Caxigalines nella Reguera'l Campizu

5 maggio 2017

NÁPOLES 1

Hai apenas cinco días que regresei de Nápoles. Pasei alá case un mes, vivindo nun apartamento no barrio de Sanità. Un barrio como gustan de chamar os napolitanos popular, pero que, para o quen o visita por primeira vez, pode suxerir outras categorías. Non vivía no núcleo do barrio senón máis ben nunha das rúas que o atravesan, con aire de antiga canle de río que baixa de Capodimonte. De feito, un dos días baixei do museo polas pendentes do barrio por lugares que ofrecían unha vasta vista da Campania máis chá. O apartamento estaba nun primeiro piso pero tiña saída sobre un patio amplo, rodeado doutras vivendas con balcóns xenerosos de prantas e roupa a secar e sobre todo dunha alta muralla que convín en considerar medieval, século XIII por apurar algo, que servía de horizonte. No patio florecía un limoeiro e unha laranxeira, entre xeranios e rosas, que me comprometín a regar. O lugar antollábaseme estrano pero axiña, como case todo en Nápoles, tornouse familiar. 
Cheguei un sábado despois de comer e non tardei demasiado en saír á rúa a saborealo todo. No camiño cara á casa pasara polo eterno mercado da via Vergini, aberto todos os días con desigual afluencia. Para saír de casa, preferín volver sobre os meus pasos e ver con máis calma aquilo. A voráxine é a velocidade habitual da vida napolitana, o vértigo, o frenesí. Non é fácil deterse nin poñer a proba unha certa compracencia visual. Debe un ollar as cousas como de esguello, velozmente, mesmo con disimulo, porque pararse revela en certo modo unha especie de desprezo, froito da incredulidade ou do abraio. Asombrarse é o normal para quen o visita de primeiras pero convén defenderse desa inclinación para non parecer molesto ao que habita con naturalidade aquelas rúas. O mercado napolitano, aínda que non difire en exceso doutros mercados igualmente ateigados e fértis, merece capítulo aparte pero polo de agora só direi que foi preámbulo da primeira visita artística: o Palazzo dello Spagnolo, un fermoso e singular edificio ao parecer concibido como posta luxosa para o camiño que levaba no século XVIII e XIX a Capodimonte desde Nápoles. O nome, ao parecer, débese a un propietario moderno de orixe española que o habitou unha longa tempada. Debe a súa fama tamén á beleza da súa escaleira e das hornacinas que conteñen bustos elegantes do século XVIII. Non sei se non deberá tamén a súa fama a que convive a excelencia das súas formas co feito, por outra banda xeral de Nápoles, de que no patio crecen sen medida as malas herbas e xogan ás cartas grupos de napolitanos que consideran necesario poñer escenarios fermosos aos seus timbas ao settebello, esa escoba italiana que dá fundamento ao sete de ouros, o sete velos da nosas vellas memorias de tafures.

Hace apenas cinco días que regresé de Nápoles. Pasé allá casi un mes, viviendo en un apartamento en el barrio de Sanità. Un barrio como gustan de llamar los napolitanos popular, pero que, para el que lo visita por primera vez, puede sugerir otras categorías. No vivía en el núcleo del barrio sino más bien en una de las calles que lo atraviesan, con aire de antiguo cauce de río que baja de Capodimonte. De hecho, uno de los días bajé del museo por las pendientes y laderas del barrio por lugares que ofrecían una vasta vista de la Campania más llana. El apartamento estaba en un primer piso pero tenía salida sobre un patio amplio, rodeado de otras viviendas con balcones generosos de plantas y ropa a secar y sobre todo de una alta muralla que convinimos en considerar medieval, siglo XIII por apurar algo, que servía de horizonte. En el patio florecía un limonero y un naranjo, entre geranios y rosas, que me comprometí a regar. El lugar se me antojaba extraño pero pronto, como casi todo en Nápoles, se me hizo familiar. Llegué un sábado después de comer y no tardé demasiado en salir a la calle a saborearlo todo. En el camino hacia la casa había pasado por el eterno mercado de la via Vergini, abierto todos los días, con desigual afluencia. Para salir de casa, preferí volver sobre mis pasos y ver con más calma aquello. La vorágine es la velocidad habitual de la vida napolitana, el vértigo, el frenesí. No es fácil detenerse ni poner a prueba una cierta complacencia visual. Debe uno mirar las cosas como de soslayo, velozmente, con disimulo incluso, porque pararse revela en cierto modo una especie de desprecio fruto de la incredulidad o el asombro. Asombrarse es lo normal para quien lo visita de primeras pero conviene defenderse de esa inclinación para no parecer molesto al que habita con naturalidad aquellas calles. El mercado napolitano, aunque no difiere en exceso de otros mercados igualmente abigarrados y fértiles, merece capítulo aparte pero ahora solo diré que fue preámbulo de la primera visita artística: el Palazzo dello Spagnolo, un hermoso y singular edificio al parecer concebido como posta lujosa para el camino que llevaba en el siglo XVIII y XIX a Capodimonte desde Nápoles. El nombre, al parecer, se debe a un propietario moderno de origen español que lo habitó una larga temporada. Debe su fama a la belleza de su escalera y de las hornacinas que contienen bustos elegantes del siglo XVIII. No sé si debe su fama a que convive la excelencia de sus formas con el hecho, por otra parte general de Nápoles, de que en el patio crecen sin medida las malas hierbas y juegan a las cartas grupos de napolitanos que consideran necesario poner escenarios hermosos a sus timbas al settebello, la escoba italiana que da fundamento al siete de oros, el siete velos famoso de nuestras viejas aficiones de tahures.    

Nessun commento: