Caxigalines nella Reguera'l Campizu

30 agosto 2007

O ROUBO NA BNE


O roubo dos mapas da Biblioteca Nacional é un feito grave. Pero tamén debo engadir que moi pouco común. En honor do funcionamento da Biblioteca Nacional, que frecuento con certa asiduidade, debo dicir que o control é o habitual nestes casos. Considero que se deben depurar responsabilidades, non sei se ao nivel da directora, pero, desde logo, hai algo que non funcionou. Pero detesto, nestes casos, o intento de facer leña da arbre caída, sempre habitual entre os xornalistas. E para mostra a reportaxe de EL PAÍS (por certo, a foto da portada é un insulto á sensibilidade dun lector devoto do diario independiente de la mañana) de hoxe. Unha xornalista (Lola Galán, que cubre a información cultural) di ter entrado no lugar onde foron roubados os mapas. Ten razón ao dicir que en poucos minutos un pode conseguir o carné de investigador, pero sempre que acredite non só a súa identidade, senón outro número de datos, entre os que figura sempre un aval (no especifican cal concretamente, pero un certificado de ser profesor dunha universidade ou probablemente un carné de xornalista que procura datos concretos poden resultar válidos). En calquera biblioteca moderna, cinco minutos son suficientes para obter o carné, con foto ipso facto incluida. A British Library tiña hai case dez anos a mesma estratexia. Que un poda obter o carné fácilmente é un signo de modernidade que hai que gabar.

Unha vez dentro, hai un par de guardias de seguridade que procuran que entres co imprescindible, cunha etiqueta ben visible no peito e cos materiales incluidos nunha bolsa transparente tal e coma o reportaxe apunta. Pero unha vez que un entra na Sala Cervantes, non é certo que a xente poda coller libremente os libros, se ao que se refire a xornalista é aos libros cos catálogos (moi ben encadernados) que se consultan na sala de entrada. Nas salas correspondientes a investigadores é imposible ou moi difícil facer calquera das cousas descritas no roubo, ao menos que o suposto investigador veña coa intención (case profisional) de levarse algo, que obviamente debe ser arrincado do volume cunha habilidade notoria. Os investigadores solicitan o libro aos bibliotecarios que traballan nesa sala (que son moitos) e son estes os que o levan ao posto da mesa que ocupa o investigador. Unha biblioteca coma a nacional non pode nin debe confiar na boa vontade dos investigadores que van alí a traballar, pero, desde logo, polo que eu puiden observar ben que sen ánimo policial, os funcionarios extreman o cuidado na vixianza de calquera anomalía. Unha páxina dun libro pode ser roubada con máis facilidade, pero non acho a utilidade de tamaña travesura. Ao final da consulta, os seguratas revisan todos os documentos que levan.

Se falaramos da Biblioteca da Real Academia da Historia, non poñería eu unha man no lume nin de coña (na da BN, polo que se ve tampouco, pero hai un control) e ademáis tendo en conta as súas increíbles e insultantes normas polas que o investigador de "provincias" (sic) precisa de máis avais ca un que viva en Madrid, non me extrañaría nada que un día descubriran (algo que sí detectan na BNE) que lles falta case todo.

En fin, que César Antonio Molina xa ten a primeira papeleta: nomear a un/ha director/a que, lonxe de ter un perfil político-cultural, poida saber do que se trae entre mans, porque o que alí teñen é de todos e é deber do goberno procurar que estea todo ao servicio dos cidadáns coa máxima garantía e a máxima eficacia. Eu, desde logo, a pesar da miña defensa (non encendida, como poden comprobar), creo que á BNE lle falta moito por modernizarse.

9 commenti:

Mario ha detto...

O do País é a típica reportaxe oportunista, dez minutos para acceder xa me parece de máis, e o problema non é ese, senón, como ben dis, a vixiancia posterior. A min dame que o ladrón tiña axuda de dentro.

Anonimo ha detto...

Un interesante comentario atópase no blog da amiguísima Ana Bande.

Anonimo ha detto...

El Pais cada día que pasa é máis tendencioso. O periodismo en xeral é cada día máis tendencioso. Pobre do que non lea avisado...

Ana Bande ha detto...

Coidado amigo delahighway61 outros sembraron dúbidas sobre o tendencioso do xornalismo e decapitáronos, vaia a modo non sexa que quedemos sen o seu precioso blog.

Anonimo ha detto...

Pois vai hoxe EL PAÍS e no seu editorial emprega a mesma expresión da arbre e a leña ca mín. Que é casualidade ou excusatio non petita. Porque o machaque do editorial é de órdago. Pobre Regás, como se ve que non publica para Alfaguara.

Anonimo ha detto...

Efectiviwonder, compañeiro. Aí está. Ou es da corda/cuadra ou estás jodido. E que me decides do comentario sobre a outra Rosa? Alguén pode parar esto?
Ana: blogaliza é de PRISA? Non me asustes, non me asustes.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

O comentario sobre Rosa Díez é repugnante, ao marxe de que un poida pensar iso sobre ela. Pero non se pode nin se debe escribir así nun xornal serio. Pero claro é de Luis R. Aizpeloa ou como se escriba, o xornalista cortesano de EL PAÍS, sempre nos aledaños ou nos mesmos miolos do Goberno.

Anonimo ha detto...

Pero é que é moito. As expresións que usa son dun desprezo absoluto: "sorprendió por el cambio moderno de su vestuario" ; "era cuando viajaba por el mundo" ; "socialista ejemplar y abnegada" ; "su apego al cargo de consejera". E así. Un exemplo que debería usarse nas facultades de periodismo. Home, non chega ao que lle fixeron neste mesmo medio a Anguita, pero inda así é moito.
Qué merda.

Anonimo ha detto...

Con independencia do linchamento ou non, dame a sensación que a Rosa Regás é unha falabarata de moito coidado e que se lle quenta a boca máis do que sería de desexar.