23/12/09
22/12/09
LABERINTO DE IDA E VOLTA
Non sei pero estas anotacións sobre a Librería Galdós de Vigo merecen estar aquí. Non sei como cheguei a esta conclusión.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
09:50
2
comentarios
21/12/09
BARES DE VIGO: A PROA

Había xa bastante tempo (unha semana máis ou menos) que non entraba no Proa de Canceleiro, gobernado con temple cachazudo por Carlos, acompañado pola espilida Montse e cociñado desde galeras por Mónica. O local estaba cheo. Tamén era venres e día de despedidas de ano laboral e ceas de empresa varias e iso se notaba. Non paramos a cear: tan só picamos unha ración dun extraordinario xamón que adoita traer de Teruel que non desmerece un ibérico. Os viños que ofrece son moi limitados, pero todos son de altura respetable.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
20:15
1 comentarios
17/12/09
BALTARISMO FOREVER
A cantilena do centro dereita galeguista quedou esclarecida con todo luxo de detalles esta semana coa anunciación da renunciación de Baltar pai, co artigo encomiástico de Rafael Cuiña en Vieiros ao baltarismo e limítrofes, co toque de retreta do Baltar pai e coa presentación american style de Baltar fillo (merengón a carta cabal, por riba) a renglón seguido e sen mediar a prudente distancia para disimular o gasto en empresas gráficas de propagandismo electoral. Aos que gustan de insistir na necesidade de cubrir o espectro ideolóxico da dereita (sexa conservadora, sexa liberal, tanto ten tanto nominalismo estéril para estes ideólogos, porque o seu camiña por outros vieiros de contentación permanente do cada vez máis fatigado electorado) en clave galeguista (xa parece que pasei pola academia de politoloxía), velaí o resultado: unha taza ou cunca e media do mesmo. Cando o españolismo, urbanitismo, birretismo do PP, encarnado por figuras emerxentes do tipo Rueda, Negreira, Guerra ou Porro ocupa san caetano e hórreo, aparecen os de sempre para lembrar que os lugares remotos, as minúsculas aldeas, as pequenas parroquias, os disminuidos concellos, as numerosas comarcas, a provincia enteira (cada vez máis reunida na capital ou baleirada de xente, cunha renda per cápita tan reducida coma a propia poboación) son deles e que sempre será deles cun solo e leve toque de teléfono, agora que as tecnoloxías mesmo permiten cunha soa chamada poñer en ringleira a toda unha tropa de acólitos.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
19:12
20
comentarios
16/12/09
NOTAS FEISBUQUIANAS SOBRE INVISIBLE DE PAUL AUSTER

Notas sobre Invisible, de Paul Auster.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
21:09
3
comentarios
15/12/09
VIGO MON AMOUR 2

Necesito ter máis datos (económicos, sobre todo) arredor da actuación do concello na restructuración da Porta do Sol, pero o aspecto final, tras os meses de traballo, merecen o meu aplauso sincero. Non só o punto concreto da vella porta de saída para Ourense (ou para Castela ou para onde fose), senón a rúa curva de Elduayen (unha desas xoias urbanísticas, a propia liña curva, que calquera cidade mimaría) ata o mirador da oliveira. Como agora aínda non está restituido o tráfico por completo dá gusto pasear por aqueles novos lugares e contemplar a beleza da pedra en Vigo. Hai moitas tendas, moitos locais baleiros, signo da decadencia vella da zona pero tamén do estrago da crise actual, pero confío en que esta remodelación anime a ocupar un dos espazos máis senlleiros da cidade. É certo que algunha arbre (e frondosa a ser posible) podería engadirse a todo o conxunto, en especial á esplanada que se abre a carón da praza da Princesa, pero non podo máis ca felicitar aos responsables desta transformación notable e, agardo que duradeira, desta parte fundamental de Vigo.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
22:03
5
comentarios
LONDONCOLIN
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
00:01
2
comentarios
12/12/09
PROTOEPITAFIO DO BLOGUERÍO
O 24 de setembro foise Landoas; o 27 de novembro escribiu nota póstuma As túas balas. Leo con tristeza (xa sen irritación) os derradeiros comentarios en As uvas; asisto a acres polémicas que enturbian a fertilidade do debate en blogs que admiro; desisto dos que, demasiado afeitos ao incienso, proscriben ou negan ao discrepante: repaso algúns excelsos, sen apenas comentarios, solitarios oases de reflexión; esquivo os que proclaman como gurús a verdade da heterodoxia, coa concorrencia de sextasílabos inventados; despabilo con Desafogos arrebatados, demasiado infrecuentes; borro das lecturas os monótonos fungares sobre o mesmo queixume de pino; quedo con poucos pero doctos blogs xuntos, cada vez tristeiramente menos.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
16:40
8
comentarios
11/12/09
VENRES DE PAIXÓN

Mentres escoito Ventiquattromila baci de Celentano e miro ao ceo limpo desta tarde de outono, unhas doces mans de frenético amor e uns ollos volcánicos, verdes como o mar de Capri, espiden este meu corpo totalmente entregado...
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
16:16
4
comentarios
10/12/09
AMOR Á PATRIA
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
16:05
14
comentarios
08/12/09
LETAL IDENTIFICACIÓN GALEGO-GALICIA

