Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 aprile 2011

ELECTRO LÓPEZ PECHA


Silicona, parafusos, porcas, alongadores, cables, tixolas, ladróns, interruptores, martelos, bombillas, plafóns, pegamento e arranxos ocasionais de cables de pranchas e de tostadoras. Quince anos de visita máis ou menos frecuente na súa tenda obradoiro de Serafín Avendaño. Marchounos López: xubilouse o ferreteiro, o dealer de adminículos para o manitas que nunca serei pero que sempre procurei ser. Agora terei que buscar outros lugares onde mercar os cáncamos e as brocas do seis, sen a súa sarcástica retranca, sen o seu modo Laudrup, mirando a outro lado, de pasarche un enchufe femia, sen o seu xeito espilido de sumar restando (gracias polos descontos constantes) nuns papeis mínimos recortados do xornal.
Déase, amigo López, ao xúbilo durante a longa vida que lle desexamos todos os materiais funxibles da miña casa. Eu incluido.

2 commenti:

bemsalgado ha detto...

Um a um acabam por fechar todos.
Xa só nos fica LeRoyMerlin, que nem é rei nem mago, e a quem só interesa os nosos cartón de crédito e código postal.

cialis ha detto...

Cialis

Dopo le droghe come Viagra e Cialis ha rivoluzionato il trattamento di disfunzione sessuale maschio verso la fine degli anni 90, un turbine di neve dei test clinici sono stati condotti in donne nelle speranze che le droghe potrebbero fare lo stessi per fare rivivere l'azionamento di sesso diminuente della donna.

http://www.medicinaligenerici.com/