Caxigalines nella Reguera'l Campizu

6 aprile 2011

TENDAS DE VIGO


O fillo de quen colleu medias na Violeta no Mieres dos anos cincuenta sinte devoción polas persoas que suben baixos, arranxan cremalleiras ou aproveitan as camisas revirando os pescozos. Por iso, Mercería Núñez, en plena rúa García Barbón, debaixo dun par de laranxeiras que arrecenden poderosas a azahar, merece unhas palabras de agradecemento e de admiración.
Á tarde, cunha cadeira onde sentan as persoas que veñen fatigadas do paseo vespertino, reúnese alí un mundo a piques de desaparecer, se non fose porque aínda hai que mercar, ademais da roupa interior correspondiente, a bata (de lá para o inverno, de piqué rosa para o verán) e as zapatillas para ir ao hospital, penduradas con alfinetes dunha parede forrada de moqueta. Nese mundo, a reparación de prendas é aínda unha reliquia fermosa e ás veces imprescindible. Non adoito deixar os pantalóns nin os vestidos nas tendas onde as compro para que alí me cobren os arreglos: prefiro levalos a esta señora, cuxo nome ignoro (Dolores parece, pero non o sei seguro), seria e eficiente, que sempre ten un sorriso impagable cando entrega o encargo.

3 commenti:

Voz en off ha detto...

Eu tamén lle teño levado algunhas cousas a arranxar. Isto vai a máis. Esta muller amaña ben e cobra pouco.Pero co a crise isto vai a máis. Nas tinturerías-lavanderías e nas novas esas Retoucherie de Manuela. Pero as modistas de barrio non morreran nunca xa o verás...Tamén che diría que a que arranxa coido que non é ela a dona, senón que ten unha modista...

Ana Bande ha detto...

comparto a querencia por estes lugares...mais creo que podes estar tranquilo, dun tempo a esta parte observo que non só non perden clientela senón que son dos poucos negocios que renacen grazas á crise. No meu barrio, deliciosamente obreiro e vigués, temos a deliciosa Saldaña, un xineceo altamente especializado en bieses, perlés, fíos de todo tipo, picost, teas, cintas, plumas, eukesei....e preto da miña casa teño unha Lorenca á que entro moitas veces a deixar a arranxar algunha prenda estragada. Fan zurzidos de impresión e falan nunha lingua só ápta para veteranas de guerra. Encántame. E logo, comprobo nos meus paseos matinais que están a abrir novas tendas, xa baixo o moderno choio de franquicia, para arranxar roupa. A crise ten estas cousas curiosas, era visto. Verás coma dentro de pouco poderemos ver eses carteis de "cóllense puntos ás medias", aikenon! ¡aperta!

Fumador Impostado ha detto...

Se non che importa, cólloche a imaxe. Un saúdo.