Na tertulia do Filipo (con dúas guest stars de luxo e a ausencia occam) hoxe saiu o tema da crítica literaria xornalística. Algúns xa estarán pensando en que iso da crítica xornalística é unha redundancia (non coma o meu arume dos piñeiros, que é pleonasmo, como ver cos meus propios ollos) xa que fóra das publicacións diarias non hai crítica literaria. Vale. Pois ao que íamos: que discutimos diso. Non chegamos a discutir. Falamos de conflictos de intereses: creadores que fan crítica, críticos (ía escribir cítricos, pero menos mal que rectifiquín) que lle dan esporádicamente á invención. Quitamos nomes, que non veñen ao caso. E, a partir dalí, rajada criminal, que tampouco ven ao caso. Que se fulaniño, a outra, a de máis alá, o ghicho aquel. Que tampouco veñen ao caso. Os nomes eran coñecidos, para que nos imos enganar. Pero coñecidos de carallo. Pero tampouco é cuestión de facer sangue tamén polo blog. Pasámolo ben: despelexarmos así cun café e un churro diante (con perdón) mal non fai a ninguén. Pero teño que confesar unha cousa: era tarde e quedou medio sistema da crítica literaria sen avaliar. Para a vindeira vai o resto. Hoxe quedamos no F.
Obradoiro de E. Baamonde. Foto miña.
1 commento:
Dise o pecado pero non o que máis importa: quen son os pecadores.
Posta un commento