Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 luglio 2010

EL MEU AMIC, O DETECTIVE CREPUSCULAR


Palabras do noso comentarista habitual Detective Crepuscular.

Vale, gañou a "roja", la antes "roja" que rota, la de la indisoluble unidad, vale, moitas felicidades e a disfrutalo, que non é hora de vir aquí de augafestas a embazar un triunfo tan merecido, que pagou a pena aínda que só fora polo bico tan longamente aguardado entre a Carbonero e o Casillas, e que visca espagna y el hombre tranquilo que tan bien supo dirigirla y gobernarla. Vale, mui ben, xa está, rompeuse o maleficio, conseguiuse o que nunca se conseguira, alegría e parabéns. E do noso que? Porque eu viñen aquí a falar tamén do meu libro, e aínda que non sexa o mellor momento vou falar do meu libro. E a leitura do meu libro pódese comezar por calquer páxina e rego, que case todos van cheos dese veneno para a convivencia que destila o PP, por moito que Sabater diga que non, e que mesmo parece que imbuiu e escorregou nos que van de "progresistas". Tempos aqueles en que Raimon ou Lluís Llach contaban co apoio da xente da esquerda española e podían cantar en Madrid. Hoxe, berrábanlle, acantazábanos, matábanos. O que cambiaron as cousas. Mira que me cai ben a min o Carlos Boyero, e que se atreva a dicer cousas como as que di hoxe: "Algo que también debe de haber logrado Puigcercós (que non é precisamente santo da miña devoción), pero solo al nivel mental de Terra Lliure, en su tan RASTRERA como CRETINA convicción de que sin los jugadores catalanes esta selección española es muy poca cosa. Quiero pensar que esos jugadores catalanes también sentirán un poco de grima con el apunte RACIAL del que pretende representarlos." E Boyero vai de mente crítica e progresista. Cruyff e tantos outros susteñen algo parecido ao de Puigcercós e non vexo eu que Boyero lle dirixa os seus dardos envenenados. Pois si que andan bons os nosos progresistas, que é botar a lingua a pacer un catalán (eu non sei exactamente o que dixo Puigcercós) e non chegaba ben coas linguas viperinas do PP que vai un progresista como o Boyero e chámalle RASTRERO, CRETINO e RACISTA, que xunto ao TOTALITARIOS e NAZIS que lle chaman outros aos cataláns, xa me dirá a min vostede, don Arumes, aonde imos a parar con semellantes bocanegras. Demasiado despropósito para intentar comprendelo e porlle remedio. Mais lles valera leren a crónica de Quim Monzó de hoxe en La Vanguardia se o que queren é tratar de entender o que pasa por estas terrar. Ao mellor o que non lles interesa é entendelo, para que así continúe a prevalecer pola forza a supremacía nacional española sobre as demais "presuntas" identidades nacionais. Di Quim Monzó: "Sólo un sordo podría negar que el grito de independencia ha sido el más coreado. Nunca en mi vida había visto tanto hartazgo, tanta convicción de que los lazos con España se han podrido." Calquer que estivera na impresionante manifestación de onte, eu mesmo, pode ratificar as palabras de Monzó. E iso moito me temo que xa non se arranxa nen cos panos quentes dun novo estatut (iso do estatut xa pasou a mellor vida) nen coa aportación construtiva e goleadora dos rapaces da canteira do Barça.

Ilustración: a portad de hoxe da Vanguardia, na súa vella tradición monárquica (ese "Reyes") e esa implícita afirmación de que son os do Barça os que gañan, con Iniesta en solitario levantando a Copa.

15 commenti:

arume dos piñeiros ha detto...

Que conste ademais que La Vanguardia hoxe queda en La guardia. Non sei se hai algo simbólico niso.

arume dos piñeiros ha detto...

Que conste ademais que La Vanguardia hoxe queda en La guardia. Non sei se hai algo simbólico niso.

Un lector ha detto...

Que lúcido, o Detective Crepuscular!

Anonimo ha detto...

