tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post2273574752920214390..comments2023-12-26T07:53:44.925+01:00Comments on arume dos piñeiros: ORIXE, A PARVADA DO ANOManuel Ángel Candelas Colodrónhttp://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-27236737319912301272010-09-06T19:41:08.358+02:002010-09-06T19:41:08.358+02:00ou sexa, que non lle gusou vaia...jajajajaja...bue...ou sexa, que non lle gusou vaia...jajajajaja...bueeeeeeno, e que é que che deu no cravo meu, tal que feita para o teu (dis)gusto. Para contrarrestar, amigo, vai ver as "vidas posibles de Mr. Nobody", aposto unhas luras a que te fas seareiro da ciencia ficción ben feita, e ademais, ¿DiCarprio de que? anda, anda....mira para o Jared Leto adobiado para todos os gustos, mimá, buf...cuatro vuelticas por el cuarto sueño le da al Leonardo. Origen, suponse, que ocupa o papel de Matrix, o referente que necesita tanto filósofo posmoderno para facer as súas referencias aos seus sempre desacougantes novos tempos. Ogallá o director de memento rectifique, si, pero non creo, é demasiado tentador rexeitar o éxito asegurado cando se ten tan claro como conseguilo, porque está "xupao". Pero bueno, na súa crítica, sempre admirabel, non deixo de ver unha intención estética que cicais non lle deixe apreciar algunhas bondades do filme, que tamén as ten.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-62588077090169546432010-09-06T18:30:41.027+02:002010-09-06T18:30:41.027+02:00Esta peli foi calificada nalgún lugar como obra me...Esta peli foi calificada nalgún lugar como obra mestra. Esta peli será esquecida tan pronto como desapareza da carteleira. Ninguén a mirará máis. Non será punto de partida para ninguén. Non terá ningunha influencia no cine posterior. Por que, logo, unha obra mestra?
É un videoxogo. Ata ten as instrucións e todo: é unha película na que explican todo antes de que suceda, non vaia ser que o espectador non se entere do que está vendo. Ao mellor a cousa melloraba tendo que adivinar que carallo pasa coa furgalla que cae sen caer. Pero o director non se fía de ser capaz de explicalo coas propias imaxes, e iso é malo: cine do malo, quero dicir.
O exemplo máximo é o da arquitecta ou aprendiz de arquitecta. Despois de explicarlle o Di Caprio o marabillosa que pode resultar a arquitectura onírica (a onanista é a que coñecemos todos), o único que é capaz de crear a suposta xenia é unha ponte normaliña de todo, un garaxe abandonado e un bunquer "de libro" na neve. Pouca imaxinación ata para un arquitecto.
E as escenas de acción... Mire: vou ver a peli outra vez só para fixarme mellor, pero estou seguro de que na persecución na neve a un dos malos (ou dos bos, vaia vostede saber: van todos tapados) mátano polo menos 10 veces. Ao mellor iso é normal en Origen e o explicaron ao principio cando o dos niveis e tal. Debía estar despistado.Turmanonoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-27541344271225053832010-09-06T18:15:33.805+02:002010-09-06T18:15:33.805+02:00Non podo estar máis que de acordo. Eu si que podo ...Non podo estar máis que de acordo. Eu si que podo disfrutar da ciencia ficción, desde Blade Runer ata Star Trek, pero francamente, para ver esta parida prefiro ver algo simplón tipo A guerra das galaxias.
Se nos queremos poñer serios coa ciencia ficción, pois ou nos sae Blade Runer ou 2001, ou mellor deixámolo.
Aínda que para min é máis infumable Avatar.xosnoreply@blogger.com