Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 maggio 2008

INDICACIÓN MANUAL

Onte entreguei un texto para publicar: ando na percura dunha imaxe para a portada. Esta que aparece aí non está nada mal. Unha indicación (no sentido estricto porque é o índice o que sinala) na marxe dun manuscrito e un et en trance de convertirse no & do teclado. Gusto destes detalles nimios ampliados como ilustración das nosas obsesións filolóxicas. O primor destas letras obriga.


4 commenti:

Unknown ha detto...

Interesante portada, sen dúbida. Esa man ten un xeito un tanto siniestro, un toque inquisitorial de editor implacable. Co borrón á altura da unlla mesmo suxire un censor encarapuchado.

Anonimo ha detto...

Moitas gracias. Pero teño que dicir que é unha das formas máis habituais de facer notar algo; non é unha man censora, senón todo o contrario: unha man que solicita se mire con atención esa parte. O texto é de 1628 e ía dirixido precisamente ao rei Felipe IV.

Anonimo ha detto...

A mín paréceme que esa man, no canto de sinalar, está poñendo "el dedo en la llaga".

Estos poden darlle ideas:

PREMER.
PREMER.
VARIOS.

Anonimo ha detto...

Sendo interesante, non sei se a imaxe será pouco atractiva (enténdase) para chamar a atención aos lectores sobre o libro, alén dos especialistas. Eu miraría a posibilidade dunha portada con moitos máis coloríns, máis impactante visualmente. Digo eu.