A curmá da miña nai ten unha fixación técnica coa intertextualidade. Pero ela non lle chama así. E fai ben, porque mira que hai palabros ben feos nisto da crítica literaria. A ela gustáballe moito o GGM, pero últimamente pensa que é un "viejo verde" (o libro das non sei cantas memorias tirouno polo váter abaixo). Aínda lle ten un pouco de lei, pero, a decir verdade, cada vez menos. Aquí nestes novos capítulos da blogonovela faille "homenaxe", como di ela, pero recea moito de que se lle "note demasiado". Eu creo que non, Matilde, eu creo que non.
Nessun commento:
Posta un commento