tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post1208966526509778772..comments2023-12-26T07:53:44.925+01:00Comments on arume dos piñeiros: VALLE COXOManuel Ángel Candelas Colodrónhttp://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-59253580654444447062007-02-12T11:10:00.000+01:002007-02-12T11:10:00.000+01:00Non é unha crítica a Suso de Toro neste caso, aínd...Non é unha crítica a Suso de Toro neste caso, aínda que pode parecer, senón á idea establecida de que Valle e a súa obra pasan incomprendidos. <BR/>Non creo que haxa un autor español que reúna unha coincidencia tan grande entre os lectores, estudiosos ou coñecedores da literatura española como Valle. O seu recoñecemento é universal, sen discusión, en tódolos ámbitos, polo que sinalar esa débeda non é moi xusta. Os estudios sobre Valle en Galicia son exemplares: a USC ten un grupo de investigación extraordinario, de sona mundial, que non pode ir máis adiante por imperativos legais cos herdeiros e polo interese que amosan certas institucións en controlaren turística e folclóricamente (o cal non ten por que estar mal) o legado do escritor. A nivel académico, se é iso ao que se refire de Toro, Valle é un autor estudiadísimo e moi ben considerado. Non é en absoluto extravagante, neste sentido.<BR/>Outra cousa é tal vez a súa consideración no sistema literario galego, onde non ten lugar nin sentido. É posible que non saibamos ata o de agora como artellar a figura de Valle dentro de Galicia, ou simplesmente a de celebrar de modo permanente a súa figura. Eso é tal vez o que pretende sinalar de Toro: que Galicia aínda non recoñeceu de seu a Valle, que falta algo, tal vez algo tan indefinido coma unha presencia constante, un punto de referencia, ao xeito (particular, claro está) de Rosalía. Creo, en todo caso, que escribir en español (nun galego españolizado, máis ben) non lle axuda moito, pero Suso de Toro, sen querer dicilo, está a demandar unha apropiación total da súa obra e da súa figura para Galicia. E non estaría mal, creo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-28852823424660311502007-02-12T10:51:00.000+01:002007-02-12T10:51:00.000+01:00Suso de Toro adoita falar de asuntos dos que sabe ...Suso de Toro adoita falar de asuntos dos que sabe moi pouco. Daquela, non é raro que, no mellor dos casos, diga lugares comúns ou, no peor, que meta o zoco.Anonymousnoreply@blogger.com