Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 maggio 2010

O XUÍZ, O FINAL



Debatíame entre escribir sobre a caixada final, as medidas de Zapatero, o dictame do consello consultivo (que non son quen de atopar en ningures), cando a nova de que por unanimidade o CGPJ procede á suspensión cautelar de Garzón apraza todo. Entendo a indignación xeralizada, pero non é o CGPJ quen ten a responsabilidade neste intre (18 vocais por unanimidade non teñen outra cousa que facer: o artigo da LOPJ aplicado para a suspensión de xuices e maxistrados reza "Cuando se hubiere declarado haber lugar a proceder contra ellos por delitos cometidos en el ejercicio de sus funciones"), senón a instrucción previa do disque xuíz Varela que impide calquera outra saída. Á tarde pode o CGPJ darlle pasaporte para Den Haag, pero con este precedente a saída (algo) honrosilla (para a xustiza española) tamén ten que agardar. Que lles fixo Garzón a toda a xudicatura para que ademáis de burro remate por ser apaleado por todos eles?
Unha vez máis afirmo que se puido extralimitar ou invadir competencias que non tiña, pero rematar por acusalo de prevaricación e, por conseguinte, de inhabilitalo de por vida como xuíz, só pode provir de quen garda e agocha algunha pesa de máis nun deses pratos da balanza que sostén a virtude cega da xustiza. E o resultado, a íntima convicción de que algo cheira a podremia entre a rúa de García Gutiérrez e a do Marqués da Ensenada.

Nota: Ilustración de Los sueños de las calaveras de Quevedo, edición de Bruxelas, Verduissen, 1699. Aí poden verse os destinos definitivos dos membros do poder xudicial.

2 commenti:

detective crepuscular ha detto...

Pois eu, don Arumes, non sei a que veño aquí, nen tan sequer a falar do xuiz Garzón, que xa me dá todo isto tanto noxo que se me torcen os regos do pensamento e se me axigantan as palabras malsoantes. Dicía vostede non hai moito que é o que tiña que ter unha novela para resultar atractiva ou algo polo estilo, e eu non sei por que me deu por me pór a ler estes días LA CORTE DE LOS MILAGROS. Non sei, lérao hai moito na vella Austral e desta dei con el en Alianza Editorial e sempre pensei que cada editorial, o formato, o tipo de letra, etc, determinan unha leitura diferente (non me tome a mal semellante disparate). Sería iso o que me inclinou á releitura. Que cualidade de frase, que cualidade de páxina, que cualidade de libro. Non hai que lembrar o POR QUE LER OS CLÁSICOS de Italo Calvino para concluir que nos achamos ante un clásico dos de verdade. Xa nada mais comezar, un se atopa con estas liñas que o deixan petrificaco de fascinación: "¡No se enmendaban! Ante aquella pertinaz relajación, la gente nea se santigua con susto y aspaviento. Las doctas calvas del moderantismo enrojecen. Los banqueros sacan el oro de sus cajas fuertes para situarlo en la pérfida Albión. La tea revolucionaria atorbellina sus resplandores sobre la católica España. Las utopías socialistas y la pestilencia masónica amenazan convertirla en una roja hoguera. El bandolerismo andaluz llama a sus desafueros rebaja de caudales. El labriego galaico, pleiteante de mala fe, rehúsa el pago de las rentas forales. Astures y vizcaínos de las minas promueven utópicas rebeldías por aumentar sus salarios. El huertano levantino, hombre de rencores, dispara su trabuco en las encrucijadas, bajo el vuelo crepuscular de los murciélagos. El pueblo vive fuera de la ley desde los olivares andaluces a las cántabras pomaradas, desde los toronjiles levantinos a los miñotos castañares. Falsos apóstoles predican en el campo y en los talleres el credo comunista, y las gacetas del moderantismo claman por ejemplares rigores. Entre tricornios y fusiles, por las soleadas carreteras, cuerdas de galeotes proletarios caminan a los presidios de África." E así todo, don Arumes, así todo. Unha maravilla. Hai alguén que escreba ou teña escrito mellor que Valle? Non o sei, duvídoo moito. Que monstro das letras o tipo. Pois iso, un pode sucumbir á leitura das novelas mais mediocres e rebentar de noxo por tanto Luciano Varela, Rajoy, ZP e demais, porque sabe que sempre lle quedará, ademais de París, Valle-Inclán para reconciliarse co POR QUE LER OS CLÁSICOS do italiano. BAIXO O VOO CREPUSCULAR DOS MORCEGOS.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Valle é o mellor escritor en lingua española. Para servidor.
Unha frase del bastará para sandarnos.