Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 gennaio 2012

FINE


O quinto aniversario é unha boa e bonita excusa para despedirme. A lúa brilante de xaneiro acompaña estas breves palabras. Arume dos Piñeiros comezou cun post de Sancho abrazado ao seu Rocinante e con outro de Brad Pitt ao teléfono e os amantes do último tango deitados no chan. Non pensaba chegar tan lonxe. Seguirei con les mies caxigalines por outras regueras de campizos. Escribirei, escribirei e escribirei. Non sei facer outra cousa. Arrivederci.

Bicos mil.

23 commenti:

Xoán Ramón Díaz ha detto...

Escriba, pois; escriba, escriba. Se lle botará de menos. Espero que nalgún sitio nos crucemos algún día. Ciao.

Anonimo ha detto...

Onde vas, non peches - as cousas cando pecha esmorecen, non peches - queda, non peches - ai alguén agardando sempre. Non peches - escribe. Non peches - xa nos vemos.

Ramón Nicolás ha detto...

Síntoo ben, gustaba de pasar por aquí porque ademais do que dicía, dicíao moi ben.

Xabier P. DoCampo ha detto...

E mentres, sen textos tan fermosos coma Dorna ao pairo, por poñer un caso dos moitos, eu sentireime máis pobre e necesitado. Mendicante, procuraei as súa palabra escrita.
Adeus e moita e boa saúde.

Xosé M. González ha detto...

O certo é que aí atrás, no libro das caras, xa quedou todo dito. Cadaquén é responsable do rostro que poña, e a outrén só lle queda aceptar e despedir. Arume forever.

Agrimensor ha detto...

A Dorna ao pairo durante tantos días xa non tiña boa traza para os que adoitamos visitar o blog. E agora vénnos coa despedida e peche! Todas as cousas teñen o seu tempo, supoño que é inevitable, aínda que os seareiros sintamos ben o de quedarmos sen a lucidez, a intelixencia e o humor que atopabamos aquí. Non está todo perdido, aférrome a esa vontade de continuar por outras vías. Foi un pracer acompañalo nesta singradura, Arume dos piñeiros!

Paz Raña ha detto...

Síntoo de veras, é unha ledicia pasear por estas túas palabras. Avisa onde segues a escribir. Apertas

detective crepuscular ha detto...

Pois que lle imos facer. Unha mágoa. Unha bágoa. Saúdos.

ms ha detto...

Estou certo de que existe nalgures un mundo paralelo, parecido a este, no que arestora estarán comentando unha entrada de Marcos Valcárcel n'As Uvas da Solaina o arume dos piñeiros, o anónimo-político cultural, o xoan da coba, o saavedra, o medela, o jimi de rairo...

Chamádeme Ismael ha detto...

Súmome ao dito por tod@s. En calquera caso, aí queda. Parabéns polo traballo desenvovido.

Arume dos Piñeiros ha detto...

Moitísimas gracias. Non sei cando nos veremos.

Voz en off ha detto...

Non o deixes. Polo menos dinos a partir de agora en que leira vas sachar?

bouzafria ha detto...

Moitísimas gracias, Arume... por todo.

Eduardo Baamonde ha detto...

¿Definitivo? ¿Meditado, reflexionado e requetedebatido?
Buaaaaaaah!!!
Un motivo máis -e de moito peso- para non encender o ordenador. Ou para reler as entradas antigas.

Artemio Lándoas ha detto...

Arume, o meu mestre, pintou o meridiano cero de formas novas de mirar e de escribir, de xeito que a blogosfera sempre tivo graos leste ou oeste definidos polo seu insólito pacto entre as emocións transmitidas e a palabra xusta que a elas se adecuaba. Fíxoo aquí, con fraseo longo e xeneroso, e fíxoo en todo canto recuncho ten o blogomillo, pois flanear flaneou como ninguén e foi deixando en mil locais retrousos, brincadeiras, ironías e unha insubstituíbel marca persoal. Elegante, discreto, intelixente, amosou adoito a tododieu que ás miradas e ás conviccións se lles pode dar a volta, como aos calcetíns. Arume soubo vivir e foi unha escola andante, un perpetuum mobile, unha estrela boreal que marcará sempre na nosa memoria un norte de sorriso, amizade e infinitude moral.

ms ha detto...

Arume:

Vade a bordo, carafio!

Peke ha detto...

Dános algunha vez conta de ti. Bicos.

Arume dos piñeiros ha detto...

Reitero a miña gratitude. E a miña ignorancia sobre o (meu) futuro. Unha fortísima aperta a todo o mundo.

paideleo ha detto...

Pois nada, agradecido polos teus textos tan bos.
Un saúdo e ata a próxima.

Xoán Ramón Díaz ha detto...

Gustaríame pensar que non, pero isto ten toda a pinta dun suicidio colectivo.

¿Non seremos capaces entre todos de crear un espacio de encontro e reflexión? Con todo o que está caendo ao noso arredor!!

Pensádeo, por favor. Antes de que sexa demasiado tarde.

Imos dimitir tamén, perante a chusma política, da nosa posible condición de homes libres? Imos entregarlles a eles as nosas poucas armas e bagaxes?

Por favor.

Ana Bande ha detto...

estou de acordo con todos, cicais un pouco máis acougada porque sei que este é só unha paréntese catártica afortunadamente pasaxeira, quero pensar.

Balonga ha detto...

Boandanza na súa andaina a procura da felicidade. Para nós tamén foi unha fortuna.

X ha detto...

Intúo que habita outro lugar. Seguirá manténdonos na ignorancia?