Caxigalines nella Reguera'l Campizu

16 febbraio 2009

BIVIR.COM


Non por coñecido deixa de ser admirable o labor da Asociación Galega de Traductores/as Galegos/as. Hoxe recórdame -supoño que Ana Somoza, a quen desafortunadamente non coñezo en persoa pero que tivo a ben visitar este espazo- que segue viva esta páxina insustituible da traducción ao galego. Foi para anunciarme que Maria Boguszewicz, a quen coñecín e admirei polo seu galego en Poznan, e ela mesma traduciran un texto do autor polaco Wladyslaw St. Raymont. Eu aproveito esta agradecida visita para anuncialo todo. Coas miñas noraboas e co desexo de que moi cedo todos estes textos pasen ao libro electrónico que estamos agardando.  

1 commento:

FraVernero ha detto...

E esa estampa de kitch socialista? Ten pinta de bar onde a miña mala conciencia disfrutaría enormemente...