Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 maggio 2007

CUESTIONARIO PROUST, BESBELLINHA MEDIANTE

Emprázame Besbellinha a un cuestionario proust. Nunca fixera un destes, pero cando o rematei, pensei que non valo para esto: xerarquizar, seleccionar ou preferir son decisións que me disgustan. Sobre todo cando hai tanto onde elixir. En todo caso, non podía fallarlle a esa alma inqueda que imprime carácter co seu entusiasmo ao blogocéano atlántico.
1. O principal rasgo do meu carácter? A indolencia. Unha inclinación notable ao dolce far niente.
2. A calidade que prefiro nun home? Humor e intelixencia.
3. A calidade que desexo nunha muller? Humor e intelixencia. Non fago distincións.
4. O que máis aprecio nos meus amigos? A intelixencia e o sentido do humor. Por variar algo. E por engadir: optimismo vital.
5. O meu principal defecto? Deixo todo para mañán. De feito, este formulario aínda está sen facer.
6. A miña ocupación preferida? Non facer nada. En todo caso, tomar algo nunha terraza cuns amigos.
7. O meu soño de dicha? Ese mesmo. Ou un atardecer nun restaurante na Toscana, mentres contemplo a paisaxe. Tamén unha noite de san Lorenzo mirando as estrelas no firmamento limpo do Val di Chiana, perto de Arezzo.
8. Cal sería a miña maior desgraza? A morte de seres queridos.
9. Que quixera ser? Cantante dunha banda (potente) de rock. Unha frustración que levo con mágoa.
10. Onde desexaría vivir? Na Toscana ou en calquera cidade grande: Nova Iork, Londres, París ou Roma. Barcelona ou Madrid non están mal. Vigo está de puta madre.
11. A cor que prefiro? Bermello.
12. A flor que prefiro? Rosa bermella.
13. O paxaro que prefiro? Non me gustan os paxaros. Pero un vó dunha cigoña por riba dos choupos no Bierzo é das cousas máis fermosas que se poidan ver.
14. Os meus autores preferidos en prosa? Borges.
15. Os meus poetas preferidos? Gusto de poemas concretos, máis ca de poetas. Pero Petrarca xa escribiu todos os poemas posibles.
16. Os meus heroes de ficción? Non me gustan os heroes. Os de ficción, menos.
17. As miñas heroínas de ficción? Nin as heroínas.
18. Os meus compositores preferidos? Depende do momento. Pero todos, nalgún instante, poden ser preferidos. Dylan, sempre. E que me perdoe o irmán Chiquito de la Highway.
19. Os meus pintores predilectos? Nunha mañán, o Prado pode ofrecer un bó feixe deles.
20. Os meus heroes da vida real? Non hai heroes na vida real tampouco.
21. As miñas heroínas históricas? Ninguén pode acadar esa categoría. Nin os de ficción.
22. Os meus nomes favoritos? Os nomes están asociados ás persoas. Son as persoas que os levan as que me gustan.
23. Que detesto máis que nada? A desigualdade, o autoritarismo.
24. Que caracteres históricos desprezo máis? A aniquilación do outro. O propio desprezo. O autoritarismo.
25. Que feito militar admiro máis?Eu non admiro ningún feito militar.
26. Que reforma admiro máis? As reformas que combatan a desigualdade, a inxustiza ou a ineficiencia.
27. Que dons naturais quixeras ter? Ás veces, o da ubicuidade, naturalmente.
28. Como me gustaría morrer? Non penso niso.
29. Estado presente do meu espírito? A risco de parecer un anuncio de agua mineral: vitalidade.
30. Feitos que me inspiran máis indulxencia? Enténdese que eses feitos son negativos. Nese caso, os que percuran á felicidade das persoas.
31. O meu lema? Carpe diem, como Besbellinha. Ou carpe secundum, se se pode dicir.
Sería de interés coñecer os de Zerovacas, As uvas na solaina e Gradicela. Emprazados están. Se non quixer, serán comprendidos e completamente xustificados.

28 commenti:

marcos valcarcel ha detto...

Recibida a mensaxe, amigo Arume. Hoxe non responderei, porque non foi un bo día e non estou de humor (tema Banco de España, etc.). En canto teña un momento libre e máis gañas, poñereime ó conto. Saúdos.

besbellinha ha detto...

sei que é un cuestionario persoal e que cada un respóstao como mellor lle parece e sabe, pero estou por refacer o meu que parece que me dei conta de certas cousas lendo o teu. Moi interesante.
(e gracias polo de alma inqueda :) )

a.p.-c. ha detto...

As miñas respostas serían iguais ás de Arume nun 70%. Para que logo digan que non hai afinidades electivas (e selectivas).

arume dos piñeiros ha detto...

Amigo APC: convidado está a poñer neste blog as súas respostas. Honra será para mín.

a.p.-c. ha detto...

Grazas polo convite, amigo Arume. Pero eu non lle son famoso (non teño un blog) e as miñas opinións carecen de interese. Mais facendo honor a miña principal característica persoal, podo perder uns minutos para satisfacer a súa amable requisitoria.

1. O principal trazo do meu carácter? A indolencia. Unha inclinación máis que notable ao dolce far niente.
2. A calidade que prefiro nun home? Humor e intelixencia.
3. A calidade que desexo nunha muller? Humor, intelixencia e atractivo.
4. O que máis aprecio nos meus amigos? A intelixencia, o sentido do humor, a lealdade.
5. O meu principal defecto? Deixo todo para pasado mañán.
6. A miña ocupación preferida? Non facer absolutamente nada.
7. O meu soño de dita? Ese mesmo. Ou un atardecer nun restaurante na Toscana , mentres contemplo a paisaxe. (Malgré moi, non coñezo a Toscana, pero apúntome entusiasmado á idea).
8. Cal sería a miña maior desgraza? A morte de seres queridos.
9. Que quixera ser? Guitarrista (potente) dunha banda de blues ou pianista de latin-jazz. Unha frustración que levo con resignación.
10. Onde desexaría vivir? Nunha ampla e fermosa casa da Toscana ou en calquera cidade grande: Nova Iork, Londres, París, Berlín ou Roma. Barcelona ou Madrid non están mal. Pero sempre co suficiente pecunio para desenvolver acaidamente a miña principal característica persoal.
11. A cor que prefiro? Verde musgo. Marrón terra.
12. A flor que prefiro? Rosa branca.
13. O paxaro que prefiro? Un vo dunha cigoña por riba dos choupos no Bierzo é das cousas máis fermosas que se poidan ver.
14. Os meus autores preferidos en prosa? Borges.
15. Os meus poetas preferidos? Gusto de poemas concretos, máis ca de poetas. Pero Petrarca xa escribiu todos os poemas posibles.
16. Os meus heroes de ficción? Peter Pan.
17. As miñas heroínas de ficción? Lara Croft (por Angelina Jolie).
18. Os meus compositores preferidos? Depende do momento. Pero todos, nalgún instante, poden ser preferidos. Dylan sempre.
19. Os meus pintores predilectos? Nunha mañán, o Prado pode ofrecer un bó feixe deles. O Bosco, porque teño que purgar os meus pecados.
20. Os meus heroes da vida real? Mandela aproxímase moito. Primo Levi tamén.
21. As miñas heroínas históricas? As Tres Rosas.
22. Os meus nomes favoritos? Os nomes están asociados ás persoas. Son as persoas que os levan as que me gustan.
23. Que detesto máis que nada? A desigualdade, o autoritarismo, a estupidez.
24. Que caracteres históricos desprezo máis? A aniquilación do outro. O autoritarismo de calquera tipo.
25. Que feito militar admiro máis? Eu non admiro ningún feito militar. En todo caso, pero con severas reservas por algúns métodos, a loita dos Aliados contra o nazismo.
26. Que reforma admiro máis? As reformas que combatan a desigualdade, a inxustiza ou a ineficiencia, pero sen caer na inxenuidade nin facer o parvo. A estupidez, por desgraza, é irreformable.
27. Que dons naturais quixeras ter? Ás veces, o da ubicuidade, naturalmente.
28. Como me gustaría morrer? Penso niso e fódeme moito a idea.
29. Estado presente do meu espírito? Contemplativo.
30. Feitos que me inspiran máis indulxencia? As debilidades humanas sempre que non firan a ninguén.
31. O meu lema? Carpe diem. E tamén “O inferno está empedrado de boas intencións”.

peke ha detto...

