Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 luglio 2010

MEU PAI E O SON DO RUIDO E DA FURIA


Chamo ao meu pai para saber que opina sobre a selección española un home que aínda di orsai e fau para os saques de banda. Nótaselle contento porque os rapaces que xogan son excelentes. Sei que meu pai considera o de bregar e non parar en todo o partido como algo fundamental nun xogador de fútbol: se por riba sabe regatear, facer paredes, dribbling (el viu a Garrincha e a Pelé nun Teresa Herrera na Coruña, nunha viaxe exprofeso desde Ponferrada), lanzar un pase milimétrico (tipo Bobby Charlton, o seu ídolo) desde lonxe, entón o xogador é o máximo. Según el, a selección española xoga así, de forma excepcional.
Préstalle este instante porque supón que é unha oportunidade única para ver gañar a selección na súa vida. Pero detesta todo o relacionado co fútbol. Parécelle excesivo (un disparate, apunta) todo o que está a suceder. Desculpa a todo o mundo pola circunstancia extraordinaria do momento, pero enseguida deplora o das bandeiras, o das televisións nas terrazas (el só encende o televisor á hora do partido e trata de non escoitar aos comentaristas, xente dunha ralea que apenas soporta), o das pantallas xigantes.
Meu pai estará pendente do partido do domingo. Ama o fútbol cunha pasión tranquila, distante (ás veces displicente, cando non dan dous pases seguidos, con comentarios sarcásticos sempre divertidos e sentenciosos), case fría. Desfruta deste deporte porque o mira coma un xogo de chavalinos (como el chama aos xogadores), un xogo, para el, necesariamente libre de calquera ruido patriótico e de calquera furia española.
Seguro que, en todo caso, botará de menos a Di Stefano, a Kubala e a Luis Suárez.

5 commenti:

Xose Antonio López Silva ha detto...

O seu pai é un home de enorme sensatez. Unha aperta moi grande

detective crepuscular ha detto...

Rápido, rápido, que marcho á mani. Pois si, don Arumes, despois de debaterme durante días entre o si e o non, acabou podendo mais a decisión "política" do TC e a catalanofobia demencial que cobre de vergoña a pel de "toro" (Sánchez Dragó chamoulle "nazis" aos cataláns e quedou tan tranquilo, como se as xentes desta terra fosen responsábeis de millóns de mortos, de campos de concentracións e de fornos crematorios) que o farto que un está da clase política. Como di unha das voces con mais seny de La Vanguardia: "La verdad pura y dura es que a los catalanes no nos quieren... Otra verdad es que el resto de España nos necesita, eso sí, pero no nos quiere y cuando hablo de querer, quiero decir que no nos tienen afecto ni consideración." É o mais suave que se pode dicer nestas circunstancias onde está ben claro que a única nación realmente existente é a española. Agora ben, que ninguén se engane: A manifestación de hoxe ultrapasa a "constitucionalidade" estatutaria e mira cara o futuro. E que ten a ver todo isto coa selección? Pois non o sei ben, pero seguro que algo ten a ver. Di hoxe Manuel Rivas que "Esta selección no se presta a una estridencia patriótica posesiva y excluyente. Pertenece a la gente de cualquier parte a la que le gusta el fútbol." Non estou eu tan seguro. Moitos que se fartaron de despotricar contra o tiqui-taca do Barça e preferían a "pegada" ou espírito "matador" do Madrid, resulta que agora están encantados co xogo da selección, que tanto se parece ao Barça, e cos Xavi, Puyol, Piqué, etc, por mais que estes formen parte (iso si) da canteira do equipo catalán. Visca España, que bonito. Por min que gañen mañá e quie disfruten co xogo do Barça, que outros xa o disfrutamos todo o ano, alén das sentenzas "políticas" do Tribunal Constitucional ou das demostracións "ultrapatrióticas" dos que o outro día, despois do Puyolazo, berraban enfebrecidos España!, España!... Rápido, rápido.

ms ha detto...

