Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 aprile 2010

MESSI


Non sei se nos estaremos avezando moito a este prodixio que xoga como aqueles compañeiros da escola que chupaban balón nos recreos e que, por suposto, pediamos de primeiros cando correspondía elixir equipo. Pero o caso é que esta semana serviu un par de felicidades eufóricas que lembraron o pouco adolescente que deixo de ser chegado o caso que chega case sempre. Aínda queda que sufrir de aquí a maio. Pero por estes días de pracer vendo ao mellor xogador de fútbol que teño eu visto na miña vida que me quiten lo bailao.

6 commenti:

Turmano ha detto...

Claro, e o moi cabrón non podía ser Messiconaindía ou Messicoetxea, non. Cabrón, máis que cabrón.

Turmano ha detto...

Agora que o tal Messi vai ter que tirar de vídeo para ver como un tal Javi Martínez fai o "triciclo" dentro da área.

Turmano ha detto...

Aquí está http://www.youtube.com/watch?v=1K4EWtwjRx8
Hai que avanzar ao minuto 4 do resumo. Se mete eso Messi... (ou o tal Cristiano Nonaino) Pero claro: tan bos non son.

Teotónio L. de Sousa ha detto...

Sen dúbida, amigo Arume, o Messi é o mellor xogador de fútbol hoxe en día, e o sábado amosouno unha vez máis. Tamén é certo que xoga no mellor equipo do mundo, así que agora só lle queda gaña-lo Mundial cunha Arxentina que, se o Maradona tivese o que cómpre ter, construiría a selección ao seu redor...

Eiquí nos Estados Unidos, eu tamén vin o partido e mesmo escribín unha entrada sobre o asunto no meu blog:

http://teimasdungalego.blogspot.com

Unha aperta,

O Teotónio.

detective crepuscular ha detto...

Hoxe, Màrius Serra, publica en La Vanguardia ADJETIVOS PARA MESSI, onde dá conta da "modesta aportación de casi 600 adjetivos (en dos entregas y sólo en lengua castellana, de momento) que sirven para definir a Messi (y a este Barça) en todas sus facetas", e onde ademais dos consabidos e repetidos por todos nestes tempos de excelencia blaugrana aparecen algúns ben curiosos como AGALLUDO, CUBISTA, ARGUMENTOSO, ENSAÑADO, FAENERO, FECUNDO, FIERABRÁS, FUTURISTA, así como outros que eu nunca antes lera, como ALARIFE, BARBAZORRO, BIZBIRONDO. Para que logo digan que xa non hai adxectivos para cualificar a excelencia desMESSIurada do arxentino formado na canteira do Barça. Que semanas de entusiasmo e satisfacción, don Arumes, que aínda non dá tempo de disfrutar dos cuatro ao Arsenal e xa veñen os dous ao Madrí. Hai días que tiñan que durar toda unha eternidade. Veña, don Arumes e demais contertulios, a emborracharse de adxectivos. E como nos anuncia o Màrius no remate do artigo adxectival, mañá segunda parte do MESSICCIONARIO, da G á Z.

Xaime ha detto...

bah!, eso comparado con algún que sei eu que non so mete na porta contraria senón tamén na súa.