A ver se me poño, por que non? ;)

arume dos piñeiros ha detto...

Amigo APC: grande, moi grande. Se o fixera vostede antes, aínda chegabamos ao 95% (cuestión de cores, flores e pouco máis). A ver se un día chegamos a vernos. Besbellinha: o de alma inqueda queda corto. Dá gusto visitar o teu blog, cheo de vida e entusiasmo. Remato cargado de enerxía cada vez que o visito.
Valcárcel, Peke: non vos apuredes. Pero agárdoo con tanto interés como afecto.
Mentres tanto, teño que confesarlles que estas súas visitas virtuais emociónanme moito.
E non sei se andará por aí o meu amigo González ou Leituga1. Se for, saiban que aquí teñen espacio para o cuestionario.

a.p.-c. ha detto...

:-) :-)

[ou sexa, emoticonos que amosan contento]

peke ha detto...

Eu engadiría que isto dos blogs é todo un acerto. A de sorpresas que me dá, Arume, e todas gratas. :)

Marinha de Allegue ha detto...

Coincido con vostede nalgunhas respostas.

Unha aperta.
:)

Anonimo ha detto...

Sinto empatía con vostede señor arume... Gosto das súas respostas

a.p.-c. ha detto...

Que lle parecería, amigo Arurme, a idea de tocarmos un blues con estes aprendices?

Blues por uns afeccionados

Zerovacas ha detto...

Darei cumprida resposta ao seu convite esta semana. Pero hame costar igualar a agudeza de moitas das súas respostas, que podería subscribir en gran parte. Tentarei buscar dentro de min.

Xosé M. González ha detto...

Aí o vai, nun instantiño. Como ás veces me sinto un mar de perplexidades en relación comigo mesmo, léase co escepticismo debido.

1. O principal trazo do meu carácter? É relevante a teimosía; non confundir necesariamente con constancia.
2. A calidade que prefiro nun home? Paciencia, ultimamente.
3. A calidade que desexo nunha muller? Tolerancia no exercicio do catching-press cotián (temo que isto está resultando demasiado contextual).
4. O que máis aprecio nos meus amigos? Que estean.
5. O meu principal defecto? Probablemente, un temperamento insoportable (isto non debe ser moi contextual, hai testemuñas).
6. A miña ocupación preferida? Formúloo como un ideal case nunca cumprido: debullar na lírica trobadoresca.
7. O meu soño de dita? Durmir dabondo.
8. Cal sería a miña maior desgraza? Meigas fóra, nin cavilo.
9. Que quixera ser? Tenor, se cadra. Para poder desexar ser outra cousa.
10. Onde desexaría vivir? Eu son un lugués irremediable. De non ser Lugo, terían que falar portugués: Lisboa, posiblemente; ora que Funchal ou algunha cidade brasileira non serían posiblemente rexeitadas (nunca aló cheguei).
Tamén lle digo unha cousa: se todo o ano fose xullo e vacación, Nigrán non estaría mal.
11. A cor que prefiro? De pequeno era o amarelo; azul mariño, verde claro... Póñenme nuns problemas!
12. A flor que prefiro? Caravel vermello, polo rizado e o símbolo; tamén gusto o efémero da camelia.
13. O paxaro que prefiro? O paporroibo.
14. Os meus autores preferidos en prosa? Téñome demorado moito con Tolkien. Sináloo a el en conmemoración do tempo pasado; Cervantes, García Márquez, Eça de Queiroz, Tolstoi, Böll... Lealdade a Castelao.
15. Os meus poetas preferidos? O anónimo da "Cansó de Crozada" contra os albixenses, un extraordinario poeta occitano; Pero da Ponte; Dante; Shakespeare; Quevedo; Pessoa....
16. Os meus heroes de ficción? Citarei a Frodo Bulseiro. O Castizo d'"A esmorga" (meu pobre).
17. As miñas heroínas de ficción? Beatrice (Shakespeare, "Much ado about nothing"). Marianne Dashwood (Jane Austen, "Sense and sensibility").
18. Os meus compositores preferidos? Cito algúns, de memoria: Vivaldi, Händel, Beethoven, Mozart, Wagner. Lealdade a José Afonso e Lluís Llach.
19. Os meus pintores predilectos? Imposible. Cito a Tiziano e Goya, por dicir algo.
20. Os meus heroes da vida real? Complicado cualificar carne e óso. Probablemente algún misioneiro e teólogo da liberación. Neste noso país tamén hai comportamentos que se cadra se aproximan ao heroísmo; pero non quero entrar en detalles.
21. As miñas heroínas históricas? Vou citar a Inge Scholl.
22. Os meus nomes favoritos? Xosé, Alfonso, Saleta, Rosalía, Alicia. As razóns son absolutamente particulares.
23. Que detesto máis que nada? Formas concretas de maldade. Que me tomen por imbécil tamén é relevante.
24. Que caracteres históricos desprezo máis? Os que encarnen dominación.
25. Que feito militar admiro máis? Eu non admiro ningún feito militar. A marcha sobre Acaba (de Lawrence de Arabia)? A actividade de Michael Collins en Dublin.
26. Que reforma admiro máis? Non lle sei dicir, seguramente está el por chegar ou eu por decatarme.
27. Que dons naturais quixeras ter? A perspicacia sempre é de desexar.
28. Como me gustaría morrer? Arestora, coma o pai de Jorge Manrique.
29. Estado presente do meu espírito? Introspectivo.
30. Feitos que me inspiran máis indulxencia? Todo o feito a boa fe.
31. O meu lema? Non hai. "Podías ser ti" é idea que sobrevén con frecuencia.

