Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 dicembre 2007

IL SORPASSO

España sorpassa a Italia en renta per capita.

A primeira vez que fun a Italia foi no ano 1986: celebrabamos os primeiros cartos no peto e fomos cuns amigos nun Seat Ibiza bermello por todo aquel país. Metímoslle unha boa trabada daquela, desde Ventimiglia ata as ruinas de Roma, pasando por Milano, Lago di Garda, Vicenza, Venezia, Asisi, Spoleto, Roma e volta por Firenze, Pisa e san Remo. Aquel viaxe foi definitivo nas nosas vidas.

Despois voltamos de lúa de mel a Roma, con visitas a Napoli, Sorrento, Pompeia e unha mítica subida ao cumio de Villa Tiberio en Capri. Alí, contemplando a rocha desde onde o emperador romano empurraba a xente mentres estes admiraban na caída os fermosos farallóns, decidimos, diante dun elemental prato de spaghetti alla napolitana, regresar, regresar, vivir alí sempre, sempre.

A partir do ano 1992, sen pretendelo ao comezo, fomos pasando as vacacións de verán. Primeiro no Lago di Garda, despois en Castiglion Fiorentino, en Firenze, no Lago Bracciano (ao lado de Roma), en Rapallo, en Parma, en Sardegna, con repeticións nalgúns destes lugares e unha esporádica visita invernal a Ferrara. Coñecemos, sobre todo, a metade norte do país. Canto máis ao norte, o nivel de vida aumenta, aínda que a calidade de vida fica, como unha lei interna nas nosas memorias, na Emilia-Romagna, pero, sobre todo, na Toscana, esa obra inigualable do home coa natureza.

Pero a nosa devoción por aquel país nunca nos impediu mirar como nestes anos a distancia entre os nosos países, que admirabamos no ano 1986, íase disipando, como aos poucos aquel país parecía ancorado mentres o noso ía adquirindo pouso cada vez máis moderno. Nos últimos anos, a nosa percepción (refrendada por visitantes que acudían, eso si, á súa venerada Barcelona e quedaban impresionados da eficacia dos transportes, da puntualidade, da limpeza daquela cidade e tamén doutras partes do país, por que non decilo) apuntaba a unha cada vez máis minguada diferencia e, en moitos aspectos, unha clara vantaxe a favor noso.

A miña viaxe o ano pasado a Ferrara serviume para traballar nunha fermosa facultade (do século XVI) completamente abandonada e decrépita, con paredes sen pintar, baños porquísimos, inaceptables aquí (e menos en edificios públicos ou de ensino), despachos compartidos con moitos profesores, cun par de ordenadores para os que precisaban turno. Os colegas italianos admitían, con esa indiferencia con que miran a decadente ineficacia do seu país, o seu deprimido estado. E iso que estabamos a falar do norte. O sul, segundo eles mesmos confesaban, aínda estaba peor.

Por iso, non é de estrañar esta noticia. Síntoo por aquel fermoso, encantador e fascinante país, pero pásalle como a eses antigos patricios ou aristócratas que herdan un patrimonio fabuloso e non teñen cartos, nin gañas, nin medios con que mantelo. A pesar de todo, reservádenos unha pequena terraza na Tufa en Cortona para contemplar desde alí o solpor sobre o lago Trasimeno.
HOXE SECONDA PUNTATA DE A DOBLE MORTE DE CARINA MOURELA

12 commenti:

marcel swann ha detto...

[Iso de que Barcelona é unha cidade limpa e de que as comunicacións funcionan moi ben leuno nalgunha propaganda...]

Pois que mágoa, porque Italia, sen italianos, "se sale".
Un familiar viaxou hai uns anos a Italia por motivos congresuais. Era a primeira vez que ía. Á volta pregunteille que tal lle parecera o que viu. O que me dixo foi isto: (1) Conducen coma tolos; (2) O único que comen é pasta (coma nós as patácalas); (3) O congreso fora pesimamente organizado, con xente que entraba e saía das conferencias e ponencias como periquito por su casa, berrando, interrumpindo aos que falaban... O punto caos.

arume dos piñeiros ha detto...

Eu non digo o de Barcelona: dino eles, os italianos que visitan a cidade. Hai dous anos o Presidente da República puxo a disposición dos italianos unha páxina web para que lle dixeran que vían noutros países que puidera servir de exemplo para Italia. E podo asegurarlle que a gran maioría de visitantes en España repetían sempre o mesmo, o que a mín parecíame moi estraño: puntualidade dos transportes, limpeza nas rúas, servizos eficaces. Digollo tal e como o lín. E podo asegurarlle que é esa a imaxe que teñen os italianos de nós. En xeral, por suposto. E, comparado con eles, voulle dicir que é comprensible. O que non quere dicir que vostede leve moi boa parte de razón.

Xaime ha detto...

Dende a distancia, e non sei se coincidirá conmigo Arumes, quizabes a Italia foi a quén lle afectou máis negativamente a entrada na U.E..
Un pais do G8, aínda que fora só por decoro non pode pedir fondos de cohesión, aínda que si estructurales como se fai con todos, pero non recibe en todo caso o que España e Portural recibe por ano.
España está medrando un punto e medio por riba da media da U.E. o que supón que a este ritmo de medra pode superar a Francia no 2012, que arrastra problemas sociais -bancarrota na Seguridade Social, desemprego, inseguridade civil, e por riba segundo os datos bancarios recentes atravesa graves problemas de fiducia mercantil.

arume dos piñeiros ha detto...

