tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post6702343216144728535..comments2023-12-26T07:53:44.925+01:00Comments on arume dos piñeiros: CASCO VELLO VELLOManuel Ángel Candelas Colodrónhttp://www.blogger.com/profile/02473324517560319781noreply@blogger.comBlogger11125tag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-58954277736528440972008-05-11T19:55:00.000+02:002008-05-11T19:55:00.000+02:00Amigo Santiago Domínguez Blog: benvido a esta casa...Amigo Santiago Domínguez Blog: benvido a esta casa. Aínda que non entrou no fondo do post, dedicoulle un enorme espazo a contestar "o dos estudantes hormonados". Non podo estarlle máis agradecido pola súa atención. E en resposta ao seu soño non podo máis que ofrecerlle o froito do meu desvelo: para esa universiada non conte conmigo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-51661023278997587462008-05-09T20:15:00.000+02:002008-05-09T20:15:00.000+02:00O texto, ademais de cursi, é certamente baleiro. P...O texto, ademais de cursi, é certamente baleiro. Pero non creo que teña como obxectivo acadar votos: para as vindeiras eleccións municipais aínda quedan uns aniños.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-34736961394413231802008-05-09T01:20:00.000+02:002008-05-09T01:20:00.000+02:00Pois a min si que me parece cursi.Pois a min si que me parece cursi.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-38524492970656658212008-05-08T18:31:00.000+02:002008-05-08T18:31:00.000+02:00A min cursi non mo parece, o discurso do Santiago ...A min cursi non mo parece, o discurso do Santiago Dominguez, seméllame máis do mesmo, baleiro e alleo á realidade. Obxectivo, acadar votos. Esquecemento, arranxar os problemas prioritarios da cidade. Paréceme ben que vostede soñe con paxariños de cores para a súa cidade, pero eu comezaría por sanear o ar para que non morran asfixiados. Non home non, as cidades están para facelas habitables, humanizalas como lles gusta dicir, non para deixalas apodrecer e pintar sen raspar o ferruxe. E o primeiro, as persoas. Se hai que poñer un cento de centros de recuperación de drogodependentes haberá que facelo malia o que digan os veciños a quen ademáis haberá que ensinarlles as oportunidades de investir aquí. Eu teño un centro destes no baixo do eu edificio e nunca tiven problemas de seguridade con esta xente, é máis, ata agora é unha extraordinaria oportunidade para que a miña filla vexa o que é este mundo da droga e asegúrolle que os problemas, que foron moitos, desta mazá foron protagonizados por xoves de 15 a 18 anos que sabendo como saben da falla de efectivos policiais aniñaron por aquí por máis de dous anos para amolar cos seus berros e abusos á moitos cidadáns.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-48940657190674913382008-05-08T16:13:00.000+02:002008-05-08T16:13:00.000+02:00é evidente que os procesos de recuperación dun bar...é evidente que os procesos de recuperación dun barrio levan tempo, que algúns traballos xornalísticos descontextualizan feitos e ofrecen versións sesgadas. Pero tampouco están mal cousas como esta para que políticos e sociedade tomen conciencia da urxencia de tomar medidasZerovacashttps://www.blogger.com/profile/08762958394157673073noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-64477315599370461672008-05-08T13:31:00.000+02:002008-05-08T13:31:00.000+02:00O texto de Santi(ago) Domínguez é unha cursilada. ...O texto de Santi(ago) Domínguez é unha cursilada. Entre outras cousas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-70246529360419620172008-05-08T10:38:00.000+02:002008-05-08T10:38:00.000+02:00Eu non suscribo palabra por palabra o que vostede ...Eu non suscribo palabra por palabra o que vostede di, claro, pero ten máis razón que o que máis razón ten (que sospeito que non é nin santo nin deus).

Para i.: hai un refrán que di que cando alguén sinala á lúa nonseiquén mira o dedo. ¿Non é así?. Supoño que a un texto tan fermoso e soñador como o do bló do Domínguez non se lle poderá apoñer nada na contra da súa corrección política. O que hai que ler.R.R.https://www.blogger.com/profile/06087148226570750658noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-38120378153325594102008-05-07T20:53:00.000+02:002008-05-07T20:53:00.000+02:00Un soñoEra o ano 1999 cando empecei a soñar. Soñab...Un soño
Era o ano 1999 cando empecei a soñar. Soñaba con que a miña cidade acollera un gran evento deportivo, que fora un elemento dinamizador do noso deporte, pero tamén supuxera o impulso necesario para a consecuención de máis e mellores infraestruturas. Ese ano celebrábase en Mallorca a Universiada de Verán. Eu asistía con certa envexa, teño que recoñecelo, a aquel espectáculo e pensaba ¿por que non?, ¿por que non en Vigo?

Esa idea foi agromando na miña cabeza e empezou a tomar forma cando un goberno presidido polo BNG iniciou a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Na memoria inicial daquel documento xa se recollía a necesidade de que Vigo puidera organizar un evento deportivo de alto nivel internacional e mencionabase expresamente a Universiada. Con ese obxectivo reservouse espazo para a construción da Cidade do Deporte, elemento que é hoxe clave no noso proxecto de candidatura. Foi tamén por aquel entón cando e empezamos a recabar información sobre a celebración da Universiada en Mallorca.

