Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 gennaio 2009

A PORTA DO ANO


Unha semán sen móvil, sen ordenador. Nunha apacible, case tediosa, casa rural ás beiras do Eume. Cun frío inhumano que baleira as rúas e convida ao pequeno ágape dos viños de media tarde. Unhas conversas a media voz, sen balbordos: retratos de pequenas crises, contos serenos de praceres domésticos, apenas unha estridencia fóra do ocasional bico de benvida. 
Agora xa na casa, repaso os instantes e de todo queda esa cálida aperta no medio da ponte, unha calor invencible contra o xiado vento das voltas do río. 

16 commenti:

Anonimo ha detto...

Xa ve qué bó é o turismo rural para poder experimentar o alivio da volta á civilización.

Anonimo ha detto...

Arume: é que o que importa é a xente, non os lugares. Unha barra, un viño, unha conversa, un café de cafetera y Juanín de Mieres. E xa está. Feito. E ademais, para qué carallo están as pontes máis que para as apertas. Prepáreme esa visita a Can Bados.

xdc: aquí estámoslle moi civilizados, que lle conste.

Ana Bande ha detto...

mmmmmmmmmmm......gustiño de post............!!!!

Anonimo ha detto...

Non se me enfade, Turmano, oh!!!.
;))).

Anonimo ha detto...

Non me enfado, pero que lle conste.

Anonimo ha detto...

Enfadouse! Qué suRcetible...

Anonimo ha detto...

O Eume ten 76 Km de lonxitude, según leo en internet. Non se especifica a resolución á que se supón rectificado o río, pero imaxino que será menor que o diámetro medio de unha casa rural.

Quero decir:

Eu qué carallo sei de qué lugar está a falar. JAJAJAJA.

(Anque o imaxino, claro).

Imaxino que tiña que ter dito "gran cidade" no canto de "civilización".

Cando era pequeno leía eu aquela revista que chamaban "teleprograma". Lembran que a caron do título das películas viña sempre,entre paréntesis, o título orixinal en inglés?.

Unha vez anunciaban "Huyendo de la gran ciudad". Entre paréntesis, engadían: "Getting away from it all". Collín o diccionario de inglés e trasladei: "Conseguindo lonxe desde elo todo". Imaxino que "elo todo" podería ser traducido mellor por "civilización" que por "a gran cidade". Hai que me disculpar a mín tamén, que non estou civilizado de todo.

Anonimo ha detto...

A ver, Amodo, tes que perdoar a suRcetibilidade. Eu pensei que ao falar de civilización esta xente falaba de Vigo, Coruña, ou sitios así, pero agora que sei que están a falar dunha gran cidade xa os comprendo mellor.
E aproveitando que o Eume pasa por As Pontes, e a sabendas de que por esta casa pasa xente importante (de grandes cidades, incluso), denuncio: que As Pontes está a verter parte da súa merda (literalmente, na súa versión máis humana) directamente ao river e que, por se fora pouco, e debido ás obras da autovía Vilalba-Ferrol, o río Chamoselo, o meirande afluinte do Eume, morreu de acidez. Non queda nin unha triste planta, xa non vou falar de troitas ou rás. Que conste.

Anonimo ha detto...

¡POgreso, amigo, POgreso entendido civilizadamente!

R.R. ha detto...

Por certo, agora que por fin podo ver a foto proclamo: ¡mola mogollón!

Anonimo ha detto...

A ver, aclaro definitivamente.

Ó principio do post, eu interpretéi erróneamente que o titular do blog pasara uns días nunha bucólica casa de turismo rural. A frase que puxen é unha simpática crítica a esa forma de turismo sacada do libro "Planeta Champú", e foi escrita en clave de brincadeira, como o resto dos meus comentarios,este incluido, e como adoita a ser habitual en mín. En ningún momento tratéi de menospreciar a vida rural nin en abrir un debate urbanita vs. ruralista. As Arume dos Piñeiros is my God (Poño ao ARume dP por testigo).

(A palabra verificadora que teño que escribir no post pra probar que son un ser humano é "riffa". Déuse conta o trebello de que estamos riffando. De "rifar", non de facer "riffs"). XDDD.

Anonimo ha detto...

Con "As Arume dos Piñeiros is my God" parafraseo ,en plan coña, "As God is my witness", dende logo.
Ven a significar: "Arume dos Piñeiros, que todo o sabe, sabe ben que digo a verdade".


"fallytio". Joer, como anda este trebello hoxe.

Anonimo ha detto...

A ver. Eu tampouco quixen menospreciar a vida urbanita... Bueno, ao mellor un pouco si, pero só por tocar un pouco os wevos. Poño a Arume, e de paso a Theartistbifornounasamodo, por testículos (ou pequenas testemuñas) de que disfruto levando a contraria. E vostede ten que recoñecer que mo puxo a wevo (valla a redundancia).
Falando de redundancia e para aqueles que se adican á nobre arte de ensinar lingua aos rapaces, vaia un posible exemplo para explicar que é a redundancia, desenvolvido por un queridísimo compañeiro meu de clase (hai un século, aprox.). "Deme un café solo para mi solo, valga la redundancia". E engadía, para máis aclaración: "Deme un café solo para mí y para mi prima, no valga la redundancia."

Anonimo ha detto...

Sí señor, testículos, pequenos testigos.
Cando na aldea se partía unha herdade, puñase un "marco", semienterrado,que separaba as "leiriñas". Pra diferencialo de calquera outra pedra que pudera inducir a confusión,colocábanse, adxacentemente, unha ou duas pedras máis pequenas, totalmente enterradas, chamadas "testigos". O conxunto marco+testigos era do máis parecido a un falo erecto cós seus "testículos".

Eu, á redundancia chámolle ás veces "rebundancia".

As utilidades da redundancia tamén se estudan en infórmática e nas teorías xeráis da información. Existe un interesante tipo de "bits redundantes" chamados "de control de paridade".

Os "testigos" dos marcos tamén son "redundantes". "Bits de control de paridade". Aí ten a relación testículos-redundancia.

SOmos animáis redundantes. Casi nunca creemos nada escoitándoo unha soa vez. Necesitamos "contrastalo", escoitalo de fontes diferentes, pra que tildalo de "creíble". Debe de ser algo instintivo porque tamén lle pasa a certas especies de abellas e de formigas, que sólo reaccionan a unha certa información si lla transmitiron un certo número de conxéneres. Eso ten como consecuencia a seguinte "ilusión psicolóxica": si nos repiten unha mentira mil veces, mesmo proveñendo da mesma fonte, remataos por creela.

Anonimo ha detto...

Xa ve, sempre me preguntei se os do marco son testigos polos testículos ou viceversa. Ou se non hai analoxía e chegaron a selo (testigos/testículos) por camiños distintos, é dicir, porque ámbolos dous (ou catro) son testemuñas dalgo. Sábelo? Sábelo alguén dos presentes?

Anonimo ha detto...

Si, pero é unha consulta e hai que apoquinar. Faga unha colecta.