Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 marzo 2011

O HUMOR DE ANTONIO OREJUDO


Antonio Orejudo animoume o venres pasado coa súa noveliña de humor e sátira Un momento de descanso. Presentada como unha novela de campus (do que tira parodia nunha das paxinas máis disparatadas) e contada á moderna cervantina coas clásicas reviravoltas sobre a verosimilitude e a veracidade dos feitos, o libro de Orejudo consegue lembrar que a literatura serve entre outras moitas cousas para facer pasar un rato non só agradable ao persoal senón descarallante. Había moito tempo que non ría tanto coas peripecias destes profesores universitarios, filólogos de pena e de pacotilla, nun ambiente burlesco de hampa académica. Coma nun entremés ou nun vodevil de tintes grotescos, os personaxes da novela logran debuxar (ou máis ben garabatear con trazos grosos) o mundo ridículo (mediocre e decadente) do campus americano así como a astracanada (así aparece mencionada) berlanguista dos claustros españois.
Para os que pretendan ler en Orejudo unha novela, vaian abandoando todo propósito: teñen diante unha narración satírica, caricaturesca, destinada a un dos propósitos máis nobles e admirables do exercicio literario: desventrar de risa ao lector/a entregado e gozoso das súas páxinas. Desde La vida exagerada de Martín Romaña non me ría eu tanto. Xa por iso paga tanto a pena.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

A chamada "novela de campus" é fonte inesgotable de comicidade, e non só para os que coñecemos o percal. Ten moi boa pinta esta novela que recomenda, sr arumes. Vai na liña de David Lodge, Javier Marías, Eduardo Mendoza e John Kennedy Tool.

Estiven a indagar e deste autor parece que tamén paga a pena "Ventajas de viajar en tren".

Pablo Jauralde Pou ha detto...

Era un alumno normal y una persona inteligente, que lo seguirá siendo, claro. Trabajó sobre diálogos del s. XVI. A veces la formación clásica es buena. Creo recordar que en la misma promoción andaban Rafa Reig, Javier Yagüe, Emilio Torné....

Anonimo ha detto...

Lin "Un momento de descanso" e decepcionoume. A historia é moi trivial, se se pode chamar historia a unha sucesión de contos moi feblemente engarzados entre si e, o peor, pouco desenvolvidos.

Anonimo ha detto...

Tampouco encontrei que a novela fose especialmente divertida, pero supoño que iso é unha apreciación totalmente subxectiva.

arume dos piñeiros ha detto...

Pois ben que o sinto. A verdade. Espero que non se fiara de min.

Anonimo ha detto...

Onte regaláronme a novela. Empeza moi ben, e volvín aquí, a ler o que vostede escribira dela. Xa contarei.