Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 luglio 2007

ADEUS AUDITORIO

O comentario de Vigoblog aforra moita verba sobre a paralización da construcción do Auditorio de Vigo. Pero vale tamén para tantas cousas ambiciosas que non son medidas coa racionalidade necesaria. O número de propostas elefantiásicas que teñen pasado polos nosos ollos de vigueses-afeitos-a-todo comeza a superar calquera límite. E o peor de todo é a sensación de sermos espectadores inermes de disparates miles. O do Auditorio ten moi mala pinta, pero a verdade é que podían botar un céspede mol por aquela superficie, mesmo cun par de outeiriños para dar apariencia de natureza respetada, uns arbres e uns bancos, e poñerlle unha placa a toda esa superficie coa lenda "Ía ser o Gugenjain do Berbés e non foi". Mellor que facelo e gastar o que semella a todas luces unha bulra e un pur(t)o escándalo.

2 commenti:

Ana Bande ha detto...

Canta razón levas! A moda do proxectos mega, unha mostra máis destes tempos nos que semella que abondan cartos para delpilfarrar en proxectos baleiros de contido, os fillos da Cidade da Incultura e a mediocridade dos nosos megaxestores.

Anonimo ha detto...

Qué meigallo terá Vigo que non consegue case nada do que xa teñen outras cidades. Estamos tan afeitos que xa miramos con incredulidade calquer proposta, encollemos os ombreiros e seguimos traballando na cidade máis populosa, dinámica, moderna e fermosa, sí, digo ben, fermosa de Galicia. Un bico vigués.