Xosé M. González ha detto...

Aclaración ao cuestionario no punto 25, elimínese "eu non admiro ningún feito militar".

Xosé M. González ha detto...

E outra corrección: no 21, onde di Inge debía dicir Sophie Scholl. Será mellor non o volver ler.

besbellinha ha detto...

con estes últimos comentarios sobre as respostas do cuestionario queda demostrado que cada día somos unha persoa distinta, eso si, sen perder a esencia que nos caracteriza.

que profunda que estoy, por dios.

arume dos piñeiros ha detto...

Moito obrigado, amigo González. Véxese chisco melancónico. Ha ser a primavera. Pero do seu cuestionario, quedo con esa mención a Shakespeare como poeta e coa miña dúbida sobre se vostede é lugués (vexo que non emprega o de lucense, que é marca de tantas carnicerías por Vigo e Coruña, de prestixio, obviamente) intramurallas ou extra, aínda que non sei por que me dá que é de polo parque Rosalía de Castro, que é ser moi lugués de dios.
E a propósito do inglés, como traduciría vostede ao galego o much ado about nothing que o facha aquel de Astrana Marín convertiu no español Mucho ruido y pocas nueces, que non está nada mal.

arume dos piñeiros ha detto...

Pois, Besbellinha, eu creo que somos varias persoas, porque como repases o que escribes xa nin te recoñeces. Ao menos, no meu caso. O cuestionario ten un punto de interrogatorio policial e xa se sabe que neses interrogatorios sempre mintes. Por natureza e, sobre todo, porque vemos moitas películas.

Xosé M. González ha detto...

Na miña condición e ortónimo non teño reparo en situarme: son lugués de San Roque, disque o barrio extramuradán máis antigo: alguén o data no século XVIII, que é en todo caso o da construción da capela. Nacín a cen ou cento e pouco metros da muralla.

Sobre a obra shakespeareá: teño dúas copias da excelente película de Kenneth Branagh; nunha delas, mercada en Portugal, traducen "Muito barulho para nada". Antes eu dicía "Moito ruído para nada", pero mudei: a nova mellora.

a.p.-c. ha detto...

É vostede un mal anfritión, amigo Arume. Porque non tivo a ben respostarme á proposta de tocarmos un blues con devantidos afeccionados que lle fixen hai uns días. :-(

arume dos piñeiros ha detto...

Ten vostede toda a razón, amigo APC: se vostede lle dá a guitarra eu podo darlle á voz derrotada e mais a unha harmónica blusera para cantar, por exemplo, It was sad when the great ship went down. É imposible mellorala. Nin Leadbelly podería igualarnos.

a.p.-c. ha detto...

