Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 novembre 2014

BARCELONA 1


O avión chega á noite. O autobús urbano que nos achega á praza de Espanya pasa tortuosamente por todas as rúas do Prat, case baleiras. As auxiliares de vó, non sei por qué, viven por esas rúas. Despídense con facianas de cansanzo cando pousan nas paradas. Son case as doce na praza de Espanya: hai Fira de manga. Algún aínda pasea pola superficie coas galas do seu heroe. Metémonos no metro ata Glòries. Aquela inmensa esplanada, iluminada baixo o edificio das Agbar, está en obras. Desde as fiestras do autobús do aeroporto aprezábase a orde e a limpeza das avenidas ben iluminadas, aliñadas con ringleiras dobres de árbores. En Glóries, a Gran Vía e a Diagonal acentúan esa xeometría limpa de Barcelona. Os edificios son novos, non recentes, pero novos. Cristais e metal. Alturas distintas, ubicación algo estravagante nas fincas, en relación co trazado lineal das longas rúas. Deixamos as cousas no hotel e camiñamos cara a Rambla del Poble Nou. Probamos a cear. Case todo pechado, mesmo os sushi take away ou os kebab. Pechados ou a punto de pechar. Debaixo da casa de C hai un bar que seguro está aberto. Vámonos achegando. Pois non. A piques de pechar. Xusto enfrente no chaflán, Aita Galicia en letreiro luminoso azul rechama. Entramos, preguntamos se podemos cear. "Por suposto, estamos abertos ata as tres". Miro ben os carteis: gintonería. As cervexas, de Estrella Galicia. Nas paredes, pendurados, cadros de trapos de cociña con galego e galega danzaríns e receitas de cociña. O local, moderno, coa cor branca en táboas e cadeiras dominante, sempre lacadas. As camareiras, amabilísimas, recitan o repertorio. Tomamos unha ensaladilla rusa, por alonxarnos do  menú galaico: os Pebrots del (sic) Padrón resplandecen na carta. O pop a la gallega, tamén. Lacón, orella, berberechos e tutti quanti parecen indicar que aínda non saiches de Galicia. Xa o sabes, pero sempre sorprende que a gastronomía característica de Barcelona ten un aire galego inconfundible, arrebatador, totalmente catalán.    

6 commenti:

Balonga ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
Balonga ha detto...

Pola súa benquerenza pola Toscana, probe tamén a pizza Pazza e máis, na Briciola c/Olzinellas 19. Reservar T. 93 4321933.
Polo seu coñecemento de Vigo, deguste a cociña de Helena no Racó d´en Bauti c/Premiá 14. T.93 2964001
O menú ten a mellor relación calidade/prezo.
Pola súa curiosidade por Barcelona, comerá ben no Restaurante Arturo c/Sagunto 104. T 63 331 50 86.

Boa estadía

detective crepuscular ha detto...

Señor Arumes, e logo para que estamos os vellos amigos? O instituto no que traballei case que toda a miña vida docente está mui perto dese descomunal instrumento falocrático. Saúdos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Moitas gracias a ámbolos dous. E moita ledicia por saber de vostedes, compaña sempre inesquecible deste blog. Supoño que haberá oportunidades de vérmonos noutra visita, carrer Badajoz mediante.

Balonga ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
Balonga ha detto...

A noite e a Fira do manga non lle deixaron ver na praza de España, nas Arenas (agora centro comercial) a placa que non hai de D. Quijote.
Nin a marca branca do PP (CiU), nin socialistas, nin comunistas e moito menos os nacionalistas de ERC (agora moi activos no proceso insurreccional, alicerzado con xenerosas subvencións públicas), tiveron a dignidade de poñer unha placa, no lugar citado no Quijote:
Quijote II Capítulo LX
"No tienes que tener miedo, porque estos pies y piernas que tientas y no ves, sin duda son de algunos forajidos y bandoleros que en estos árboles están ahorcados; que por aquí los suele ahorcar la justicia cuando los coge, de veinte en veinte y de treinta en treinta; por donde me doy a entender que debo de estar cerca de Barcelona.
Y así era la verdad como él lo había imaginado".
Alá polo 1600 Barcelona, só era a parte vella, que nin sequera chegaba a praza Cataluña, e no outeiro que eran Las Arenas, penduraban os bandoleros.
Nin uns nin os outros, foron máis xenerosos con D. Miguel de Cervantes Saavedra, que residiu no nº2 do Paseo Colon (praza Antonio López), no que tan só, unha pequena placa (10x10 cm), pagada polos seus lectores fai xustiza a quen escribiu con moitas dificultades a obra cumbre da literatura universal.
Porca miseria!