Caxigalines nella Reguera'l Campizu
1 settembre 2009
ESCRUTINIO NO GIUBBE ROSE
No Giubbe Rose un pode sentar na cadeira que un día serviu para Montale ou para Marinetti e ao tempo ser un perefecto descoñecido para a cuadrilla de camisas vermellas que só atenden (con pratos de rúcula e parmigiano sobre leito de bresaola a prezos estratosféricos) aos estranxeiros na terraza. Pode un ser transparente, pousarse sobre as aspas dun ventilador algo inútil e pretender tomarse un café shakerato no seu interior. Pero se alguén comete a torpeza de sentar nunha terraza idéntica ás outras, pode perder esta estampa fantástica dun home alleo á pompa turística e entregado ao escrutinio do seu vello país, agora en mans de procuradores de muslos novos nas costas esmeraldas.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
Nessun commento:
Posta un commento