Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 agosto 2009

UNITÀ D'ITALIA


O ano 2011 cumprense centocincuenta anos da proclamación en Torino do fin do proceso longo e costoso da chamada Unità d’Italia. Co gallo de tal conmemoración, o debate parece centrarse na propia cerna da unidade: é a Italia, despois de tantos anos, un país realmente unificado?

Durante estes días de agosto puiden comprobar, a través principalmente das páxinas dos diarios La Repubblica e Corriere della sera, que o asunto resulta moi preocupante para os intelectuais máis progresistas (a chamada centrosinistra, xa non digamos a decididamente esquerdista), que comezan a ver a posibilidade dunha ruptura constitucional no país. Resulta moi rechamante (non estraña para os que non somos nacionalistas) que sexan os sectores máis dereitistas (xenófobos e filofascistas) os que de forma constante e contumaz saian á palestra pública, a manifestar o seu desexo de autodeterminación, maxime cando ocupan cargos ministerais no goberno do país que non consideran (íntegramente) seu.  

Estes días de agosto, de vacacións para a meirande parte dos políticos, adoitan ser (falo por outros anos) os preferidos para as soflamas de Bossi e dos ministros leghistas. A proposta lexislativa, anterior ao verán, de establecer a obriga de pasar un exame de dialetto (sic) para prazas de funcionario (co propósito explícito de favorecer aos naturais de cada rexión ou, dito moito máis claro aínda, para evitar e impedir a chegada de persoas doutras partes do país, xa non digamos de inmigrantes) se suma durante o mesmo mes de agosto ao anuncio de presentación en setembro dunha lei de bandeiras que ha colocar ao mesmo nivel protocolario as das distintas rexións (algunha obviamente previas á propia tricolor como a de Sardegna ou da Lombardía co escudo savoiano e outras creadas ad hoc hai apenas cinco anos) coa tricolor. A Lega Nord ocupa, entre outras, a carteira de Agricultura (desde a que se pronuncian contra os alimentos foráneos como o arroz basmati ou as froitas tropicais: sic, sic) e a carteira de Interior, co seu famoso ministro Maroni e as súas polémicas normas contra inmigración ou a favor da creación de rondas (de inevitable tufo fascistoide que nin siquera os alcaldes do partido de Berlusconi admiten: o propio Alemanno detesta eses somaténs) contra a suposta delincuencia que presentan a diario con tons dramáticos as canles televisivas de Mediaset. Tamén posúen a importante carteira de reformas polo federalismo en mans do seu caudillo e senatur Umberto Bossi. Este último, desde a súa casa de vacacións en Ponte di Legno, ataca un día si e outro tamén, durante as plácidas xornadas de verán, baleiras de actividade política, os principais raigames do republicanismo italiano, nunha especie de revisionismo completo do concepto unitarista do estado. Se o ano pasado ameazaba con un exército de padanos cruzando o Po para defender o seu territorio, este ano tira cos signos identitarios (pide cambiar o Fratelli di Italia polo Va pensiero), coa compracencia dos seu correlixionarios e co certidume de que a esquerda ou a opinión pública van tomar eses comentarios entre o escándalo rutinario (xa case están afeitos) ou a indeferencia polo que entenden quecementos momentáneos de miolos (sic), froito do excesivo caldo d'estate. Entre mentres, e sen disimulo, Bossi ocupa os titulares destes días co establecemento simplicísimo da diferencia entre os italianos emigrados ("foron traballar", contestado nalgúns xornais italianos co recordo da mafia americana) e os inmigrantes ("veñen a matar"), coa repulsa novedosa e, en certo punto, estrana para min, da Igrexa, que ve con ollos cada vez máis iracundos o teor das barbaridades xenófobas do Senatur. 

Berlusconi, con este panorama, apenas sae da súa reclusión cartuxa. Está a dieta e confía en que de regreso das vacacións poñerá as cousas no seu sito. Pero, polo de agora, non desexa perder a hexemonía neste terreo agora fráxil do norte onde compite coa Lega, entendido que a esquerda desta parte septentrional de Italia está desaparecida ou aparece integrada baixo as camisas verdes dos autoproclamados secesionistas da Padania. Il cavaliere garda silencio, pero deixa cair que son babecadas do Bossi, ao tempo que admite mutatis mutandis a posibilidade de introducción dos exames de linguas e pasa de lado sobre os símbolos nacionais para que sexan os seus socios de partido, antiguos representantes da Alleanza Nazionale, quen sentencien a unidade inescindible da patria italiana.

A esquerda e os progresistas italianos (o chamado centrosinistra) son os únicos que defenden en liñas xerais a idea de nación unitaria. E están seriamente alarmados. Reclaman, cando argumentan sobre este particular, o imaxinario garibaldino, a construcción do risorgimento, a unidade antifascista, o constitucionalismo xurdido do plebiscito de 1948 e recean, despois das últimas reformas de descentralización efectiva do país, do carácter insolidario das declaracións de Bossi, non rexeitadas de forma contundente polo presidente do Consiglio.