Os xornais cataláns abren coa noticia de que un millón de persoas saíron á rúa indignadas polo desprezo que se fai da súa soberanía políticca. Mentres en anteriores manfifestacións (Ernest Lluch, guerra de Irak...) as bandeiras independentistas eran unha minoría, onte podíanse ver milleiros delas e xentes de toda condición e idade berrando "Independència".

Mentres tanto, de volta no far-western celtibérico, hoxe os xornais galegos abren cos prognósticos esperanzadores que o polvo/pulpo Bartolo lle concede a "Roja", "La oportunidad que todo un país esperaba", a nazón de Breogán do PSOE, etc.

cãosemdono ha detto...

E Galicia? Ni está, ni se le espera (así, en castelán, como é sedicentemente que queren os galegos, e ademáis en homenaxe ós votantes ó Partido Popular e adláteres).

detective crepuscular ha detto...

Vale, gañou a "roja", la antes "roja" que rota, la de la indisoluble unidad, vale, moitas felicidades e a disfrutalo, que non é hora de vir aquí de augafestas a embazar un triunfo tan merecido, que pagou a pena aínda que só fora polo bico tan longamente aguardado entre a Carbonero e o Casillas, e que visca espagna y el hombre tranquilo que tan bien supo dirigirla y gobernarla. Vale, mui ben, xa está, rompeuse o maleficio, conseguiuse o que nunca se conseguira, alegría e parabéns. E do noso que? Porque eu viñen aquí a falar tamén do meu libro, e aínda que non sexa o mellor momento vou falar do meu libro. E a leitura do meu libro pódese comezar por calquer páxina e rego, que case todos van cheos dese veneno para a convivencia que destila o PP, por moito que Sabater diga que non, e que mesmo parece que imbuiu e escorregou nos que van de "progresistas". Tempos aqueles en que Raimon ou Lluís Llach contaban co apoio da xente da esquerda española e podían cantar en Madrid. Hoxe, berrábanlle, acantazábanos, matábanos. O que cambiaron as cousas. Mira que me cai ben a min o Carlos Boyero, e que se atreva a dicer cousas como as que di hoxe: "Algo que también debe de haber logrado Puigcercós (que non é precisamente santo da miña devoción), pero solo al nivel mental de Terra Lliure, en su tan RASTRERA como CRETINA convicción de que sin los jugadores catalanes esta selección española es muy poca cosa. Quiero pensar que esos jugadores catalanes también sentirán un poco de grima con el apunte RACIAL del que pretende representarlos." E Boyero vai de mente crítica e progresista. Cruyff e tantos outros susteñen algo parecido ao de Puigcercós e non vexo eu que Boyero lle dirixa os seus dardos envenenados. Pois si que andan bons os nosos progresistas, que é botar a lingua a pacer un catalán (eu non sei exactamente o que dixo Puigcercós) e non chegaba ben coas linguas viperinas do PP que vai un progresista como o Boyero e chámalle RASTRERO, CRETINO e RACISTA, que xunto ao TOTALITARIOS e NAZIS que lle chaman outros aos cataláns, xa me dirá a min vostede, don Arumes, aonde imos a parar con semellantes bocanegras. Demasiado despropósito para intentar comprendelo e porlle remedio. Mais lles valera leren a crónica de Quim Monzó de hoxe en La Vanguardia se o que queren é tratar de entender o que pasa por estas terrar. Ao mellor o que non lles interesa é entendelo, para que así continúe a prevalecer pola forza a supremacía nacional española sobre as demais "presuntas" identidades nacionais. Di Quim Monzó: "Sólo un sordo podría negar que el grito de independencia ha sido el más coreado. Nunca en mi vida había visto tanto hartazgo, tanta convicción de que los lazos con España se han podrido." Calquer que estivera na impresionante manifestación de onte, eu mesmo, pode ratificar as palabras de Monzó. E iso moito me temo que xa non se arranxa nen cos panos quentes dun novo estatut (iso do estatut xa pasou a mellor vida) nen coa aportación construtiva e goleadora dos rapaces da canteira do Barça.