Remato de ler nun blog, dun "culturetismo" ostentosamente exacerbado e dun esquerdismo estetizante até a extenuación, e do que omitirei referencia, no que o seu autor, contestando ao cuestionario, e no apartado de heroinas, cita a Edén Pastora.

E eu pregunto, facendo gala da miña supina ignorancia, e logo quen respondía por ese nome non era un home -non unha muller- que fora comandante sandinista e que despois se pasara á "contra"?

arume dos piñeiros ha detto...

Carainas, APC: eso si que é culturetismo. O exemplo de Edén Pastora é o dun tras-vestismo al-tamente ba-tracio. Mamma mía. Supoño que vostede, amigo APC, non volverá por esas selvas verbeneiras. E polo que se ve, haberá que ir con cuidado polo Burgo das Nacións s/n.

a.p.-c. ha detto...

Ultimamente estou tan obtuso (digamos desde que fixen a primeira comunión) que non entendín nada nadiña do que me di, amigo Arume.

arume dos piñeiros ha detto...

En efecto, o meu non chega nin á categoría de parida. Como vostede non quería dar o nome do blog eu fixen unha adiviña, moi mala polo que se ve, sobre o autor e a súa procedencia. Un dos posts últimos deste cultureta falaba de que escribía desde a biblioteca de Filoloxía, suponse que de Santiago. Pero non sei. Quizáis con estes datos, poda recompoñer a miña ninsiqueraparida. Perdoe, meu benquerido amigo APC.

a.p.-c. ha detto...

É que eu non lle teño o pracer de coñecer, nin sequera por lonxana sospeita, quen pode ser ese señor filólogo-filósofo. De feito, só lle teño botado unha visual ao seu blog dúas ou tres veces, suficientes, penso, para tipificalo como o tipifiquei.

Pero pareceume curioso, moi curioso o de Edén Pastora. Quizais é que manexa unhas claves mistéricas que eu, coitado de min, non son quen de alcanzar. Quizais non, con total seguridade.

biografía ha detto...

Edén Pastora

Militar, político y guerrillero nicaragüense nacido en Netapa (Ciudad Darío) en 1936, conocido con el sobrenombre de "comandante Cero" cuando lideró la guerrilla sandinista que acabó con la dictadura de Anastasio Somoza. Años después fue un miembro destacado de la llamada "Contra nicaragüense", movimiento paramilitar organizado para derrocar a la revolución sandinista.

Edén Pastora estudió en un colegio jesuita antes de ingresar en la Universidad mexicana de Guadalajara donde realizó algunos cursos de la carrera de Medicina. Después de los incidentes producidos en julio de 1959 en la ciudad de León, que costaron la vida a cuatro estudiantes y heridas a más de un centenar de personas, abandonó sus estudios y regresó a Nicaragua para participar en la lucha armada contra el gobierno somocista. La adolescencia de Pastora había estado marcada por un profundo rechazo al régimen del dictador desde que la Guardia Nacional asesinara a su padre cuando el joven Edén tenía sólo siete años.

Así, el 22 de agosto de 1978 lideró el movimiento guerrillero que tomó al asalto el Palacio Nacional de Managua y, durante varios días, mantuvo retenidos a más de un millar de responsables políticos afines a Somoza para exigir la liberación de los presos políticos. Consiguió su objetivo y aquel día nació la leyenda del comandante Cero.

Dos meses más tarde, el líder del movimiento sandinista, Daniel Ortega, nombró a Pastora jefe del Estado Mayor General del Ejército insurgente. Confirmado en 1979 el triunfo de la revolución sandinista, el comandante Cero asumió el cargo de viceministro en el departamento de Interior ocupado por Tomás Borge. En el mes de julio de aquel año recibió también el nombramiento de primer jefe nacional de las milicias del Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN) pero no fue integrado en la Junta Militar de los nueve comandantes encargados de dirigir el país tras la dictadura.

El idilio de Pastora con el FSLN se tornó pronto en franco enfrentamiento. Su manifiesta rivalidad con los líderes políticos de la revolución, fundamentalmente con los hermanos Ortega, se hizo pública el 8 de julio de 1981 cuando renunció a sus cargos como viceministro y jefe militar y acusó al gobierno sandinista de haber cambiado la orientación de su proyecto inicial hacia los planteamientos comunistas representados por Cuba y la Unión Soviética. Tomó el camino del exilio hacia Panamá primero y Costa Rica después.

