Fun a Lalín o outro día. Por inercia, rematei comendo cocido. Fun a un local afamado e, polo que nos deron, de xenerosidade abundante ata o pantagruélico e máis alá. Por suposto, nin cartas nin ostias: Cocido? Si. E aló que chegou todo, pero todo, todo. Cando digo todo, credeme: todo, incluidos terneira e polo, coma sempre sen explicación algunha. Por non falar dos postres: queixo marmelo orella filloa caña leitefrito e de regalo flan de café. Chupitos variados e cafés (coa cantilena consabida de máquina ou pota?). Todo: 25 euros por bandullo. Todo ben.
Pero
1. Os chourizos (ceboleiros e non ceboleiros, que para o caso tanto ten) estaban (demasiado) curados;
2. Os garbanzos eran king size e por ende insípidos;
3. O lacón, seco, amojamado;
4. A orella e morro do animal, que xa ten delicto, duros;
5. A terneira era de frebas áridas.
Comer comimos coma o que somos e non podo dicir que mal: o conxunto era notable baixo, mais quedei defraudado do mito lalinense. Penso dar nova oportunidade (pode alguén dicir que xa vamos de retirada cocidista coa primavera) pero confirmei algo fundamental: seguro que se come en Lalín o mellor cocido do mundo pero nin por ser en Lalin pode un comer un bó cocido. A Lei do Cocido de Lalín ten a propiedade universal con cambiar cocido e Lalín polo que corresponda.
Agora anímense a recomendarme, pero xa lles digo da miña exquisitez suma ao respecto: a priori, digan o que me digan, xa os teño tomado mellores.
Nessun commento:
Posta un commento