamén, case austero.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
16:57
0
comentarios
16/06/10
PATRÍSTICA HISPANO-SUIZA


A ración de patrioterismo de hoxe foi xenerosa e indixesta. Os pratos rebosaban bandeiras e consignas de combate. Eles, case sen nome ou con nome trabucado ou molesto, e nós, ese familiar e obrigatorio numen, composto de once pezas que designan pertencia e tribu. Eu, que amo as combinacións exquisitas, os pequenos boccati da liña (triángulos, paredes, regates), detesto estas enchentas de patrióticas graxumadas.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
22:47
3
comentarios
15/06/10
BOUZAS POR BAAMONDE
.jpg)
Eduardo Baamonde anda estes meses de debuxante de campo. Procura recoller imaxes das Rías Baixas para poñer en limpo en cahiers e cadernos de debuxo. Vai baixar desde Noia, seica, ata A Guarda coa misión de seleccionar olladas para exercitar acuarelas. Algúns dos seus apuntes, antes de concluir en libro de agasallo fermoso, repousan no seu blog.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
18:31
0
comentarios
14/06/10
NON Á LEI MORDAZA
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
14:54
0
comentarios
LIBRO ELECTRÓNICO: EU, PAPAR NATAS
Leo, completamente estupefacto e como un auténtico papanatas que son, as declaracións dos editores españois no diario EL PAÍS: aparte da ocorrencia de Herralde sobre o papanatismo nas tecnoloxías (esa típica displicencia simplona de quen despreza canto ignora), as do editor de RBA, un tal Joaquim, que di sen ruborizarse o máis mínimo que lle costa imaxinar a "alguien leyendo a Roth en pantalla", e as do editor de Acantilado (editorial que merece un respeto polo seu catálogo), outro tal Jaume, que cre abocado/a á estupidización a un lector/lectora só dixital. Non desmerece ao disparate a simplicidade da editora de Alfaguara na súa consideración sobre ficcións e non ficcións a estas alturas da película. Todas estas declaracións, colocadas estratexicamente polo xornal que mantén tantas industrias culturais vencelladas ao libro impreso, pretenden, supoño, alertar xa non sobre as capacidades ou as posibilidades do libro electrónico senón atacar aos posibles lectores e lectoras deses libros pola vía de desacreditalos por inconscientes, estúpidos, incompetentes e por algo semellante ao frikismo por ler nun ecrán e non sobre o papel de toda a vida. Ou sexa, están máis preocupados por unha especie de ética da lectura (nin siquera dunha mínima poética da recepción) ca pola dimensión que pode acadar o fenómeno.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
12:41
0
comentarios
13/06/10
Á ESQUERDA, NA ROTONDA DE RANDE

Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
17:39
5
comentarios
10/06/10
DOCES PRENDAS

Estes días de xuño, con esta chuvia que ás veces é orballo, parecen algo silandeiros. Na casa estudian as fillas os seus últimos exames e nós damos os últimos retoques ao curso. Mañán eu teño despedida e discurso de padriño, cea e noite de celebracións. Remata unha promoción, pequena en número, pero teimuda e xenerosa nos estudios, sempre agarimosa.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
23:43
1 comentarios
09/06/10
BLASFEMIAS
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
23:10
2
comentarios
08/06/10
VALLADOLID E 4
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
19:11
0
comentarios
07/06/10
VALLADOLID 3
O piscolabis en Casa Zamora foi breve porque tiña que voltar ao hotel e despois ás actividades académicas vespertinas, en horas intempestivas. Pero foi suficiente para sopesar o ambiente da rúa Correos e adxacentes, perpendiculares e paralelas. La Criolla resultou imposible de visitar, de tan ateigada, e El caballo de Troya foi rexeitado porque xa fora doutra vez e con pracer experimentado. A Taberna del herrero, famosa polos seus ovos rotos, foi a elixida nesta ocasión para probar os callos da zona, un dos meus especiais exames gastronómicos, moi semellantes aos que nos entornos familiares estamos afeitos.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
17:12
0
comentarios
06/06/10
VALLADOLID 2

Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
19:07
1 comentarios
BLOGS CON DEREITO A ROCE
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
18:56
2
comentarios
05/06/10
VALLADOLID 1

Teño varias entradas pendentes da miña viaxe fugaz ao Valladolid dos meus antepasados. Meus pais pasaron alí a lúa de mel visitando a unhas curmás da miña nai, fillas á súa vez dun alcalde de Rueda, Eulogio de Vega, represaliado tras a guerra, convertido nun deses topos dos que falan Leguineche e Torbado, pechado, por certo, na propia casa que os meus pais visitaron. Fun a tarefas académicas (gracias, Javier, Ramón) que ocuparon case todo o tempo. Aínda así tiven unha mañán para visitar a modo a cidade, seguindo un recorrido amplo.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
17:30
1 comentarios
COINCIDENCIAS

Foi un momento glorioso. E foi de rebote involuntario. O discurso levou tempo e resultou emocionante. Ser amigo de Carlos Fuentes por unhas horas non está mal. Máis ben foi un pracer que permanecerá na memoria. Estes días a foto que ilustra o post corre polo correo.
Argallado por
Manuel Ángel Candelas Colodrón
en
17:07
0
comentarios










