Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 luglio 2007

DOMINGO NO CORAZÓN DO SALNÉS


Tras a noite de orballo e Julieta Venegas (eu quedei na casa, non porque non quixera, porque a mín a moza gústame, senón por un erro de estratexia), hoxe tocaba devolver a unha convidada á súa familia. E para iso quedamos no lugar mítico do Tío Benito, en Barrantes. Lugar de encontro desde hai máis de vinte anos, cando cheguei por primeira vez ás terras do Salnés (outro día conto a miña epifanía en Ponte Arnelas).
Vamos de cando en vez e sempre cedo, porque sempre hai problemas para reservar mesa. Ten aspecto do que chaman por esas terras "alboio", pero ben cuidado, con mesas robustas e decoración rústica pero entrañable. Antes carecía dunha iluminación agradable, pero agora, guiado pola man sabia de Irene, unha das fillas do matrimonio, o local é moi ameno. Teñen un servicio impecable, descoñecido e insólito para os estándares da zona. De primeiro tomamos, coma sempre, polbo á feira e uns callos (xa fóra de tempada ou non) de primeira (tendo en conta que a mín os callos, á madrileña). E de segundo, os que pasaron do polbo de entrante arreáronlle a un polbo con cachelos de admirar e os que lle metimos pauciño (como debe ser, aínda que non vamos ser repugnantes) ao polbo pasamos a un cordeiro de categoría superior. Inclinámonos (por experiencia de anos e por prevención estomacal diante do "mardito" barrantes) por un marqués de Cáceres. O flan mítico de Irene completou o xantar cos correspondientes cafés, bastante normaliños, ou sexa malos. Foi emotivo saudarmos aos donos de sempre e á filla Irene, que xa exhibe polo restaurante unha descendencia espelida coma ela. Esta casa máis ca familiar merece unha visita, aínda que só sexa para visitar nestas épocas as beiras do Umia, coas viñas a estouparen de verdicio, camiño de Cambados.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Botábase de menos a súa crónica culilnaria dominical.

Un saúdo.

Nuca ha detto...

Arumes, está feito un tirillas. Unha espingueira de nada e xa se enrruga para non ir ó concerto. Ónde anda ese Arumes que ia a dar chimpos ós concertos multitudinarios (como o de BD no gozo)?

Anonimo ha detto...

Non estou feito. Son un tirillas. E a moita honra. Non coma outros.