Caxigalines nella Reguera'l Campizu

28 aprile 2014

NOVA TEMPADA


Decido, por acumulación de miradas (e unha cálida insinuación amistosa), recuperar este vello artefacto. Non sei se foi neste mesmo lugar da foto, na negra sala Mirlo Blanco do Centro Dramático Nacional (no sentido figurado), onde tomei esa decisión. Tampouco sei se foi no momento en que pola praza de Lavapiés pasaba unha furgalla de Patatas y Cebollas ou cando cruzaban a rúa lentamente dous vellos tomados do brazo, con chapeu e cayau, ao xeito maxestrella e donlatino do autor que dá nome ao edificio no que me atopaba. Non sei se a cadeira de duro metacrilato negro onde sentei foi definitiva na inauguración desta nova tempada ou, se cadra, foi a tranquilidade entusiasta dos discursos de cinco autoras de teatro, aka dramaturgas (Lola Blasco, María Velasco, Blanca Doménech, Diana I. Luque e Laila Ripoll), nunha mañán aínda fría dun Madrid tímidamente primaveral. 
Non sei se foron todos eses estímulos -e algúns máis que veñen rondando nos últimos tempos- os que me convidaron a recomezar a escritura, por outra banda nunca abandoada noutros formatos ou noutras plataformas. Aquí poderei expandirme (estrarme sería o verbo) algo máis e tamén preservarme do efímero paso das horas no fascinante rollo das redes sociais. Hoxe vai a presentación e xa noto eu un certo nerviosismo de principiante: esa adrenalina recoñecible dos momentos que pagan a pena.      

2 commenti:

Xosé M. González. ha detto...

Verdade é tamén que nunca o chegara a ver marchar.

Ar. ha detto...

¡Foron as chavalas! Dylan o pague.