Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 giugno 2008

O SPÓRTING A PRIMEIRA


Praia de san Lorenzo. Cimadevilla. Paseu Begoña. Praza de san Miguel. Moros. Corrida. Somió. Providencia. Dindurra. Contrueces. Santa Catalina. Piles. Ceares. Pumarín. Musel. Tránsito de les Ballenes. 
Viva Xixón.

14 commenti:

Anonimo ha detto...

Viva, mecagoentodo!
Conte, conte, como soaban Tito Puente e Celia Cruz en Begoña! Que morran de envexa!

Anonimo ha detto...

Cómo sabe vostede! E de cando nin Tito nin Celia eran medianamente famosos. Alí quedamos parados en Begoña, despois de tomar os churros no Dindurra nunha típica tarde de verán xixonesa, de poalla e case orbayu. Había pouca xente diante do palco pero pouco a pouco aquela orquestra foi invitando ao escaso persoal a bailar e a cantar con ese entusiasmo vital incontestable. Pedro Knight reunía a orquestra coa elegancia e maxisterio necesario, con Tito Puente na percusión e unha ata o momento case descoñecida Celia Cruz acaparando o esceario. Aquilo era unha máquina de ritmos imparable. Merengue, salsa, son. E entre tanta diversidade Celia Cruz arrancou coa pollera colorá e provocou o delirio. Quizáis imaxine o poderío daquela muller, pero foi capaz nos interminables sons da pollera de reunir a toda a xente do Paseo que viña obviamente a outra cousa nun baile inesquecible. Tan sorprendente como apoteósico.
Outro día conto como o meu irmán e mais eu bailamos esa peza ao lado de Emma Suárez. Se cadra ela nin se acorda. Ou si.

Anonimo ha detto...

Alédome polo Mareo. Parabéns.

Anonimo ha detto...

Non hai que esquecer que no palco do Molinón estaba o grande Quini, en tempos difíciles

Anonimo ha detto...

Non, non hai que esquecelo. O gran Quini, futbolista dos de antes, dos de camiseta de algodón e medias con ligas, futbolista de cromos de futbolistas pegados con imedio, dianteiro goleador que non celebraba os goles máis que cun pequeno aceno da man e se acaso un saltiño para non molestar aos porteiros, por puro respecto á profesión do seu irmán. É difícil recoñecelo nesa triste figura, pero dentro hai moita gloria. A das boas persoas.
PD: para os futboleiros que viron futbol en branco en negro (e para os outros tamén): entrada "Enrique Castro González" na wikipedia. E lembrade : o fútbol non é unha cuestión de vida ou morte. É algo máis importante que todo iso (Billy Shankly, mister do Liverpool dos anos `60).

Anonimo ha detto...

Sen palabras:
http://www.notasdefutbol.com/2008/02/08-ahora-quini-ahora

DIARIOS DE RAYUELA ha detto...

Qué gusto da saber que fuera de aquí tambien se alegran de esto.
Gracias.
Un abrazo.

Anonimo ha detto...

Hombre, buenhombre, son muchas horas en Saint Lawrence Beach, en la escalera 11, dejándose golpear por las olas (que decepción las pocas veces que llegabas allí y estaba la bandera verde) o cogiendo bígaros en las rocas como dice Cary Grant (coño, esto era de otra canción). Los tipos de salvamento pre-pamelanderson con sus bañadores slip rojiblancos. Los barquillos que vendían aquellos hombres en aquellos bidones rojos con una ruletilla en la tapa. Y la rula? Qué tal aquella rula?
Lo dejo que lloro.
Xixón forever! Quiero ser un Sportingmatozoide! Quini the Best! Viva Cimadevilla!

Anonimo ha detto...

Vou poñer directo o enlace sobre Quini.

Anonimo ha detto...

Bailou hai anos a carón de Emma Suárez? Vou morrer de envexa cochina!

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Non me deixará mentir o meu irmán: a menos de medio metro. Guapísima ao natural!

Anonimo ha detto...

Ao natural? Ao natural e en celuloide, en directo ou en diferido, en cor ou en branco e negro, en foto ou en 3-D, no cine ou no DVD, ...

(Pero perdeu a "súa" oportunidade...)

Anonimo ha detto...

Alí estaba a Suárez, si señor, moi guapa, veraniega e sexy. Hai 20 anos de calendario.

Anonimo ha detto...

Non hai suficientes palabras para describir como era hai vinte anos. Non, non as hai.