Para intentar recompoñer os restos do naufraxio, se aínda é posibel, habería que propoñer un pacto federal onde Cataluña mantivera varias competencias en exclusiva. Ese pacto tería que ser ratificado e aprobado, en igualdade de condicións, por ambos os parlamentos catalán e español sin interferencias de ningún tribunal constitucional que vele polas esencias da "nación española"
Habería que defender o contrario do que se esta a facer: no canto do odio a Cataluña, fomentar o respeto e a coexistencia.

ms ha detto...

Xa é un pouco tarde para recompoñer nada. A xente en Cataluña está farta de
- pagar impostos que logo non son investidos alí (estradas, rede de metro, etc)
- pagar peaxes cando en Madrid non paga nin Deus
- ter practicamente a metade da tasa de funcionarios (sanidade, educación) que ten Extremadura
- ver como as mercadorías chinesas se descarguen en Amsterdam e non en Barcelona porque nesta cidade non hai un tren de alta velocidade que a una con Europa
- ter que pasar polo aeroporto de Barajas (o 12% do PIB de Madrid) para coller un voo intercontinental
- e, sobre todo, ter que apandar con que as forzas telúricas ("atado y bien atado") decidan polos cataláns.

detective crepuscular ha detto...

Dicen que todos temos direito ao noso minuto de gloria. Polo visto, eu tamén. Obrigado, don Arumes, polo minuto de BLOGloria que ven de concederme. E perdoe que insista, pero é que, fóra a "crise económica", estamos a viver outros acontecimentos de grande importancia. Por exemplo, o fantasma futboleiro de cor "roja", orange ou blaugrana que percorre o mundo: O BARÇAlonisme. O fantasma do BARÇAlonisme que algúns non queren ver e que onte, fóra as bandeiras, os discursos e a banda sonora, percorreu as ruas de Madrid. Os que somos do Barça de toda a vida levamos anos disfrutando case dos mesmos xogadores, dos mesmos goles e das mesmas vitorias. Os goles de Puyol e de Iniesta xa llos temos visto marcar coa camiseta blaugrana, igual que temos visto imporse a batuta de Xavi, a mestría de Piquenbauer, a versalitidade e a coraxe de Pedro Pedrito e os tentáculos de Busquets estendérense por todo o campo. Deixo fóra ao asturiano, para que non se diga. Se o mesmo Beckenbauer escrebe hoxe en La Vanguardia: "España es un merecido campeón del mundo. Aunque los holandeses exportaron a España el concepto de posesión de la pelota. Rinus Michels, Johan Cruyff y el técnico del Bayern, Louis van Gaal, fueron grandes entrenadores holandeses que, sobre todo en el Barcelona, enseñaron ese tipo de fútbol." Nesas estamos. Un ou dous días antes de comezar o mundial, lembro que un compañeiro de traballo comentou o seguinte: "Comeza o mundial." Eu, medio en broma, medio en serio, respondinlle: "E xoga o Barça?" El sorriu e eu seguinlle coa leria que era unha inxustiza non deixar xogar o Barça como se fora unha selección mais. Ben pensado, tampouco había que cambiar tanto o equipo, Messi por Villa, Alves por Ramos, Touré por Alonso, Abidal por Capdevila e Valdés polo amor de Carbonero. E campións do mundo. Aquí, de momento e pese aos contumaces e contunecios Boyero de turno, o único que está contribuindo deveras a que todos os futboleiros sexamos un pouco mais felices, ou a que sigamos levitando no espellismo da felicidade, é a ESCOLA DO BARÇA, LA PEDRERA, A CANTEIRA. Aí, Camacho, con dos güevos y con la furia española reflejada en los sobacos! Así gana el Madrí!

Deixo a política para outro momento, que xa me estendín bastante.

dc ha detto...

Non sei que lío me fixen que me saiu repetido. Borre un, don Arumes, e este tamén.

arume dos piñeiros ha detto...

