Unha das cousas máis sorprendentes de toda a viaxe foi a puntualidade exquisita de avións e trens. Pero ademáis a eficacia e eficiencia de todos os servizos. Eu, de natural susceptible, vexo e considero o grande salto deste país á modernidade nestes aspectos concretos: unhas estacións (mesmo as de metro de Madrid, exemplares) e uns aeroportos (a T4 é unha marabilla) limpísimos, unhas interconexións admirables, un sistema de recollida de billetes impecable e sinxelo (para os afeitos ás tecnoloxías, claro está, que vexo aumentan), uns vagóns de tren cuidados e con todo tipo de comodidades. Cando hai algo que merece a pena eloxiar convén facelo, pero dá tristeza e ata indignación pensar no tempo que aínda temos que agardar para irmos de Vigo a Coruña ou a Ourense nestas magníficas e envexables condicións.
11 commenti:
Eficacia e eficiencia. Que diferencias hai entre ambas palabras? É por saber...
Eficacia: Capacidad de lograr el efecto que se desea o se espera.
Eficiencia: Capacidad de disponer de alguien o de algo para conseguir un efecto determinado.
Se non me pon exemplos...
Non son excluintes, entendo. E a diferencia debe ser case medieval, de sutiles distincións escolásticas entre actus e potentia: eficiencia, aquelo que pode (ten a potencia de) lograr algo; e eficacia, aquelo que logra algo, sen ese paso previo da potencia.
Vexa, se non lle dá, como a mín arrepíos, Actus e potentia
Non, se eu tamén teño visto máis dunha vez xuntos tales termos (mesmo é posible que tamén os teña usado eu mimeticamente). Pero sempre me preguntei cal era o matiz que os diferenciaba e que eu, torpe e bruto, nunca fun quen de apreciar.
Claro que teño que recoñecer que non me tomei a molestia de profundar en etimoloxías e filosofías. E, a teor do seu ligame, coido que fixen ben.
Boa noite.
A eficacia debe ser unha cualidad, abstracta, atemporal,inherente ou consustancial á persoa ou sistema do que se fala. A eficiencia debe ter máis que ver cós procedementos concretos e o seu desenrolo no tempo. Ou sexa "eres" eficaz, e "estás" eficiente. Digo eu.
Vigo Ourense, rexional de renfe 2,5 horas, 100 Km.
Indignación???? queda curta esa palabra
A T4 unha marabilla... para a economía globalizadora: a luz é tan escasa e tan alta que non se pode ler máis de dez minutos sen forzar a vista, o que "invita" a darse paseos polos diversos comercios de grandes cadeas explotadoras de man de obra do chamado terceiro mundo e a afilar a visa.
Vigo-Xixón, 425 kms.
Alsa: 7 h e 30'
Renfe: 10h. e 23'
Pasando pola T4: depende dos retrasos do voos.
Cando empecei a ler o texto dixen... ¿este de qué país fala? Pero cando cheguei ó final entendino todo. ;-D
A mín o que máis me chamou a atención é a comodidade da interconexión. Saír do aeroporto, coller o metro, tomar o AVE, sen apenas máis de cinco minutos de espera en cada caso. Porque moi probablemente teremos AVE, pero como van ser as conexións da estación coas cidades: taxi? metros? autobuses? EN Vigo non hai autobús urbano á saída da Estación, por exemplo. En Santiago, se quero ir ao Polígono do Vite, que fago?
A ver: eu entendo que son eficaz cando logro facer algo ben e no tempo xusto, sexa como sexa, e entendo que son eficiente se o logro facer razoablemente ben nun tempo razoable pero cun esforzo ou gasto mínimo. Así polo menos emprego eu eses termos.
Unhas veces haberá que ser eficaz (cando hai que resolver un problema urxente) e outras eficiente (cando hai que planificar un traballo para que, precisamente, non haxa nunca que ser eficaz).
A T4 é unha marabilla. Qué manía con ler en tódolos sitios. Saes de casa de viaxe e en vez de mirar para a xente, escoitar as súas conversas en variados idiomas, observar as súas roupas e maneiras, apostar cun mesmo a ver quén da cola de embarque leva a bomba... Pois nada, a ler (e non me digas que tamén levas o ipod posto). Eu para iso non viaxo, xa teño o bater.
O AVE. Eu estiven en Suiza hai xa ben anos e había xente que ía en tren a París a cear e saír de copas desde Xinebra (por qué se chama así?). Tamén ían comprar roupa e comer a Milán e volta para casa. E á praia ían a Niza. Coido que desde Vigo, como non poñan unha ponte aérea cun concord, con ir comer a Cacabelos xa vos dades cun canto nos dentes. E é que non somos o umbilicus mundi, precisamente.
Posta un commento