Porque estas loitas pola lexislación autodeterminista agochan outra lea paralela, non tan simbólica e cultural, que preside desde hai tempo calquera reflexión sobre Italia: a fenda entre Norte (co Centro incluido moitas veces: Toscana, Umbria) e Sud, co engadido se cabe dunha Roma ladrona culpable de todos os males. A irresolta (e ao parecer irresoluble) “questione meridionale” (agora rexurdida na voz do presidente da rexión siciliana, farto de ser abandonado polo goberno central e acalado inmediatamente por unha aportación extraordinaria de Berlusconi para Sicilia) está presente no fondo deste debate. A Lega Nord (agora no goberno da nación italiana) pretende acabar con ela pola vía definitiva da separación que pode satisfacer tanto aos habitantes do norte como aos propios do sur, nunha reedición do telón de fondo de Il Gattopardo. A proposta de introducción de límites (gabbie: xaulas) salariais, distintos para o norte e sud, debatida durante estes calurosos días, procura definir no terreo fiscal e laboral a necesidade de dividir o país en dúas partes ou, en todo caso, de revisar dunha vez por todas o imaxinario construido ao longo de 150 anos dun país (aparentemente) unido.

A Italia que soñou e uniu Garibaldi non parece, a dous anos do aniversario, tan firme como antes.  

4 commenti:

cãosemdono ha detto...

Nada do que conta pode resultar estraño, nun país absurdo onde son maioría os que esculpan -cando non suspiran abertamente por él- ó mesmísimo Mussolini, onde a República saída da constitución do 47 é tan ficticia como fora a de Salò, coas súas compoñendas entre a democracia cristiana mafiosesca (cuxos mandos procedían directamente e a partes iguais dos clans mafiosos e do feixismo sen previa depuración, neste caso nun exercicio de chaquetismo sen par ata a segunda restauración borbónica española) e a débil e veleidosa socialdemocracia, por puro medo hiperbólico ante un PCI pola súa parte superpoboado de sedicentes intelectuais autocompracentes...

Pero tampouco hai que botarse as mans á cabeza. Cento cincuenta anos é moito tempo: Kant naceu nunha cidade (Konigsberg/Kaliningrado e non sei qué máis) que nese mesmo espazo de tempo pertenceu sucesivamente a Prusia, Rusia, Polonia, Lituania, a URSS e novamente a Lituania. Pero a filosofía kantiana permanece.

cãosemdono ha detto...

Perdón, quería matizar que 150 anos é moito, agás para os abonados ó antroido ese da fin da historia ou algunha das súas secuelas.

Anonimo ha detto...

Gran post!
Realmente las vacaciones te han sentado bien, jejeje
A mí los debates nacionales no me aburren, pero siempre sospecho algo así como las encuestas sobre la ley del divorcio en los años previos a su existencia. Todos en contra porque eso significa automáticamente que mi pareja me va a dejar (????).

¿cuantos españoles orgullos de serlo reconocen que el Reino Unido es un Estado plurinacional? ¿cuantos catalanes orgullosos de serlo no reconocen el racismo intrínseco de muchas de las "realidades" endémicas del país?

¿por qué hay miedo a hablar honestamente sobre esto? ¿por qué no hay autocrítica nacional, sea donde sea?

Respecto de Italia, yo tengo muy presente un chiste gráfico sobre la crisis del 91: Un mapa de Europa donde el perfil de la península itálica aparecía a rayas discontínuas. Un bocadillo representaba un contestador automático diciendo: En este momento no estamos en casa, deje su mensaje después de oír la señal.

Todavía no se ha cerrado esa herida, a mi entender (incluso podemos decir que Berlusconi y Bossi impiden que cicatrice convenietemente)están viviendo un resaca descomunal (casi veinte años después!!!).

Por cuestiones de trabajo trato con italianos, sean turistas, sean afinacados en BCN (atención: son la comunidad extrangera más importante del municipio de BCN, no de la provincia; ¿exilio del hastío de la falta de seriedad política? umm, puede), y la gran mayoría, cuando quieres intentar una conexión hablando con ellos en italiano macarrónico, pero italiano y les preguntas: da dov´è sei? te responden: d´Italia. Claro, la cara de tonto que se te queda es alucinante: para cuatro (y digo cuatro) suizos de habla italiana que llegan a BCN, ¿de donde coño han salido el resto? pues de Italia ¿en qué coño piensan ? si hablan italino son italianos, no de Singapur. Ahora bien, guapos como ellos solos, pero atontolinaos también.
En realidad es la resaca del 91, no sé si me explico. No solo en política, sinó en identidad, lugar de Italia en el mundo, vamos.

Saludos; según el humor del día italófilos, o bien italófobos

L´E
PD la peli Nueve Reinas, ¿habla de la sociedad argentina o de la sociedad italiana, jejejeje?

Anonimo ha detto...

Pois nos que estivemos no Norte e logo fumos o Sul, os italianos os que llo comentábamos deciannos directamente se tolearamos o pretender ir a Napoles, e algo de razón non lles faltaba