Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 luglio 2010

UN RECORDO

A esquina inferior dereita da primeira casa ao final da Calle del Vizconde de la Dehesilla (nese caserío que se dá en chamar La Villa) foi casa familiar durante moitos anos, alugada para vivenda e taberna de viños casteláns. O Conceyu de Mieres proporciona na súa páxina web copia deste mapa de 1907, co trazado inicial do ensanche, á imaxe e semellanza do Plan Cerdà barcelonés. Procurei darlle ao zoom ao máximo, pero non fun quen de entrar nos cuartos naquel ano, hai xa máis de cen anos.
Moito daría eu por velo.

Nessun commento: