Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 gennaio 2008

SUXERENCIAS VIAXEIRAS


Estou indeciso: quero largar polo entroido (non mi piace molto, para sermos sinceiros) e non dou conseguido atopar sitio onde ir. Se a viaxe é barata, o aloxamento é carísimo; e viceversa. Ando entre Londres e Londres, pero non son quen de decidirme. Tamén teño a posibilidade after Padornelo en coche, pero é verdade que os días tan curtos non favorecen andar por eses camiños invernais. En Salamanca, xa coñecida, poucas cousas se perderon e ademáis os prezos dos hoteis son máis caros que en Londres, por moito que digan. En Valladolid son máis baratos, pero que fago eu en Valladolid en pleno febreiro aparte de ver a praza maior e estar todo o día a cafés para recuperar o alento? León estaría ben, pero a última vez que estiven alí corriamos pola noite de pub en pub para non ficar xiados no medio das rúas. Tamén podiamos acercarnos ata Asturias: é boa baza, pero como lugar para descubrir semella xa bastante difícil. Para Portugal xa non viramos: ás cinco ou seis da tarde pecha todo, á europea, e a durmirmos. Non estaba mal esta opción, pero arruinarse por sobar sabas lisboetas é excesivo. Os avións esculcados van desde un clásico Barcelona (cos prezos polos cirros), a mesma Madrid (cun frío desalentador), o París sempre tan perto de Vigo vía Citröen, e, sobre todo, Londres. Mirei para Berlín, pero o avión debe de dar unha volta polo mundo adiante antes de chegar a Alemaña: non baixa de 10 horas a tournée de dios. E se perdo case 20 en tres noites, pois xa me dirán. Total, que mentres escribo este desafogo persoal, ando na percura de traxectos, hoteis e outras variedades. En fin. Xa lles contarei como foi. Polo de agora, agradezo suxerencias.

23 commenti:

occam ha detto...

déixese de viaxes que non lle van dar acougo. únase a troula carnavaleira e fique con nos en Xinzo. Só unha condición: é obrigado non repetir o atuendo dous días seguidos. Nos xa escomenzamos o domingo pasado co fareleiro.

Mire se son aficionado que lembro un ano que volvín cagandohostias de Francia para a troula do martes, e despois de 16 horas continuadas de coche estiven outras tantas de festa.

Pois mira que non haberá oportunidaes e tempo para ir a Londres ou a donde sexa sin que coincida co entroido!!!

arume dos piñeiros ha detto...

Precisamente, amigo Occam. Lonxe do Entroido. O máis lonxe posible.

apicultor ha detto...

Non aturo o Entroido. Ningún. Eu tamén teño que ver de fuxir neses días. Agradecería moito que fose dando datos concretos da xestión de Londres. Se non é no Entroido será en Semana Santa, pero deste ano non pode pasar. Hai máis de dez anos que non volvín e teño gañas.

arume dos piñeiros ha detto...

Comparto con vostede esa intolerancia co Entroido: dame alerxias. Pero, en fin, ao que vamos: xa lle manterei informado. Polo de agora, nada.

Xoan da Coba ha detto...

Precisamente eu dormín en Xinzo (no "Xinzo") a noite do sábado ó domingo, tras unha noite de esmorga. Pensabamos divertirnos, miña dona i eu, có "fareleiro" , pero chovéu a cachón...
Arume: non séu se coñece Zamora capital, tal e como está agora. A parte vella, moi cuidada e restaurada . É destino estupendo pra un par de días. Moito arte e moita historia, xa sabe. Curcuitos turísticos guiados, etc... Ademáis, xusto antes da Semana Santa, que é cando non se cabe alí.

nonhaicartos ha detto...

ven a barcelona que pasa desapercibido e case non se celebra

arume dos piñeiros ha detto...

A bella Zamora está descartada polo de agora. Barcelona está no meu pensamento desde sempre: pero non hai partido do Barça. Ghe, ghe. Iso condiciona.

apicultor ha detto...

Teño un problema, Houston.

Estou practicamente cercado e non acado consenso. Moito me temo que terei que pasar os días de Entroido pechado, coma un eremita postmoderno.

arume dos piñeiros ha detto...

