Anuncia Settecento, outra novela histórica desenvolta na Venezia de Vivaldi.* Os seus seareiros estarán de noraboa, aínda que inquedos, pero xa estou pensando en por qué estas novelas non son inmediatamente trasladadas a outros idiomas onde o seu talento poda ser tamén recoñecido.
Sinto nestes casos de encomio ser o seu amigo (coñecino gracias a este mundo extraordinario de Internet e despois de ler os seus libros) porque o eloxio pode ser entendido como parcial. Será imposible borrar tal sospeita, salvo que crean na miña imparcialidade de criterio como cuestión de fe. Pero tamén é certo que eu desfruto cos éxitos dos demáis, porque nada é máis estimulante que sentirse partícipe do pracer que outros sinten ao ser recompensados os seus esforzos.
*Teis, ano 2010, está agardando pola súa novela histórica, amigo Marcos. Jejeje.
2 commenti:
súmome aos parabéns, e agardo cunha paciencia obsesiva esas outras historias que estimularán aínda máis o meu pracer pola lectura.
Graciñas Arume polos afagos. Ese alcume que sacou da manga, Marcos de Teis, é xenial, xa penso tirarlle pratido na miña próxima aventura literaria. Mágoa que teña que agardar ata finais do 2010 ou comezos do 2011. O ano que ven, polo menos ata setembro, xa o teño completiño, durante estes meses vivirei o sño de sere un escritor cuasi-profesional.
Posta un commento