Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 febbraio 2009

DEBATES NON, GRACIAS


A ausencia de debate solemne preelectoral resulta irrelevante. Queixámonos sempre da importancia concedida á política como espectáculo mediático e ao tempo botamos en falta esta cousa pomposa de partidos de máxima rivalidade. Nin é unha perda para a democracia (quen dixo tal cousa?), nin é o diluvio universal. Levan toda a tempada xogando partidos do século: día a día, sen desmaio. Están todo o tempo subindo a atrís portátis, refuxiándose en carpas a carón de obras que só comezan, remozando tramoias para litigar seguido. E por riba queremos que acepten cordas e area estrada polo chan para que se alfileteen con alfanxes romos coma nunha competición de esgrima adulterada. Veña ho. Que non debatan, por favor. Que sigan de mitin en mitin ata a urna final. E que vaian os seus a velos e a abrazalos. A campaña para quen a traballa.

9 commenti:

Anonimo ha detto...

Os debates, coma os mítins, están demasiado encorsetados e vacios de contido. Palabras abstractas, valdeiras, dominan o discurso... e ainda que fose o reves, para que serviría? Si total nada os obriga a cumplir o prometido; nin sequera nós o facemos, cando cada catro anos temos a posibilidade de botar fora o que nos enganou.

A política, cada vez máis, parécese a unha relixión: cada persoa é bautizada por un partido e pertence a ese partido toda a súa vida, ata que morre. Logo que gañen uns ou outros depende de que cada catro anos un decida ou non "ir a misa".

Que foi da democracia?

Anonimo ha detto...

Feijoo non quere debater xunto con Touriño e Quintana porque teme que sería un "un contra dous". Levaría as de perder.

Quintana non quere debates a dous porque iso deixaríao fóra do debate dos dous partidos principais.

Touriño ten moito que perder nun debate só con Feijoo. Como moitos políticos no poder, ten medo das críticas do candidato que máis dano lle pode facer. Un Quintana escudeiro de ocasión ben lle serviría para ese debate.

Ao final, os espectadores son os paganos de toda esta movida.

Trebi ha detto...

O debate na TVG.... cambearia o resultado do 1 Marzo?.
Graciñas por o tipo de letra ,un bo cambio neste Blog.

Anonimo ha detto...

Sempre meténdose onde non-o chaman

Anonimo ha detto...

Polo que eu teño entendido, os debates lóxicos fanse entre DUAS disyuntivas. A unha chámanlle tesis,a outra antítesis. Tras o debate, trata de chegarse a unha síntesis.
Eso de "debate a tres", déixame pampo. Salvo que sexa en realidade un debate entre duas posturas, no que debatan dous contra un. Eso, supoñendo a independencia do propio medio, o "árbitro",o cal igual é moito supoñer.

FraVernero ha detto...

Eu concordo co mantedor (ironía deste aparte) na irrelevancia xeral dos debates. Lonxe dun presunto ideal dialoxista e de esfera de acción comunicativa, ou de persuasión do espectador, temos simplesmentes un tablado retórico, mediático, espectacular. Alén, está comprobado que o esaxerado gasto nas campañas electorais apenas repercute o máis mínimo na opinión dos votantes, que soen ter estas cousas meditadas de antemán, e que non soen ser tan paifocos para que catro acto de masas (con pinchos!) e unha serie de videoclips e cartaces determine de xeito primordial as súas opcións electorais.

merk ha detto...

Os debates, a día de hoxe, non teñen importancia en si mesmos. O único valor que lles conceden os políticos é facelos ou non e por que.

Anonimo ha detto...

Se de-bater se trata, eu mallábaos a todos.

Ana Bande ha detto...

¿onde tirou a foto?