Eu teño varios e o principal consiste no procedemento clásico do meu pensamento yenkián: Barcelona, Barcelona, Londres, Londres, adelante, detrás, un, dous tres.

Doniña ha detto...

Se dispón de catro a cinco días ,eu suxírolle que se achegue ata Andorra. Pode atopar, ademais de deporte ou natureza, que a oferta de hoteis, diversión nocturna ou gastronómica é moi ampla, e sobre todo as tendas... Gustando comprar hai de todo: aparellos informáticos , perfumes , bombóns, bueno xa sabe. A viaxe case todo autovía ( dende a miña casa claro).Quen poidera!

occam ha detto...

Pero mira que sodes b/&$/&%)(%%

Arumes, o que lle pasa e que non probou a transgresión. Esta reprimido e encorsetado e non é quen de dar o salto. Saia do armario dos culturetas que teñen que manter esa requintada dignidade mecajoendiola. Desmelénese, transfigúrese, travestícese, únase ao aquelarre, entre en catarse con nos.

Por si cambiara de opinión resérvolle un disfraz dos meus

apicultor ha detto...

Disinto de Doniña: Andorra é un espanto. Agás que che guste esquiar, e moito, non te achegues.

Xaime ha detto...

Segovia, Arume.
Torrecaballeros, para jalar, e Riofrío, La Granja, Riaza, O Duratón e tódolos arredores son distintos o dos outros sitios.

arume dos piñeiros ha detto...

Aparte de aborrecer o entroido, non entendo esa cousa da transgresión cando todo o mundo fai o mesmo. E menos soporto a eses que só son simpáticos os días de troula programada.

apicultor ha detto...

Tiroume as palabras da boca, Arume. Exactamente penso así e utilizo exactamente o mesmo argumentario.

Non aturo o típico tío (ou tía) muermo total que o día de Entroido tenta ir de simpático e de alegre, cando, en realidade, o único que consegue é que che entren gañas de miccionar contra a parede dunha obra mentras, a modo de contaxio da súa esencia anodina, che entra unha modorra existencial considerable, que só remite cando pasa, por fin, o Entroido.

Doniña ha detto...

Canta razón ten Don Api! Eu tampouco resisto que por decreto teñamos que ser anxos polo nadal, felicísimos no fin de ano , e graciosos no entroido.Pero o de Andorra ( en datas que non acuda "moita masa" )... aí se que non coincidimos. Espanto, para min, pode ser Benidorm.

r.r. ha detto...

¡Baaarcelooonaaaaaaaaaaaaaa! Coincido con nonhaicartos.

E leva un partido do Barça gravado nun DVD, aforra dúas horas para pasear polas prazas de Grácia e acordarse de min e, como diría o mestre dlH61, atomápolocú.

Saúde e boa viaxe.

occam ha detto...

O que é simpático é simpático sempre. Pero o que non se pode sempre é ir disfrazado de María Antonieta a traballar, especialmente se o traballo é cara o público.

Pero o que vexo é que eiquí io que acontece é ir contracorrente. A cousa é que si a xente esta de troula pois eu non, porque sí.

Pois non pode ser así porque esta troula do antroido é precisamente coral, social e colectiva.

De todos modos qué sería do antroido sen ese tío serio ao que lle tomar o pelo...

arume dos piñeiros ha detto...

Coral, social e colectiva tamén era a Sección Femenina.

occam ha detto...

En efecto, eu tamén gosto moito da sección feminina, ainda que a prefiro enteira

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Tot el camp
es un clam.
de la gent blaugrana...
Barcelonaaaaaaaaaaaaaaa.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Se, amigo Apicultor, aínda está a tempo para convencer a eses fanáticos do cocido e do entroido para que deixen todo e vaian comer cargols ao Pinotxo, deame un toque.

apicultor ha detto...

O tema está cru. Grazas pola suxestión, pero non podo ir a ningures: teño que ficar na casa coma un anacoreta. Lerei e visionarei vídeos. Outra cousa non hai. En Barcelona aínda estiven vinte días neste último verán.

Eu, destas datas tremendas, do único do que son entusiasta é do cocido (con perdón) e das orellas.

O resto do persoal, se se quere travestir como o Occam, non llo imos impedir nin afear. Que por algo somos liberais e tolerantes en cousas de costumes, hábitos e vicios.