Este mundial gañado polo Barça, con guest stars entrañables, responde á xustiza poética polo menos da miña xeración. Os que temos a idade xusta para sermos teenagers con Cruyff no horizonte de cromos e cortes de pelo sabemos o que isto significa.
Veñen á miña lembranza os primeiros xogadores estranxeiros (con todo o rebumbio contra foráneos), os insultos a Luis Ocaña por vivir en Francia, os comentarios sexistas cando Cruyff pedía compartir habitación coa parella nos mundiais, a mentecatez de enxebrismo hispano para case todo, incluida esa furia de xogador retaco tipo diaño de tasmania (un Asensi, un Marcial) fronte a Beckenbauer, ou Netzer, que xogaban sen mirar para o balón, as xogadas a balón parado de Uriarte e Arieta en Cagliari, os dribblings de Rojo, coa elegancia dun dandy, como se fose Peters redivivo en Bilbao, os regates semisecos de Rexach coa flexibilidade dun armario, as arroutadas do Rifé que tardaba dous segundos en darse de conta de que xa rematara a liña do campo e seguía correndo. Eu que sei.
Cando chegou Cruyff e fomos a Madrid a clavarlles cinco cero, cun xogo etéreo, ingrávido e celestial, pensei que aquilo xa non tiña marcha atrás. Pero non esperaba eu tardar tanto en ver que aquela coreografía única no Bernabéu sería algunha vez o santo e seña esencial dun equipo.
Coa victoria da selección, que é a do Barça, sen dúbida algunha, entendo que naquela revolta cruyffista estaba o principio de todo. Con Maradona e Messi mediante.

ms ha detto...

Nun mundo paralelo distinto deste, coma os de Philip K. Dick, Holanda gañou este mundial.

Robben marcou dous goles por culpa das cantadas de Casillas e agora toda Eghpaña lle bota a culpa ao meta madrileño. Coas cámaras en directo, a súa moza, sen dúbida culpable da súa actuación, pregúntalle que lle pasou e, diante das bágoas do seu mozo, bótase enriba del, mala pécora llepaculs, para bicalo. The Times publica un titular de "Xachovolodixeneu" e desde Telecinco comunican o despido inmediato da xornalista.

Nese mundo paralelo, Galicia ten selección propia, aínda que fomos eliminados na previa diante de equipos como Catalunya e Euzkadi. De feito, os terzos españois en Flandes tampouco existiron. Un combinado de forzas británico-holandesas conquistaron o noroeste da península no século XVII, aboliron a Inquisición e impuxeron a ética protestante. Galicia aproveitou a ocasión para comerciar con eses dous países aliados e con América do norte. Un pirata galego, Diego Sarmiento de Acuña, e outro inglés, Francis Drake, zouparon canto quixeron nos portos andaluces e roubaron gran parte da prata e do ouro destinada aos Austrias. No século XVIII, Galicia convertiuse, xa como estado independente, nunha das potencias comerciais e marítimas de Europa. A literatura galega floreceu con autores como Rosalía de Castro, Valle-Inclán, ou Camilo Xosé Cela (premio Nobel).

detective crepuscular ha detto...

MS (quen será MS, que tamén escrebe desde Barna; quen serei eu, pensará el), Roberto Bolaño, que escrebeu de case todo e que morreu no mes no que andamos de hai sete anos, escrebeu tamén de Philip K. Dick, autor que eu lera cuando entón e que hai moito que non leo. Polo seu interese e como homenaxe a Bolaño e a Dick, vaian algunhas das palabras do primeiro:


Con Rodrigo Fresán largamente hemos hablado de P. K. Dick, sin llegar a agotar jamás el tema, en bares y restaurantes de Barcelona o en nuestras respectivas casas.

Estas son algunhas de las conclusiones a las que hemos llegado: Dick era un esquizofrénico. Dick era un paranoico. Dick es uno de los diez mejores escritores del siglo XX en Estados Unidos, que no es decir poco. Dick era una especie de Kafka pasado por el ácido lisérgico y por la rabia. Dick, en EL HOMBRE EN EL CASTILLO, nos habla, como luego sería frecuente en él, de lo alterable que puede ser la realidad y de lo alterable que, por lo tanto, puede ser la historia. Dick es Thoreau más la muerte del sueño americano. Dick escribe, en ocasiones, como un prisionero porque realmente, ética y estéticamente, es un prisionero. Dick es quien de manera más efectiva, en UBIK, se acerca a la conciencia o a los retazos de conciencia del ser humano y su puesta en escena, el acoplamiento entre lo que cuenta y la estructura de lo contado, es más brillante que algunos experimentos sobre el mismo fenómeno debidos a las plumas de Pynchon o DeLillo. Dick es el primero, literariamente, en hablar con elocuencia de la conciencia virtual. Dick es el primero, y si no el primero el mejor, en hablar sobre la percepción de la velocidad, la percepción de la entropía, la percepción del ruido del universo en TIEMPO DE MARTE, donde un niño autista, como un Jesucristo mudo del futuro, se dedica a sentir y a sufrir la paradoja del tiempo y del espacio, la muerte a la que todos estamos abocados. Dick, pese a todo, no pierde en ningún momento el sentido del humor y por lo tanto no es un descendiente de Melville sino un descendiente de Twain, aunque Fresán, que sabe más de dick que yo, oponga algún reparo. Para Dick todo arte es política. No olvidar eso. Dick es posiblemente uno de los autores más plagiados del siglo XX.