En abril de 1982 anunció su ruptura radical con el gobierno nicaragüense y la creación de una fuerza de oposición que, sin descartar acciones militares, lucharía para derrocar al ejecutivo sandinista. Los comandantes de la Junta Militar contestaron su desafío desde Managua con una condena a muerte.

Desde su base en Costa Rica, Edén Pastora constituyó el llamado Frente Revolucionario Sandino, grupo armado en el que consiguió reclutar a más de un millar de combatientes y que, antes de acabar 1982, adoptó el nombre de Alianza Revolucionaria Democrática (ARDE). Convencido de que sus antiguos compañeros de guerrilla habían prostituido el espíritu de la revolución, peregrinó por Europa y América Latina en busca de ayuda para combatir a los sandinistas. El presidente panameño Omar Torrijos se convirtió en uno de sus mentores y encontró en las arcas estadounidenses la principal fuente de financiación para su proyecto.

La Agencia Central de Inteligencia de los Estados Unidos (CIA) había empezado a orquestar en 1981 un movimiento contrarrevolucionario encargado de organizar operaciones militares contra el gobierno sandinista. El liderazgo de la Contra nicaragüense se lo repartían dos grupos principales: los somocistas de la Fuerza Democrática Nicaragüense (FDN) y la Alianza Revolucionaria Democrática (ARDE) de Edén Pastora. Cuando se planteó la posibilidad de que ambos frentes coordinaran sus acciones bélicas contra el enemigo común, el legendario comandante Cero optó por abandonar ARDE. Su negativa a fusionar su guerrilla con los combatientes del FDN debilitaba el avance de la Contra y Pastora se convirtió en un personaje incómodo para los intereses de los servicios secretos norteamericanos.

En abril de 1984, había conseguido alcanzar la costa atlántica nicaragüense y establecer la República Libre de San Juan del Norte, aunque su proclama resultó efímera porque las fuerzas gubernamentales tardaron sólo unos días en desalojar al "comandante". El 30 de mayo de 1984 sufrió un atentado con bomba en el que murieron once personas, cuando celebraba en la localidad de Pencas, próxima a la frontera costarricense, una rueda de prensa en la que había previsto denunciar las supuestas presiones que recibía de la CIA para abandonar la lucha armada.

Pastora y su esposa Yolanda salvaron la vida aunque salieron del país con múltiples heridas. Dos años después del atentado, anunció su renuncia a la acción militar y pidió asilo en Costa Rica. Junto a una veintena de antiguos combatientes de ARDE creó una pequeña empresa pesquera en Samara y retomó así una de las pasiones profesionales que le han acompañado durante toda su vida.

En aquel momento, hacia noviembre de 1986, estalló en Estados Unidos el escándalo Irangate que implicaba a miembros del Consejo de Seguridad Nacional en operaciones ilegales de venta de armamento a Irán, cuyos beneficios se desviaban para financiar a la Contra nicaragüense. En mayo de 1987, Edén Pastora reconoció públicamente que la CIA le había suministrado material de guerra y acusó al teniente coronel Oliver North, directamente implicado en el Irangate, de estar detrás del atentado que sufrió en Pencas en 1984. Investigaciones posteriores responsabilizaron a los servicios de seguridad sandinista del ataque aunque otras fuentes no descartaban la intervención de la CIA en el intento de asesinar a Pastora.

Comenzaban por entonces las negociaciones de paz entre el gobierno de Daniel Ortega y los grupos contrarrevolucionarios y en febrero de 1990 se celebró un proceso electoral coordinado por la Comisión de Verificación y Apoyo Internacional de la Organización de Estados Americanos (OEA), de la que formaban parte cinco presidentes de los países del área. Pastora había regresado al país en diciembre de 1989 y participó activamente en la campaña electoral en favor del Partido Socialcristiano (PSC), liderado por Erik Ramírez, aunque la victoria recayó finalmente en Violeta Barrios de Chamorro, candidata de la Unión Nacional Opositora (UNO).