Hoxe hai overbooking en Vigo. O Presi, cunha chea de ministros, chega para presidir (o seu, vaia) unha Comisión de Ciencia e Tecnoloxía (parece que o lobby universitario vigués arraigado por toda administración comeza a dar froitos). E Michel Salgado, cunha chea de colegas, chega para presidir unha pachanguita no Vao. Estou en dúbidas: onde acudir? Estou confundido. Sobre todo despois de saber que a ración de pulpo (ao parecer non polbo, como recordaba en célebre entrevista na TVG o cronista oficial de Lugo que aseguraba moi serio que o polbo era para despois: claro, despois, deulle a risa) en san Froilán sube 30 céntimos. O tamaño da ración, quero supoñer da mítica prodigalidade dos lugueses, non cambia.
2 commenti:
Eu iría a Coruxo: ao mellor pódese ollar unha melee entre Karpin e Guti. E probablemente vexa nese partido máis fútbol que o que nos agarda a temporada vindeira en Balaídos.
pesa de verdade Arume que tanta influencia teñen en Madrid os profesores que mudaron as cadeiras do CUVI polas de San Caetano? A min semellame un pouco esaxerado, nonsi?
Posta un commento