tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post7588440653560943619..comments2023-12-26T07:53:44.925+01:00Comments on arume dos piñeiros: ACADEMIA GALEGA REALManuel Ángel Candelas Colodrónhttp://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-74374098911079090202010-01-26T18:02:31.538+01:002010-01-26T18:02:31.538+01:00Pois comento logo aquí o que ao principio tiña pen...Pois comento logo aquí o que ao principio tiña pensado dicir aló.

Vexo varios problemas asociados á cuestión. Primeiro, as tres institucións maiores vinculadas á actividade lingüística e filolóxica xorden en diferente momento histórico e non sen relación coa conxuntura política: a RAG, como primeira institución-ferramenta; o ILG, cando aquela estaba moi condicionada -non propiamente dirixida- polo franquismo e envellecida; o CIRP, cando o fraguismo carecía de control sobre a primeira e a segunda. O proceso de converxencia persoal ao que se refire vde. achegou RAG e ILG; paréceme que o 'Ramón Piñeiro' non está tan vinculado.

De poder abordarse a cousa con carácter permanente, á marxe de quen goberne, a optimización sería grande: o Centro no labor filolóxico, histórico e literario; o Instituto na investigación lingüíistica e oralidade; a Academia coa función prima que lle outorgan orixe e obxectivos expresos.

En tal sentido, eu podería cadrar bastante conforme no que vde. di canto a traballo voluntario; con excepción se cadra no tocante ao punto ou obxectivo 5, onde a función asesora debería estar contemplada, protocolizada e dalgún modo remunerada polas institucións políticas: Xunta, deputacións (mentres haxa) e concellos.

Xaora, madia leva, non encontro óbice para os aspectos referidos a orzamento e persoal; con base en observación e algunha conversa, teño impresión bastante fundada que non hai posibilidade próxima xa non de Dicionario de Autoridades, tan sequera de dicionario académico cun número presentable de entradas (digamos, camiño das cen mil); e moito menos gramática (digamos) normativa, en tanto non se cubran tales aspectos infraestruturais con garantía de permanencia.

E aí, por suposto, unha achega privada xenerosa non só sería adecuada; supoño que a estas alturas parece máis ca aconsellable. Sen outra dependencia có resultante dereito a recoñecemento público.Xosé M. Gonzáleznoreply@blogger.com