Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 luglio 2007

CLÁSICOS MODELNOS

No Babelia de hoxe, Winston Manrique (fillo don Diego, creo) fai unha reportaxe sobre a traslación dos clásicos da literatura aos tempos modernos, a propósito, velaí a razón das páxinas, da recente publicación dunha serie de libros dunha editorial. Na reportaxe propagandística, algúns escritores disque famosos, encargados pola editorial para facer o choio, xustifican a tarefa con exemplos de imitacións, intertextualidades, recreacións, refacimentos coñecidos (sorprende, por indignante, o exemplo da Divina comedia con respecto a Virxilio). Con estes precedentes, modernizan o Cid, o Lazarillo, as lendas de Bécquer.
A modernización non ten por que estar mal, mesmo a deturpación, o plaxio indisimulado, o aproveitamento comercial a costa dunha obra que ten o seu público, a mesma ocupación de tres páxinas dun suplemento cultural dun xornal como EL PAÍS. Eu acepto todo. O que xa non aturo é a declaración dun deles (o nome vouno esquecer) de que "Los clásicos tienen un problema, y es que si los lees tal cual hay cosas que se pierden. O condicionan la lectura por las notas a pie de página, por ejemplo". Fai negocio, enche o peto coas verbas e as persoaxes que outros urdiron, pero non digas parvadas: se o Cid leva escafandra que carallo gañan os lectores? Se a nai de Lázaro é puta para que o neno saiba escribir (e citar a Cicerón, ollo: a ver como o poñes na modernización) que carallo gañan os nosos contemporáneos? Que lles vaia ben, pero que non aldraxen a intelixencia.

2 commenti:

Marcos Valcárcel López ha detto...

Tamén a min me pareceu un desplegue excesivo de BABELIA e os argumentos demasiado simplistas e infantís, en xeral. En todo caso, habería que distinguir entre algunhas "adaptacións" serias e tantos e tantos tinglados comerciais que hai. Pensei mesmo escribir unha nota ó respecto no meu blog, pero esperei porque sabía da túa autorizada opinión e agardaba que a manifestases: de acordo co que dis, quero dicir.

R.R. ha detto...

Aplíquelle o mesmo argumento ós clásicos que se fan no teatro deste país e verá como a opinión vale...

Saúde e forza.