Vexo o escaparate de Gami, un das librerías de barrio que máis fan pola cultura dunha cidade. O escaparate, renovado a cada pouco na esquina de Canceleiro con Rosalía de Castro, presenta as novidades editoriais con puntualidade ben eficaz. Desta vez, o conxunto resulta especialmente atractivo, pero dun tempo a esta parte observo que os dous pequenos anaqueis destinados aos libros escritos en galego se reducen a apenas un e neste ademáis atópanse libros de tema específica e intensamente galego. Pero dos outros, excluidos os escritos orixinalmente en castelán (poucos, e case todos de ficción novelesca ou relato histórico, todo hai que dicilo), a meirande parte está escrita en español. Biografías de Paul Newman e John Lennon, diarios de Vassili Grossman editados por Antony Beevor, historia do islam en Europa, manuais de supervivencia sicolóxica, monografías sobre pintura flamenca, análises sobre a situación económica, panoramas da cultura bizantina, diccionarios de política económica, sen contar os gorentosos volumes de fotografías artísticas ou atlas de marabillas. Ningún escrito en galego.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
16:59
8
comentarios
05/12/09
MARCOS DE TEIS
O amigo Alfaias, Folerpa, Marcos Calveiro, acaba de gañar o prestixioso Premio Lazarillo cunha novela escrita en galego. Neste mesmo blog fíxose gabanza admirada da súa última novela, Festina lente, e mesmo aventurei futuros éxitos porque entendía que o seu talento narrativo, sumado a un inusual dominio da lingua literaria, era merecente de honras varias. E así, este galardón non é un fito máis no seu extraordinario curriculum, senón a mostra de que estamos diante dun escritor de primeira categoría, que coa experiencia dos anos (ambición artística e poderío na escrita lle sobran) pode e debe ampliar cara fóra a imaxe da literatura galega, alén do dúo dinámico de Rivas e Toro.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
13:24
2
comentarios
04/12/09
OITOCENTOS GOLPES

800 entradas, mecajoendiola. Onte estiven (spielberg: este é un pequeno homenaxe parentético ao meu irmán) repasando algúns dos posts que fixen ao longo destes anos e quedei pampo. Nin eu lembraba moitos deles. Fixen eu isto? Preguntábame algo sorprendido. Supoño que esta especie de inmediatez (mesturada coa fraxilidade das memorias) xustifica o esquecemento ou, no mellor dos casos, a distancia. Todo por culpa de atopar eu nunha páxina italiana unha referencia a un antigo post meu que refire a un artigo que escribín en Gznación (trasladado como La Nación). Moito levo escrito, pensei. Canto me ocupará todo isto, en páxinas de a papel, coas marxes convencionais?
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
12:45
6
comentarios
03/12/09
O ANALFABETISMO CRISTIANO
Hai xa case 80 anos, nun día coma o de hoxe, 3 de decembro, un grupo de fascistas franceses (ultracatólicos, convén engadir neste caso) irrumpiu no cinema Studio 28 de París onde se proxectaba L'Age d'or de Luis Buñuel. Estragaron o foyer onde se exhibían varias obras dos autores máis salientados do surrealismo, expostas alí co propósito de defender a película de Buñuel do rexeitamento dos sectores máis ultramontanos, e botaron pintura á pantalla branca de proxeción. Nunha posterior publicación, como sinala Román Gubern e Paul Hammond no seu prolixo relato de Los años rojos de Buñuel (que estou a ler con sumo agrado gracias ás xenerosas brétemas), os surrealistas ofreceron imaxes da desfeita (entre outras a dun cadro de Dalí, propiedade de Paul Eluard, cortado con navalla), con glosas retranqueiras e comentarios especialmente intelixentes. De entre eles, o escrito sobre a foto da mancha de pintura no ecrán de Studio 28: "Le analphabétisme chrétien".
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
16:32
1 comentarios
28/11/09
XOGADORES DE CHICA

Cando escribía o post anterior, unha pequena historia ilustrou a miña inquedanza. A Voz de Galicia acababa de publicar a nova de que unha axencia lingüística da UE reprendía a política de Feijoo. De inmediato, todos os feisbuqueiros e feisbuqueiras preocupados polas propostas do PP en materia lingüística colgaron nos seus muros respectivos a referencia á nova. Houbo algunha persoa que, tras colocala, manifestou o insólito do caso, ao tratarse da propia Voz de Galicia, campiona en ataques á discriminación positiva do galego, como emisora do asunto. A miña desconfianza (que eu atribúo a deformación profisional, pero que entendo debería estenderse a calquera cun mínimo de curiosidade nesta clase de casos) fixo que buscara en Google o nome da oficina mencionada. Nun segundo puiden comprobar que a tal axencia era en realidade unha organización non gubernamental que elaboraba informes consultivos ao UE sobre o estado e a situación das linguas minorizadas. A propia web citaba varias informacións sobre manifestacións en Europa en defensa das linguas, como unha recente en Carcassone ou a do 18 de novembro en Compostela. Mirei precisamente esta nova e vin cómo esa noticia estaba presentada co espíritu agardado nunha oficina que precisamente trata de dar conta das dificultades destas linguas no contexto europeo. Por ningún lado atopaba o escrito de reprimenda, pero semellaba claro que non era unha axencia lingüística da UE quen escribía aquilo senón unha oficina non gubernamental preocupada por estes asuntos de modo particular. Nalgúns muros advertín eu mesmo que moi probablemente á Voz de Galica ou aos xornalistas tal información lles fora transmitida de forma errónea.
Argallado por
ARUME DOS PIÑEIROS
en
16:45
1 comentarios



