tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post922550414033155630..comments2023-12-26T07:53:44.925+01:00Comments on arume dos piñeiros: FODEMILLO COMES BACKManuel Ángel Candelas Colodrónhttp://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-86566870435514323732008-01-31T00:31:00.000+01:002008-01-31T00:31:00.000+01:00Xa indaguei nos comentarios. O seu tempo me levou,...Xa indaguei nos comentarios. O seu tempo me levou, pero foi moi interesante. A señorita que ten nome dunha protagonista semella inocente cal cándida pombiña. A tensión da panadería tiña o seu aquel. Mágoa que agora un blog tan prometedor estea, polo que parece, baixo mínimos. Son cousas que acontecen. Grazas por me abrir novas portas á percepción coa recomendación da visita.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-17771956201721263982008-01-30T19:42:00.000+01:002008-01-30T19:42:00.000+01:00Pois non lle sei. Xa me gustaría a mín sabelo. Ago...Pois non lle sei. Xa me gustaría a mín sabelo. Agora ben, desde aquela vou ás panaderías con outro aquel. Non llo vou negar.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-51004656721565636772008-01-30T19:33:00.000+01:002008-01-30T19:33:00.000+01:00Grazas pola indicación. Pois si que son tórridas e...Grazas pola indicación. Pois si que son tórridas e torrenciais esas aventuras, si. Había tempo que non lía algo -digámolo así- tan estimulante. <BR/><BR/>Porén, hai cousas que non entendo ben. Por exemplo, sóame o nome dunha coñecida como protagonista, vostede xa me entende. Non sei se terá algo que ver ou non. Terei que indagar nos comentarios, quizais alí atope algunha aclaración...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-16430941421464813802008-01-30T16:37:00.000+01:002008-01-30T16:37:00.000+01:00Vexa nas entradas (con perdón) en xullo unhas tórr...Vexa nas entradas (con perdón) en xullo unhas tórridas aventuras no blog de Laranxa, recomendado á dereita do ecrán. E non digo máis.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-90480101089397257142008-01-30T16:10:00.000+01:002008-01-30T16:10:00.000+01:00Algo teño mirado, pero vexo moi morto iso do fodem...Algo teño mirado, pero vexo moi morto iso do fodemillo. Di vostede que acadou a incandescencia en xullo. E logo por que? Eu non me enterei.<BR/><BR/>Vin tamén o do premio, cuxo alcance non está seguro. Non é o mesmo ir unha fin de semana a Roma que a unha casa de turismo rural de por aquí (con todos os meus respectos). Deberían clarificar este extremo se queren que a xente participe. Eu, por ir a Roma, ao mellor aínda me animaba a redactar algo (pero non estou seguro de que non me saise flácido, o texto, refírome).Anonymousnoreply@blogger.com