Onte EL PAÍS adiantaba a noticia dun informe do Consello de Contas sobre a Cidade da Cultura. Demoledor é o titular de hoxe de La Voz de Galicia. Mentres comiamos onte baixo as arbres, a carón do Umia, falabamos sen sabermos o miudo da información, da megalomanía do proxecto e tamén da inutilidade final do mesmo. Hoxe sabemos cousas non só increíbles, senón indignantes. Mesmo para o bipartito que, con esa vontade participativa, non fixo máis ca extender o nivel de ocurrencia entre todos os estamentos da cultura galega. Así todo o mundo sentiuse importante, creu dar a súa opinión, o que non deixa de ser tamén un xeito voluntarioso e estéril de enfrontarense a unha realidade incómoda. Pero é que o Consello de Contas tamén advirte dese insólito feito de amañar as cousas nunha administración democrática e saudable.
Hai un par de anos, o mesmo Consello de Contas, tal vez a única institución galega admirable polo seu labor eficaz e de servizo verdadeiramente público, deu á luz o seu informe sobre a Universidade de Vigo. Tamén era demoledor. Era terrible. Pois ben, de todo aquel rigurosísimo informe, que ningunha instancia universitaria foi quen de rebatir, só saiu un penoso episodio de pagos extras a funcionarios. A típica cortina de fume que impedía ver a magnitude do roubo, do fraude, das prácticas alleas a unha administración eficiente e legal.
O valor dos informes do Consello de Contas son prescriptivos, pero non vinculantes, polo que sei. Pero farán moi mal os nosos gobernantes se non atenden os seus precisos avisos, as súas razonadas advertencias e non rematan co que semella un dano irreparable. Pola miña banda, que o vendan ou que o deixen. Pero que non hipotequen un país con ese mamotreto.
Nota: que La voz de Galicia faga o mesmo co porto exterior de Coruña, cando enfronte está o de Ferrol. Cando saia o correspondiente informe sobre aquel tamén haberá tempo de comentalo.
4 commenti:
Non che da a sensación de que cómo en Lugo, co Gran Teatro, en Santiago co edificio Castromil, e moitas outras barbaridades, teñamos que saír a rúa e solicitar o que prometeron, e que abandoen o proxecto do despilfarro.
"Cómo se las gastan" no Correo Gallego: que non nos vendan o choio coma un cousa de Galicia enteira, porque salvo eles mesmos por puro e lóxico interés, ninguén cre niso. Vexan o tono.
"Los palmeros del catastrofismo barato están felices con el informe realizado por el Consello de Contas sobre la Cidade da Cultura, según el cual, a tenor de la interpretación sesgada que hacen del mismo, el proyecto del Gaiás es tal desastre que lo más sensato sería dinamitar lo ya hecho y evitar, de esa forma, el entierro de más millones en semejante engendro. Los palmeros del pesimismo han creído encontrar, en dicho informe oficial, un nuevo apoyo en sus tesis contra la Cidade da Cultura, pero ahora, ellos lo notan, deben palmear y cantar solos, porque ya nadie les apoya. Asumidos los errores iniciales, lógicos en obras de esta envergadura, y redefinido el proyecto inicial con el fin de fijar plazos, inversiones y contenidos, el complejo del Gaiás cuenta actualmente con el apoyo no sólo del Gobierno de Touriño, sino también de los partidos más críticos con la idea inicial, BNG incluido. Todos saben, en el fondo, que acabará siendo una obra de la cual Galicia, no sólo Santiago, podrá presumir en todo el mundo. Por mucho que moleste a los coruñesistas rancios."
Eu tamén digo non á cidade da cultura, outrora coñecida como "Mausoleo de Fraga" por algúns que agora apoian "sen fisuras", como debe ser, semellante despropósito.
Alguén debería explicar por qué PSOE e BNG (incluídos os seus palmeiros) asumiron con tal rapidez e dilixencia os intereses creados na construción do que a todas luces é unha desgrazada idea. Porque diso se trata, de intereses creados, de negocios, de postos de traballo presentes e futuros e, por suposto, do seu reparto entre os acólitos, onte daqueles, hoxe destes e mañá... outra razón máis para loitar por seguir no poleiro.
Cambiando de tema, alguén máis está até os collóns de Sabina e Serrat ou son eu só? De que se rin constantemente?
Serrat e o Cantina rínse de que aínda haxa quen lles fai caso.
Nin cheo de Beronia me achegaría a velos a parte de que están un pouco "pasaos" fódeme que enchan locais namentras os grupos dos rapaces novos non lles fan nin puñetero caso, sen dúbida por que non son do corralito.
De todos modos tal situación, é dicir a volta das vellas estrelas e vos un movemento global, vede senón os dos Police, os Rolling que dan pena, e o tormento dos jevis americanos,e en España e un fenómeno habitual cando goberna o PSOE, xa que enchen os programas de festas municipais de artistas adeptos
Posta un commento