O soño foi collendo forza é xa no programa electoral co que nos presentamos ás eleccións do ano 2003 aparecía como un compromiso do BNG que Vigo fora candidata a sede dunha Universiada. Daquela non tivemos opción a poder poñer en marcha esta iniciativa, pero eu seguía soñando. E novamente incluimos ese proxecto no programa co que nos presentamos ás últimas eleccións municipais. Desta vez si tivemos ocasión de asumir o reto e desde o primeiro momento empezamos a traballar para dar forma a ese soño.

Foron meses de moito traballo, pero o día 11 de marzo tivo a súa primeira recompensa coa elección de Vigo como candidata do Estado español á organización da Universiada 2013. Quero aproveitar este espazo para agradecer toda a colaboración que teño atopado nesta andaina que iniciamos hai seis meses. Sen a implicación neste proxecto de todas as institucións, o mundo do deporte, ás entidades, os colectivos empresariais, sociais, sindicais e veciñais sería moi difícil que hoxe poidéramos celebrar o noso primeiro éxito.

Pero eu sigo soñando. Agora entramos xa na recta final. Empregando un simil futbolístico podemos decir que conseguimos clasificarnos para a Champions e agora temos que loitar por gañar esa competición. É un reto difícil, pero estou certo de que non é imposible. Co respaldo dos vigueses e viguesas seremos quen de demostrar que Vigo é a mellor candidata para albergar unha competición que en número de participantes só supera unhas Olimpiadas.

Desde o 11 de marzo soño cun Balaídos reformado acollendo a cerimonia inaugural da Universiada en xullo de 2013. Soño cunha Vila Universitaria acollendo aos 10.000 deportistas universitarios de 170 países que encherán a nosa cidade. Soño con 5.000 voluntarios, mozos e mozas, como a mellor imaxen do que somos. Soño con deportistas galegos e galegas subindo ao alto do podio.

Soño e continúo soñando e agardo que todos e todas soñedes conmigo….Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-76136630430192838122008-05-06T20:27:00.000+02:002008-05-06T20:27:00.000+02:00Bouzafría: agradezo as súas verbas, pero xa ve com...Bouzafría: agradezo as súas verbas, pero xa ve como reaccionan os políticos cando sae a luz o que non queren que exista polo feito de que non falen deles. Non se preocupe que aínda están por ver os carteis que puxeron con "Mellorando o futuro". Eso pode ser glorioso.

Amigo i.: Convén ter de cando en vez algún preconcepto sobre a prostitución, a drogadicción ou a adicción ao alcohol. E sobre a pobreza extrema en que algúns (nunca poucos) viven e que determina boa parte do anterior. Os meus preconceptos acostuman a rexeitar esas formas de vida, estean ou non á vista. Pero quero crer que esta é a primeira vez que me visita porque os termos que eu emprego nunca fan distingos entre clases sociais: reciba, en todo caso, o meu saúdo e a miña benvida. Unha aperta, i.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-10367516756038584682008-05-06T16:21:00.000+02:002008-05-06T16:21:00.000+02:00está bem reclamar que os políticos fagam algo. nom...está bem reclamar que os políticos fagam algo. nom estaria de mais, para além, começar por mudarmos os nossos preconceptos e a distáncia calculada e classista que mantemos com isso que vostede chama "seres condeados á miseria mais absoluta". poderia vostede começar por revisar expresons do tipo "prostitutas co mesmo xeito noxento de hai miles de anos" ou "un feixe de drogadictos e alcohólicos [que] ocupa chanzos e o tempo entre voces destempladas...". semelha que o único problema é que molestam ou perturbam a qualidade de vida do resto das pessoas, que nom se está a colocar como verdadeiro centro da exposiçom a qualidade de vida "também" de essas pessoas. nunca falariamos do "xeito noxento de hai centos de anos" para falar da nossa classe política ou de "um feixe de banqueiros e empresários que ocupam o tempo entre vozes desatemperadas, liortas e umha paisagem de cartos, e ansia de poder e ausência de escrúpulos".

detectar o problema com honestidade, o primeiro passo. agir em conseqüência, isso já nom pode esperar.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5964186717263243762.post-39978102035281410612008-05-06T00:48:00.000+02:002008-05-06T00:48:00.000+02:00Permítame subscribir verba a verba todo o que di, ...Permítame subscribir verba a verba todo o que di, cun pequeno engadido: A única vantaxe da zona vella de Vigo é que por alí os coches non poden ir facendo o animal como no resto das rúas. En Vigo, cando un conductor ve que o semáforo ao que se achega se pón laranxa, automaticamente pisa o acelerador coma se estivese en Montmeló. Dende que volvín vivir a Vigo creo nos Anxos da Garda, só iso xustifica que haxa tan poucas mortes ao cabo do ano (Hoxe pola mañá un coche volcado enriba da beirarrúa da Avenida Castelao).
E volvendo ao seu tema: Non só a degradación está na rúa Alta ou na Ferrería, pódese ollar tamén na Praza do Berbés, que en tempos foi postal típica, ou na rúa industrial-residencial de Jacinto Benavente.bouzafriahttps://www.blogger.com/profile/12694463767278840722noreply@blogger.com