tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post2455311933110642470..comments2023-12-26T07:53:44.925+01:00Comments on arume dos piñeiros: A CINTA BRANCA: MISERIA HOMINISManuel Ángel Candelas Colodrónhttp://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-8963067148148386702010-02-05T08:55:57.607+01:002010-02-05T08:55:57.607+01:00A min o rollo do sicoanálise non me interesa nada....A min o rollo do sicoanálise non me interesa nada. Por iso vexo a película desde un punto de vista político, non sicoanalítico. Que é o que eu quería sinalar. O que pasa no interior da familia do pastor trasládase fóra (as esceas colectivas son numerosas na película), porque entre outras cousas esa mesma opresión dase noutros ámbitos. Iso é o que eu quería comentar.

Nota: esquecín sinalar a perspectiva brechtiana da historia.arume dos piñeiroshttp://h.eunoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-40515242249434591072010-02-05T08:49:26.574+01:002010-02-05T08:49:26.574+01:00Home, dar noutra cousa eses rapaces non parece, va...Home, dar noutra cousa eses rapaces non parece, vaia. A acumulación de feitos escuros, propiciados por eses anxiños, non augura nada bó. Ninguén lles quita que cada un deles dea en sanfranciscodeasís pero a verdade, visto o visto, difícil difícil. Dá no nazismo porque é unha película que pon lugar e tempo a historia. Pero pode dar outros seudonazismos noutros tempos e noutras historias. O que non dá, sexa o que sexa, é a búsqueda do Shangri-La. Seguro.
Eu non lin nada da película antes de ir vela. E dame igual quen faga a historia: a min o que diga un director me importa pouco, salvo que, como neste caso, coincida con el. Probablemente sexa eu o prexuizoso (acepto a miña xenreira a todo o que cheire a opresión, a disciplina rigorosa, a moral relixiosa de xerarquías e orde, na educación) e tente ver que dese mundo nada bó se pode quitar. Pero creo que Haneke tampouco deixa outra forma de mirar as cousas. Pode a un disgustarlle que non lle permitan ver outras opcións (a pesar do que se di da liberdade do espectador nesta película), pero creo que Haneke non dá outras saídas.
E ten vostede moita razón nas demasiadas pallas. Esta é unha máis.Arume dos piñeiroshttp://h.eunoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-13570346918324259972010-02-05T02:19:49.609+01:002010-02-05T02:19:49.609+01:00En todo caso poderiamos falar de condicións necesa...En todo caso poderiamos falar de condicións necesarias, pero non suficientes. O determinismo histórico é unha antigualla e, por riba, acientífico. Ademáis, o rigor puritano pode xerar tantas distintas reaccións nos seus suxeitos pasivos como se queiran ver, agás cando un xa aborda a trama dende o prexuizo: é dicir, teño que "ver" o que xa sei que o director dí que teño que ver, a modo de profecía autocumplida. Pois não! Insisto na fraxilidade do fío conductor desa tese. A educación rigorista pode dar lugar a individuos comestos polo odio e mesmo a sádicos, vale, pero tamén por exemplo a indiferentes, se é que o perfil psicolóxico do receptor é insensible á educación relixiosa como catalizadora de conductas. Pero é que tamén pode ocurrir case a inversa: cabería falar así do concepto de culpa inculcado na nenez pero que operará xa logo como freno interno vitalicio e permanente mesmo en suxeitos maduros de conviccións declaradamente agnósticas. De todo isto hai unha chea de exemplos clínicos con patas por aí adiante. Non lle parece todo iso complicado dabondo como para termos que comungar con rodas de muiño de cineastas pagados de sí mesmos? Porque, por outra banda, falar da familia como "escenario burgués" do conflicto primario, obviando o que pasa máis aló do embigo fogareño (é dicir, en termos marxistas, as relacións de clase, con perdón) sóname sospeitosamente a psicoanálise mal dixerido e intelectualmente difícil de asumir (é dicir: non só que "mi mamá no me mima": ¡é que tamén "mi patrón me explota"!).

Xa sei tamén da afección dos nazis pola escalada, pero o que buscaban no Himalaya non era o Sangri-la precisamente, senón a orixe da raza aria e outras historietas esotéricas igualmente demenciais: véxase Sete anos no Tibet.

En resume, para mín demasiadas pallas, tanto na peli como por fora.cãosemdononoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-25551273325247389202010-02-05T00:51:58.252+01:002010-02-05T00:51:58.252+01:00Pois eu creo que non: Haneke describe un prototipo...Pois eu creo que non: Haneke describe un prototipo de sociedade que dá en nazismo. Os castigos e a disciplina, de orixe relixioso, xeneran un odio interno que só pode saír cando esas estructuras enfraquezan e se vexan criticamente expostas á chegada de novos tempos, a primeira guerra mundial que se anuncia ao final da película. Nese novo tempo, esas xeracións de nenos (15 anos máis tarde) terán o poder para exercer ese instinto criminal cebado desde pequenos. O nazismo como extremo dun rigorismo calvinista (excluinte, nada piadoso) non é unha causalidade demasiado sospeitosa: é máis, resulta ás veces ata demasiado esperable.
Sobre La pianista dirá Haneke:
"Quería primero que todo describir el escenario burgués y establecer a la familia como la célula germinal de todos los conflictos. Siempre quiero describir el mundo que conozco, y para mí la familia es el lugar de una guerra en miniatura, el primer sitio de toda batalla. El más amplio terreno político-económico es el que uno usualmente asocia con la guerra, pero el lugar cotidiano de la guerra en la familia es igual de mortífero a su modo, sea entre padres e hijos, o entre marido y mujer.
Y a propósito de The white ribbon:
"Alguna vez me preguntaron si todas mis películas apuntaban a lo mismo y dije que representaban la guerra cotidiana entre los seres humanos. La guerra entre esposo y esposa, entre amigos o entre los niños y sus padres. Esas pequeñas guerras pueden llevar a una guerra más grande. No necesariamente van a ser una consecuencia inmediata, pero creo firmemente que varias generaciones que libran pequeñas guerras desembocan tarde temprano en una guerra general".

Nota: os nazis sempre gustaron moito de escalar montañas. Lémbrese as películas de montañas que facía Leni Riefenstahl.arume dos piñeiroshttp://h.eunoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-20556771700831627272010-02-05T00:20:06.070+01:002010-02-05T00:20:06.070+01:00Pois a mín paréceme que a trama desa peli ten tant...Pois a mín paréceme que a trama desa peli ten tanto que ver coa xénese do nazismo como a ciruxía con capar grilos. A presunta relación causal está collida con alfinetes, porque digo eu que eses criminais en miniatura trinta anos máis tarde tanto poderían ter vestido camisas pardas e adicarse a pegar lume ás sinagogas como, con idéntica lexitimidade ou coerencia discursiva, dar outro pinchacarneiro e acabar nas brigadas internacionais, ou escalando montañas no Himalaya na percura de Sangri-la, poño por caso.cãosemdononoreply@blogger.com