Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 aprile 2011

DESGRAVACIÓN PARA RICOS


Quedei pampo co espilido (e inmoral) que chega a ser o persoal deste país. Cóntanme que nunha cidade non moi lonxana de onde vivo algunhas familias teñen a posibilidade de levar aos seus fillos (masculinos) a colexios privados de ideario relixioso cristiano a cambio non dun pagamento directo ao colexio polos servizos prestados senón en concepto de doazón á fundación x que sostén ou está detrás da institución (infamemente chamada) educativa. Con isa pequena circunvalación tributaria, os gachís desta cristiandade de fomento inmoral desgravan oportunamente a facenda e alivian, a cambio dos impostos dos demais, o estipendio da formación do espíritu (nacional) dos seus vástagos (masculinos).
Anos de democracia e a segregación social en función do ensino elixido camiña rampante sen que a socialdemocracia e o centroesquerda deste país fagan nada por evitalo.

Nessun commento: