Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 maggio 2008

2 DE MAIO




A noite de Mieres é a noite da nosa mocidade. Contadas todas as noites alí pasadas quizáis non cheguen a vinte. Pero forman parte da miña educación sentimental por riba de moitas outras. Nelas co meu irmán César e co meu curmán Josín construimos inesgotables paraísos de diálogos infinitos entre afirmacións rotundas de caducidade ilimitada e discusións acaloradas cara ningures. Todo era un frenesí de verbas infundadas, nun esceario de escuridade e progresiva soidade, que só o camareiro do Eros (escai, madeira e videos porno ás doce da mañán para todos os públicos: lembran aquel tempo, finais dos oitenta?) paliaba coa enésima copa, case sen gracia. O Buraka, xa máis tarde, ou Il Gattopardo, xa na lontananza esquecida (un dos primeiros pubs de adorno hippy e estética modernísima de primeiros dos 70: con Chus Quirós de deseñador cando non existía aínda esta palabra), eran o taboado de parlaeres sen conto, de confesións a todo gas, de observacións obviamente disparatadas.


Volvín o venres pola noite a este último: por alí andaban varias xeneracións. Insólitamente xuntas: un home cun caxato, duns case oitenta anos, parellas de sesenta, solitarios de cincuenta, amigas de corenta, dobres parellas de trinta e algo, mozos sen lamber de vinte. Alí estaban: coma sempre. Tratando, ata o final da noite. Falando sen parar ata o final desta vida.

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Pois si. Naqueles bares con tocturnidade e alevosía, ademais de ver títulos míticos como "El que se desnucó por vérsela", tamén fumos conscientes por vez primeira das nosas moitas limitacións cando vimos a aquel tipo practicar(se) unha autofelación.

Anonimo ha detto...

Ah! Felicidoides. Bótalle unha ollada ás fotos de hai 19 anos. Superado o impacto, escarállaste.

Anonimo ha detto...

Carretera la de Miereeeeees
cuando yo la paseabaaaaaaaa
Ejem...
PREMER.

Anonimo ha detto...

Non sabe vostede o que me acaba de descubrir, amigo da Cova, nada menos que o lugar onde nos estrelamos meus pais e eu de pequeno: nas costas do Padr�n, entre Mieres e Oviedo.

Anonimo ha detto...

Pois vaia mala pata, tiven. Joer. :(