Etc, etc.

detective crepuscular ha detto...

MS (quen será MS, que tamén escrebe desde Barna; quen serei eu, pensará el), Roberto Bolaño, que escrebeu de case todo e que morreu no mes no que andamos de hai sete anos, escrebeu tamén de Philip K. Dick, autor que eu lera cuando entón e que hai moito que non leo. Polo seu interese e como homenaxe a Bolaño e a Dick, vaian algunhas das palabras do primeiro:


Con Rodrigo Fresán largamente hemos hablado de P. K. Dick, sin llegar a agotar jamás el tema, en bares y restaurantes de Barcelona o en nuestras respectivas casas.

Estas son algunhas de las conclusiones a las que hemos llegado: Dick era un esquizofrénico. Dick era un paranoico. Dick es uno de los diez mejores escritores del siglo XX en Estados Unidos, que no es decir poco. Dick era una especie de Kafka pasado por el ácido lisérgico y por la rabia. Dick, en EL HOMBRE EN EL CASTILLO, nos habla, como luego sería frecuente en él, de lo alterable que puede ser la realidad y de lo alterable que, por lo tanto, puede ser la historia. Dick es Thoreau más la muerte del sueño americano. Dick escribe, en ocasiones, como un prisionero porque realmente, ética y estéticamente, es un prisionero. Dick es quien de manera más efectiva, en UBIK, se acerca a la conciencia o a los retazos de conciencia del ser humano y su puesta en escena, el acoplamiento entre lo que cuenta y la estructura de lo contado, es más brillante que algunos experimentos sobre el mismo fenómeno debidos a las plumas de Pynchon o DeLillo. Dick es el primero, literariamente, en hablar con elocuencia de la conciencia virtual. Dick es el primero, y si no el primero el mejor, en hablar sobre la percepción de la velocidad, la percepción de la entropía, la percepción del ruido del universo en TIEMPO DE MARTE, donde un niño autista, como un Jesucristo mudo del futuro, se dedica a sentir y a sufrir la paradoja del tiempo y del espacio, la muerte a la que todos estamos abocados. Dick, pese a todo, no pierde en ningún momento el sentido del humor y por lo tanto no es un descendiente de Melville sino un descendiente de Twain, aunque Fresán, que sabe más de dick que yo, oponga algún reparo. Para Dick todo arte es política. No olvidar eso. Dick es posiblemente uno de los autores más plagiados del siglo XX.

Etc, etc.

Turmano ha detto...

Sodes todos bos! A selección gaña un mundial dos 14 que xogou gracias ao Barça, porque nos 13 que perdeu non debía haber ningún dese equipo. Eu de maior quero ser coma vos!

arume dos piñeiros ha detto...

Turmano, está ben, ten vostede moita razón. Pero hai que recoñecer que desta vez eran moitos do Barça. Aínda que eu botei en falta a Calderé.

Turmano ha detto...

Home, Calderé! Ecce Homo! O repulsivo do equipo! E que me di de Sotil? Porque ese era oriundo, non si?

Anonimo ha detto...

Ves? Aquí en Lugo tamén estamos ata arriba de pagar impostos que non se invisten aquí (tren de cercanías, por exemplo), de ter unha taxa inferior de funcionarios que na Diputación de Ourense (por suposto), de ter que ir a Santiago a coller o avión, de que as caixas teñan a sede dividida entre Coruña e Vigo... Imos ter que facer unha manifestación desas un día destes.