O grave problema de Italia é a abismal diferencia entre o sul e o norte, a escasa vertebración do país desde un punto de vista económico. As rexións do norte superan con moito a media europea e Lombardía, Piemonte, Véneto e mesmo Toscana ou Emilia Romagna acadan niveis de vida que non posúe nengunha comunidade española. É máis, como vostedes saben, o hinterland milanés é, despois, de París e Londres, unha das zonas máis prósperas de Europa. Sen embargo, na Calabria ou na Campania, a situación é plenamente tercermundista, como os propios italianos declaran: nin siquera Andalucía ten ese nivel económico. Este ano en Sardegna, que é terra de turismo interior e, nunha zona do norte, de turismo de luxo e foráneo, puiden darme conta do que significa o Sul nese país. As diferencias económicas (sociais) son enormes e moi radicais. Eso explica que Italia áinda reciba fondos de cohesión, que van parar moitas veces a organizacións paragubernamentais.

Xaime ha detto...

Está ben sabelo, moitas grazas

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

O diario Sole 24 ore publica hoxe o seguinte comentario.
"Il che implica alle spalle un sistema economico e amministrativo che, sia pure più piccolo di un quarto rispetto a quello italiano, ha funzionato assai meglio.

La ricetta è nota: classe politica e amministrativa migliore, banche più strutturate, maggiore apertura internazionale. In media la crescita del Pil è stata del 3,8% all'anno negli ultimi 10 anni, più del doppio di quella italiana. I consumi privati sono aumentati del 4% all'anno contro una media del 2% nell'area euro. Il debito pubblico è sceso dal 70% del Pil nel 96 al 40%, in forte contrasto con la persistenmza in Italia di un debito oltre il 100% della ricchezza prodotta. «Le quattro chiavi del successo spagnolo sono l'aumento della forza lavoro, grazie a maggiori impieghi nazionali, immigrazione, minore disoccupazione, migliore qualità di operai e impiegati, più apertura internazionale, e più innovazione", dice Stefan Bergheim, economista di Deutsche Bank Reserach, autore di un recente ed elogiativo studio sull'economia spagnola, destinata a crescere «e a superare non solo l'Italia, ma anche la Germania come Pil pro capite nel 2020».
La Spagna, a differenza dell'Italia, non ha trascorso gli ultimi 15 anni della politica a decidere poco e a litigare, astiosamente e senza esclusione di colpi a volte, molto.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Curiosa expresión: "España é un país organizado que une o rigor habsbúrguico coa fantasía latina."

La principale differenza è che a livello politico (sia di Governo centrale, sia di regioni) la maggioranza comanda e decide. La seconda è che le cosiddette relazioni industriali non hanno gli stessi, frequenti sussulti che squassano industria, sindacato e Governo in Italia. In aggiunta a tutto questo, in Spagna esiste ancora quello che Zapatero ha definito "talante": la buona disposizione al fare, unita a una buona dose di entusiasmo.
Il fatto è che la Spagna è un Paese organizzato che unisce il rigore asburgico alla fantasia latina. Madrid ha dunque saputo sfruttare fino in fondo le opportunità che si presentavano davanti a sé come ad esempio i finanziamenti Ue per 100 miliardi di euro raccolti tra il 1986 e il 2006.
Oltre a questo, grazie anche alle privatizzazioni, la Spagna è riuscita a costituire negli ultimi anni una ventina di gruppi (industriali, finanziari, bancari) di grandi dimensioni, in grado di competere ad armi pari a livello internazionale.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Amigo Xaime: aquí pode ver o que dicía sobre as diferencias entre as provincias do norte e do sul. A estatística é deste semán, tamén do diario Il sole 24 ore, que é de Confindustria, a Corporación industrial italiana.

arume dos piñeiros ha detto...

Aquí Xaime un artigo do New York Times que levantou unha polémica en Italia porque os poñían a feder: na mesma liña: NYT

filomeno2006 ha detto...

¡Veremos cómo acaba España......!!!!

Anonimo ha detto...

Las cosas no son tan simples: he vivido 10 años allí, hasta hace 8 meses. Tengo amigos italianos, conocen España, alguno se ha venido a vivir incluso escapando de allí -no exagero un punto-
Qué quereis que os diga, me reputo conocedor de Italia como pocos, diez años enseñando en la Universidad como lector de español dan para mucho.
Las palabras para definir el estado decrépito de ese país no bastan, sobre todo porque este susodicho estado decrépito afecta para mí más a las mentes que a lo esctrictamente material, sin olvidar empero este aspecto. La dejadez y mezquindad, el ser sibilino del italiano -no todos, claro, pero es algo cultural- no tiene parangones en el mundo civilizado. No por casualidad un jefe de diplomacia americano acaba de sentenciar sobre ellos algo en lo que concuerdo: son el país más desarrollado del tercer mundo. No van a mejorar, a pesar, de que , eso sí, el norte es tan rico como cerrado.
Si os parece que estoy exagerando, en absoluto, es más, me debo contener para no parecer desmesurado.

Anonimo ha detto...

Italia, País más culto y desarrollado que España......