Levo uns días de descanso bloguesco por lagoa mental. Deixei de ler para enzoufarme con variantes e aparatos críticos, o que exercita a precisión e o rigor pero debilita o pensamento. Metido sempre nesas fonduras, nas que hai que utilizar, malgrado, a letra de tamaño 8-10, o que esixe máis atención e vista, perdo a perspectiva de darlle ao caletre. Tampouco contribúe ao despendole intelectual, a penuria de reunións e reunións estériles ou directamente irritantes sobre calidades universitarias, convertidas de forma definitiva en burocracias inservibles ás que tristemente non nos opoñemos. Outro día tiro a dar (por escrito: porque por vía oral non me corto, con desesperación pola miña parte que non sei cortar a tempo a miña destempranza airada), pero hoxe vou sandando algunha desas feridas xa crónicas.
É venres, e malia ter a cidade tomada por uns reconquistadores/as, agardo atopar espazo (vale o da ilustración) para o vibrante lecer das conversas.
1 commento:
Conversa pictórica.
Deixo atrás o xesto apoucado de cada día e unha serpe de aceite aparece na caluga
Cheira a pel,a herba e a viño, escoito o mar ao lonxe e respiro
Posta un commento