Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 dicembre 2009

VIGO MON AMOUR 2


Necesito ter máis datos (económicos, sobre todo) arredor da actuación do concello na restructuración da Porta do Sol, pero o aspecto final, tras os meses de traballo, merecen o meu aplauso sincero. Non só o punto concreto da vella porta de saída para Ourense (ou para Castela ou para onde fose), senón a rúa curva de Elduayen (unha desas xoias urbanísticas, a propia liña curva, que calquera cidade mimaría) ata o mirador da oliveira. Como agora aínda non está restituido o tráfico por completo dá gusto pasear por aqueles novos lugares e contemplar a beleza da pedra en Vigo. Hai moitas tendas, moitos locais baleiros, signo da decadencia vella da zona pero tamén do estrago da crise actual, pero confío en que esta remodelación anime a ocupar un dos espazos máis senlleiros da cidade. É certo que algunha arbre (e frondosa a ser posible) podería engadirse a todo o conxunto, en especial á esplanada que se abre a carón da praza da Princesa, pero non podo máis ca felicitar aos responsables desta transformación notable e, agardo que duradeira, desta parte fundamental de Vigo. 
Só falta que todo o que levan feito cobre a dimensión que merece e o centro desta cidade, que sorprende a quen non a coñece pola calidade das súas edificacións e polo porte elegante das súas rúas e avenidas, brile cando chegue o verán e esa luz marabillosa, que só as tardes e os solpores de Vigo fornecen, devolva intacta toda a súa beleza.   

5 commenti:

Lula Fortune ha detto...

Pues no estoy en absoluto de acuerdo con usted, Arumes. Demasiada piedra, demasiada explanada (ideal para terminar las manifas, eso sí o para matar franceses en la Reconquista) cuatro arbolillos raquíticos compartiendo espacio con SEIS contenedores verdes, de los grandes, grandes...
Esperaremos a ver qué pasa cuando llueva y baje el "amazonas" hacia en Sireno como bajaba el agua por Urzáiz hace dos días.
Qué no, Arumes, que hay otros modelos de ciudades más recoletas y vivibles y la nuestra podría ser una de esas, aunque parece que los responsables de hacerlo no se enteran.
Bicos.

Balonga ha detto...

Xa o dixera neste blogue, mais a realidade é teimuda. Na Praza Princesa está o Restaurante Gazpara que co seu xantar (alén das pinturas), aínda mellora máis todo o rueiro.

bouzafria ha detto...

Concordo con Arumes e discrepo de Lula: a min góstame, e penso que é un pasiño modesto pero necesario para irnos achegando a unha cidade máis vivible.

arume dos piñeiros ha detto...

Pois eu a Lula non lle quito a razón porque no dos contedores a realidade si que é teimuda e no de excesiva esplanada tamén. Tamén élles verdade que este é a moda urbanizadora.

Anonimo ha detto...

Non están mal as "esplanadas" (versión portuguesa) para rematar as manifas tomándose unhas birras e matar franceses (con xenebra de garrafón, por exemplo)